Doñana

martes 06 decembro 2016

Falades pra

o futuro da humanidade?

ou mentides coma cosacos

co só afán, da soberbia, o poder....

Fálame de que serviu

pechar as portas da verdade

pra pisar con ignorantes verbas

a saúde do Pobo que pide dignidade.

Nalgún lugar verteran verbas

se sentidiño que ordenadas

polo demiúrgo farán frases

que inxecten un novo vivir sen muros.

Atino chegar a razón

que busca unha verdade

sen ataduras das mentiras

que se cocen polos políticos de usura.

Todo corpo opulento

enraizado nunha mente perversa

desenrola lucubracións

que salienta co seu pensamento.

Aine, restablecer os silencios

pasados, deixando na historia,

e proclamar pra o futuro

conciencias que miren polo ben do planeta.

guitarra

mércores 30 novembro 2016

O subconsciente me di

ca telepatía que se albisca

polo mundo non impregna

nosa mente de dislates profundos.

En troco vives no anonimato

do meu destino

cando te busco con afán

entre os camiños que non miro.

Me despistaches entre o tempo

e fusco e lusco ata que entre

os silencios das aureolas

recordei que Galicia e mas co mundo.

Deposito meus dedos

no mar de extramuros

que sobre teu corpo agochado

o universo se fai pequeno.

Os salucos cas verbas

salpican entre os dentes

precisan de unha lingua

que acicale toda frase no poema.

Aine, ves, vas, veñen

os antros descosidos nos sonos

e desembocas no mar coma

as solitarias noites amadas.

Ata Sempre....

luns 28 novembro 2016

Non te choro

aínda que choro,

non noto túa perda

aínda que experimento un gran oco.

Os tempos pasados

foron moi duros

a loita foi día a día

e os silencios xa foron esquecidos.

As barbas enchíanse

de tolas verbas co mundo

as entendían coma falacias

que se voltaban en si ideas preconcibidas.

No esquezo o que aprendín

do Pobo que amaches e ensinaches

a dicirlle o mundo, que non erades perdedores

senón gañadores do sentir de moitos Pobos.

Hoxe non che choro

mais ca os que choro, perdidos

en batallas ou de familia-amizades

que a eles lles dedico esta poesía.

Aine, cando alguén de vai

nos quedamos co recordo en vida

polo que o sentir das súas ideas

vense plasmadas no Pobo que algún día o visita.

Fusa

mércores 23 novembro 2016

Nun mundo de fantasía

lévaste na palma da man

o libro da ousadía, onde o

nervio das letras fan poesía.

No armazón co que vistes

túa filosofía, leo na cara

as poses que teu corpo deposita

sobre a branca area da vida.

Os sonos me espertan

entre raios de sabedoría

que adozan a mente

con correrías de blasfemias impúdicas.

Do río circula a sangue

que envolve de desaires

baixadas por posicións ecuánimes

alimentando de fogos eternos.

Os críticos intres fortalécense

en pensamentos, que co barullo

de tantas voces disípanse

en belos relatos de amor encerellado.

Aine, o logro co que os movementos

nos ensinan a pensar

so días que circulan

entre rúas falantes de feira.

Tambor

mércores 16 novembro 2016

Remexo o café

mentres visto de seda

os pensamentos que me levan

a ti,ca  forza do entendemento.

Suspiro a enerxía

da vida, có afán

que me produce

bicarte entre sonos.

O corazón se revitaliza

en lares agochados pola ira

ou en paisaxes postos polo belo,

onde es ti unha flor de encantamento.

Pola raíz do tempo

mesturo a mirada entre

ollos que diviso e non te atopo

entre os vaivéns que lle dou ao dedo.

Absorbes toda enerxía

na distancia, manifestándote

no meu cerebelo coma unha ninfa

que te lee en poesía, o verbo do mar.

Aine, a razón do poder estar

e non te ver, e de verte e non ser

o parabrisas da vida

que engule noso amor en feitos.

Fol

mércores 09 novembro 2016

É o amor que chama

as bisagras rotas

non existe porta

que amaine o libido.

Entrelazadas os destinos

corrompemos os delirios

secuestramos os poderíos

e damos luz ós sentidiños.

Enxalzamos os ollos

nocturnos, que alumean

as estrelas cando o mar

da túa soidade pensa.

Enfilando o sono

que en sabanas escorregadizas

acazapábanse entre almofadóns

persistentes unha tolemia viva.

Túas mans abrazaban

os remontes sobre os pés

que pesaban douradas follas

co outono coloreaba de morbo.

Aine, a distancia entre puntos

son círculos de amor

que unidos polo xemidos

buscan aluvións de silencios no corazón.

Tótem

domingo 06 novembro 2016

Miserables, os que dades paos

ós que sofren co seu

traballo ou non,

e reciben ouleadas de insultos.

Miserables, aqueles que usan

verbas opacas

que pensan co sol

podelo coller coas mans.

Miserables, os rastreiros

que opinando igual có amo

creen relixiosamente que

se fan un franco-favor ó seu ego.

Pobre é o que sen acritude

revoluciona seu ego

condicionando seu mundo

a que florezan flores no deserto.

O pobo non só é garabatas

tamén ai monos, batas, etc....

que están                 

coma as rochas no mar.

Aine, as conspiracións enredadas

có individuo suplanta no seu ego,

do querer ser ouro, na equivalencia

a deixar a terra incapacitada.

Tabú

mércores 02 novembro 2016

Superpostas os goces

da noite, en diluvianas

verbas, onde as mentiras

xurdan novas de escarnio.

Hoxe calamos con tristura

os remuíños dictatoriais

que nos inculcan, na senda

de hipócritas lendas acarunchadas.

Canto é mais fácil non escoitar

e seguir axeonllándose ante

un ser que difama, cuspe

e fai unha ferida no corazón.

A vergoña cun sinte

ante seu ego, que manipulan

e corrompen con sandeces,

desvirtúan a mirada ante a vida.

Ennegrecemos o branco dos ollos

por mor das bagoas que escondemos

e debuxamos de ira interior

os salaios dese mundo que chora.

Aine, vivir a vida se preocupacións

é o que os corruptores ensinan

pra que súas andainas polo furtivismo

non se aprecie nunha sociedade inculta.

Incultoloxía

luns 24 outubro 2016

Velaí anda o vento

encirrando o mar de alborada,

no só repenican os orizos

na recollida da castaña rapada.

A cultura do Pobo

mingua, sobre prantos cás

imaxes proxectan entre beizos

carnosos, que levitan mentiras indignas.

Dilapidar talento en doses

dunha copa, que verte no esófago

verbas inacabadas, provocando

a ira no linguaxe da liturxia falada.

Ponte no silencio cá noite

engule as estrelas, ca sinfonía

entre bastidores operan lúas

que rechaman as miradas enlatadas.

Singulares anécdotas discernían

nas verbas, entre mentiras andaba

os locuaces herdeiros da cruz

vociferando alaridos entre risas perversas.

Aine, buscar pra servir

e servir pra chorar,

a inocencia do pobre inculto

non se plasma nunha realidade rebelde.

Inconsciencia

mércores 19 outubro 2016

Camiñemos na oscuridade

ás odas do mar

que as mareas

nos levan a liberdade.

Andas entre oliveiras

que esparrámanse entre

rúas que soben e baixan

tapando historias ovaladas.

As verbas bifurcan regatos

formando frases que engrosan

derivas na mente debuxando

corazóns que seducen ó poeta.

Vamos seguir durmindo....

sen loitar polo saqueo

que infrinxen a terra

espertemos das fauces do amor.

Si o mar amaina

non deixa de dar vida

si a terra dorme

non deixa de dar o froito.

Aine, un futuro con mentiras

que nos eclosionan día a día,

ou un futuro con realidades

que compraceran nosa dignidade

Festa das festas

mércores 12 outubro 2016

Ai silencios que débense

falar nos pensamentos

e non escarranchalos

pola senda do enfrontamento.

Pretender chegar a lúa

sen arranxar o da terra

e falar de formigas

ou de gaivotas.

O mar é imprevisible

nos tamén,

as mareas amainan cada pouco,

porén seguen se parar.

Vencer o odio

e saber levar o intre

o estases da rabia

nunha Paz entre a mente.

Respectarse o respectar

meu ego, o teu, o del/a

é buscar unha igualdade

entre as distintas sociedades do mundo.

Aine, que xoven me sinto

cando o futuro se forxa

dende as bases, onde predominen

unha verdade, que so doa, as rochas.     

Mociña sirena

domingo 09 outubro 2016

Acabo de recibirte

meu amor no regazo do

sentimento

que escoito co pensamento.

Falas dun amor nocturno

que me mandas imaxes

que me chegan en forma

de corpo estructurado e belo.

Non sei, porén hoxe

non percibira un ar

que me trouxera novas

onde túa presencia fora viral.

Por votar de menos

uns fogos que alumearan

teu corpo nunha noite

de desenfreo emocional.

Alguén esqueceu o chamar

a porta do amor,

onde o xuntar de ledicia

percorrera nosos corpos silenciados.

Aine, a memoria que me

agudiza o estado no que

nos topamos, recórdame

que segues aí.

Roseira

venres 07 outubro 2016

Os dedos, encantan

a pel que acubilla

teu corpo en planos

que inculca o mirar.

Toda a relatividade

có iris desprende

entre distancias opacas

salpican o cerebelo de cóxegas.

O enfrontamento

cós ollos dirimen no

paisaxe, zumegan nos oídos

extasiando a mente humana.

!Vertebrar! os sentidiños

en intres dunha elección

que xurda dun elemento,

a forza da valentía reaccionaria.

Escatimar en erros                 

onde os sonos viran

por camiños pedregosos,

é sentir co Pobo crece.

Aine, os cores ca natureza

nos da, é beleza do mundo

que con só coidar dela

o amor florece en flores.

Irmáns

martes 04 outubro 2016

Non somos nós quen

poñemos os muros, nin

somos nós que destruímos

o productivo, senón ós que apoias.

non estamos tan distantes

na verdade, só que ti levas

o camiño do medo que eu tiven,

e agora florecín coma o alba.

Esperta irmán e non mires

pra o chan, levanta os ollos

mira teu redor e berra liberdade

pra este mundo que se quere desmembrar.

Os meus ollos falan de

silencios que vexo no interior

das gaivotas por onde van

e non é moi adulado ese mirar pra atrás.

O solo co día nos da

ao levantar, nos di ca razón

esta en mirar con decasílabos,

cós fill@s non van ter plan.

Aine, o mundo do irmán non é

só o seu recuncho, senón

mirar os silencios que nas rúas

vértense entre miradas frías e de tristura.

Marexadas

venres 23 setembro 2016

Porque o limite de escribir

nunha liberdade que transcenda

a costas dun poder corrupto

da ás de crecer sen abafar o mundo.

Arelo chegar o dominio das verbas

que involúcrense no Pobo

pra que cando necesite subscribir

ca fame deturpa os corpos, pódese sobrevivir.

A luz coa que vertebran as mentes

os silencios por medo a opinións

que degoiran verter sobre o Pobo

as bandurras que citan prensa innobre.

Nosa sabedoría esta trocada

por non dignificar os soños

que embalantonan o poder, do sufrimento

pra abrollar destinos co Pobo desexa.

Valorar co Pobo arrepaña os alaridos

cos de traxe inculcan directrices

que lle fan crer que son soberbiamente

intocables ante os ouveos dos lobos.

Aine, o vento suca os mares

onde as mareas mobilízanse con acritudes

que o Pobo resposta coas miras

dun futuro enriquecedor pra o mundo.

Mareas Vivas

xoves 22 setembro 2016

Interminables cóxegas daría

sobre o corpo que palpita no teu

andar silencioso, porén ó mesmo

tempo xogas, cuns cabelos frondosos.

O libido infrinxido no intre

que depositas esa mirada que

esconde no teu ser, un viño sobre

os beizos que non se engurran ante o cristal.

O sono que nunha noite visitáchesme

entre as sabanas, emprendiches

unha forza sobre meu corpo

que espertei todo mollado entre laios.

Estas coma ausente

cando ó meu diáfano paso

suco os teus lares sen esquecer

co alento che delata entre papeis.

No orgasmo da ausencia dos corpos

copan as miradas cos sonos desvelan

as caricias que martirizas

con pegadas sobre mentes opostas.

Aine, os salaios, as risas

e os plaxiados corpos que se ven

de día, recórdame eses ollos

que miran as montañas e mares de Galicia.

Río miño

mércores 21 setembro 2016

Cánsome de tanta barbarie

que se desprende polo mundo

sen darlle unha saída a vida

pra remar xunt@s no barco do amor.

Cánsome de políticos que me

oprimen, e me exasperan os sonos

dese futuro, que temos saudade, sen partir

corazóns nos desertos desterrados.

Cánsame de votar, e que o

estatus na sociedade sexa un

delinquir contra o establecido

por falla de pensamentos estatísticos.

Síntome que frecuento o negativismo,

ca xente ten por medo a un positivismo

que emerxe do estatus do mundo

pra asentarse na mente dos pobres.

Ser un analfabeto que escribe

retóricas verbas nun mundo

de enxeñeiros que so miran pra

o billete do seu peto, débeda superimposta.

Aine, coma facer cos solitarios

destellos que se producen nos cerebelos

se fagan virais en terras

que por estupidez, vertebran silencios.

Mareas mortas

martes 20 setembro 2016

É hora de pasear

e mirarlle os ollos o futuro

e saber co traballo

virou de facto todo sentido.

As extensas mañas

oprimen de cando en vez

os paos que nos deron

a grella de sabuxos.

Querer dar agarimos

en compensación a anos escuros

que nos deron por vento

e agora queren remediar con bicos.

Os rebeldes sentimentos

é hora de que dea seu froito

se non nos deixamos levar

polo presente senón facer memoria.

Algo debe sentir

noso ego

si plasmamos en revolución

a papeleta que dignifica o noso.

Aine, non deixo de alucinar

nin entendo aqueles que critican

todo o ano e despois

fanlle a pelota a un presente-pasado.

Río Ulla

luns 19 setembro 2016

O descontrol entre ideas iguais

que queren impor cada un ó seu,

chega a unha conclusión que se cegan

e non se sabe cal prevalece.

Si todas únense

mirando pra un futuro

sen que acha egoísmos

o porvir será unha victoria.

As correntes emancipadas

da mente, escorren vultos

de sabedoría que chegan ó Pobo

debuxando verbas sobre o lenzo.

Todo éxito albiscase no pensamento

que cando soltas as verbas

non se dilúen co vento

porén viaxan nun indefinido tempo.

Plasmar nunha festa

as distintas versións ca música

nos ofrece nun pequeno espacio-tempo

ten que mirarse entre tod@s nun equilibrio.

Aine, non importa a disfunción

ca vida nos da, en aras da crises,

senón usamos a imaxinación

pra vencer o medo que nos impoñen.

Mar de alborada

xoves 15 setembro 2016

Quero non deixar de pensar

que vexo en cada viño, un sorbo

do teu manxar que anicase

no meu corpo coma unha flor de azar.

O destino non flúe coma as estrelas

do mar, cando entre fusco e lusco

mírote dende a lonxanía sobre

a imaxe que me fago no mar.

Nos teñen enredados

entre labirintos que non poden

descifrar mais que nas mans

do teu sono que é regar de fantasía.

A música que cada día escoito

non deixa de variar notas que

sofren no mediterráneo e que viramos

dende o atlántico a mar aberto, o saluco.

Si por patas correra ao encontro

que esmiuzamos en recordos

dende o mar que te mira

e o río que flúe cara ti.

Aine, non deixo de vertebrar

poesía sobre este mundo, que

se suicida por avaricia dos que

enchen de agarimos os baúis da desidia.

Ríos remexidos

mércores 14 setembro 2016

Non vamos a carón dun apocalipses

onde a terra parece xorda

e nos soltamos lastre

pra unha esperanza ceibe.

A semente que prantamos hoxe

crece pra un futuro

en que podamos soñar

entre bicos de veludo.

Oprimimos os do agro

con soldos baixos

mentres enriquecemos

os golfos que nin pra terra miran.

O vento desperdicia seu ar

polos minifundios galegos

despregando as súas ás

pra embelecer o teu corpo do silencio.

Non despexamos unha incógnita

que temos diante dos ollos

nos están consumindo de medo

pra violar as nosas conciencias.

Aine, voltar a un pasado

é o que pretenden por que non

buscan outra realidade mais ca

de empobrecemento do destino alleo.

mar de fondo

luns 12 setembro 2016

Miña musa e eu nos sentimos

cunha envexa do poder en sonos

porén a realidade nos di co mundo

non é noso senón da humanidade.

Miña musa e eu soñamos

co “capital” porén non ca avaricia

dos capitalistas que so pensan no seu

mundo sen contar cos vasallos cos manteñen.

Miña musa e eu adoramos

os cartos porén non pra que

se maten os veciños senón pra

convivencia dos irmáns sen afán de lucro.

Miña musa e eu non xogamos

a poñer muros de ignorancia

entre os Pobos pra podelos explotar

co afán da riqueza do señorío.

Miña musa e eu non derramamos

a sangue de Pobo pra diagnosticar

os silencios do humanos que gozan

vertendo holocaustos sobre o planeta.

Aine, amor, nos critican

nos difaman, nos silencian

asemade nunca porán subsistir

ao convencemento do amor por nosa terra.

Hortensia

mércores 31 agosto 2016

Dígoche miles de verbas

que realzan o amor que lle

procesamos a esta terra que amamos

porén despreocúpanos os sonos futuros.

So vexo túa imaxe, no meu iris

que fala doses de encantamento

que so os versos silenciosos

saben do cor do lenzo.

Estrullo os soños con voces

que falan entre paredes, que non

escoito, porén cando desperto

as luces acendese  co amor da noite.

O recuncho onde se agochan

os cadros que teñen historias

que percibimos cando os miramos

e non emitimos verbas senón silencios.

Non podo rematar ca vida

sexa dos soños, un real e outro

virtual que falan entre si coma

dous amantes que amanse a par.

Aine, que vulgar seriamos

si os bicos que nos damos polo vento

en imaxines, se volva virais

e non se diluían entre vellos papeis.

Flor de porcelana

martes 30 agosto 2016

Camiño a carón do mar,

escoito o asubío do Pobo

que berra que quere outro

ritmo de vida do seu estatus.

Camiño a carón do río,

adiviño que a xente lle falla

felicidade, que non demostra

síntese desafiuzado do sistema.

Camiño cara o monte,

os animais están trocando

pra a súa supervivencia, que ven

como esborrallamos o noso lar.

Camiño a carón dos camiños,

que retrotraen a súa andaina

co amor dun algo, que non chega

nun estado real porén chégalles no imaxinario.

Camiño cara os Pobos,

non vale enganar o ser

con mentiras que tod@s sabemos

asemade calamos por medo.

Aine, volvo a carón de ti

que sempre escoitas as verbas

que descifran os pensamentos

das sabias frases ca natureza dicta.

Lanterna china

luns 29 agosto 2016

Si a pesar de co mundo

se vire cara un estado

onde os nosos corazóns

se xunten co amor dos irmandiños.

Si a pesar de que as noites

se viren a carón dun cor de brotes

estrañados pola auga que emana

da túa suprema intelixencia.

Si a pesar de que a nosa espera

se fai longa por non cadrar

as luces que de cando en vez

fallan no regazo das catro paredes.

Si a pesar que nos horizontes se ve

saír a luz do sol, o amencer

desperta unha verba sobre a miña

mente que tempera nosas miradas.

Si a pesar que non nos vemos

e estamos entre obstáculos que

se poñen con so pisar a rúa e ver

o silencio co veciño adopta.

Aine, espertemos dese soño

que nos ata na oscuridade

e non nos deixa correr na diáspora

da vida pra sentir noso amor.

Garza branca

xoves 25 agosto 2016

Sentado me atopaba nas

penumbras da noite cando unha

luz acendeuse e a música empezou

a facer a festa co corpo pedía.

Non se depositaban, as miñas perseidas,

que oía dúas músicas que me falaban

sen saber onde atopaba os cores

ca noite depositaba sobre meu corpo.

Sentada mirando o mar que

me criou, mentres choraba a lúa

de que podía sobrevivir o holocausto

que me impoñía a vella ladaíña.

Vexo a lúa que escorre nos

loureiros co chan produce nas miras

dos verdes cores que o mundo

describe sobre as miradas dos tolos.

Despois de ser historia no retrete

que me escudei, no esquecemento

de salvar noites que describen

o parabéns da felicidade, por intres.

Aine, que posición toma nun intre

en que nos vemos e non falamos,

en troco, agora, sento teu corpo

no meu regazo, sen palpar túa alma.

Xenxibre da colmena

mércores 24 agosto 2016

A amargura que sempre se nos da

nos intres que nos topamos

so, usufructúa en estados

emerxentes.

As portas ábrense e péchanse,

nos abrímonos e pechámonos

coma forzas que se encerran

no labirinto do amor.

os cabelos revíranse de voltas,

co vento recita, con poesías que

escoitamos a luz da lúa, coma

seres que o dilúen no auga.

Os dilemas ca vida nos inculca

en soños irreais, que moitas veces

se fan virais, dentro dos peitos que teñen

morriña, os ollos que albiscan silencios.

Pra chegar ó porto,

sen pisar rúas que florezan

e falen de liberdades sobre o entorno

que nos topamos en cada intre.

Aine,escóitote cada noite

e síntome un tolo que fala en soños,

malia non recordo mas que segundos,

de cando desperto e sinto túa imaxe.

Flor do loto

martes 23 agosto 2016

Estou vendo un mundo

onde os cores xogan cas persoas

reciclando a vista dos corpos

que esconden mentes disparatadas.

No teu refuxio me agocho

no meu soño, pra levantarme

todos os días coma si fora

a salitre que vive na auga do mar.

As rúas míranse polas pisadas

que espallas por onde van

os corazóns que evitas na nada,

do mundo da falcatruada.

Péchaste no silencio das paredes

que ven unha tristeza nos pálpebras

porén tamén saben cos soños son

posibels si o mundo desperta do seu éxtase.

Hai un mar que me leva seducindo

dende anos, baixo da vida,

que me fala cada vez que pensas

coma os beizos galopan polo ar.

Aine, as rochas son duras

coma o meu amor,

si a loucura escoita unha música,

algo percibe meu corpo.

Flor da cerdeira

luns 22 agosto 2016

As revelacións que pódese

describir nos silencios da noite

entre os sonos, publícanse na túa

mente, en forma de imaxes reais.

Achégase no mundo vaticinios

que dende un punto de vista

irreal convértense en reais

discusións de planteis, cómicos.

Detrás das noticias, o caso

que impulsan unha veces

abren a mente e outras

aumentan doses de ira do pensamento.

O abstracto que imaxines

prodúcense en lenzos, onde

a obra inculcan enormes sentimentos

que baléiranse en cores.

Pegadas recalcan o teu corazón

que sabe repoñer os estilos

que preparas con afán dentro

dos ordes establecidos polos silencios.

Aine, presenta credenciais, cos

cursos do tempo converten en

músicas, que dan notas nas cerdeiras,

co vento recolle entre violetas.

Flor morcego

xoves 18 agosto 2016

ser home que escoita os homes,

ou ser muller que escoita ás mulleres,

me sento no meu mundo,

en troco, non vexo a realidade.

Escoitar as campás cando

soan no interior do corpo

que flota  no ar, e non verten

os silencios nun futuro inmediato.

Amar cando o amor esta

calado, e existir no imaxinario

co meu corpo serve de luz

sobre teu corpo que agochase no amado.

As veces que vin as pernas

sobre pasos que falan dás pisadas

que mentres me embrollo sobre

lapsus de tomar un café.

Entrar pola porta coma

número que deposita a confianza,

de ser mais un alguén que un non

existo, onde estou, fora ironía.

Aine, cada noite escoito música

mentres a man escribe os nosos silencios

que falan do amor, ca xente,

non vai saber distinguir o branco do negro.

Peonia

mércores 17 agosto 2016

Enturbar o auga coma

o viño, modifica as ansias

de emprender un viaxe

cara a ciencia do saber.

Digamos que ilustramos

de sentidiño o amor que

esfaragullamos en orxías

que se apoltronan na mente.

As verbas que se escoitan

mais dunha soa vez, reflicten

no ego pra facer delas poesías

que suspiran alaridos de amor.

Levas no interior ese corazón

xoven que che fai depositar

tremendas razoamentos que se verten

mentres lle das unha calada o pitillo.

No alboroto da praia sobre a

area na que descansas, son as pisadas

que embargan o sentidiño do ser

en miradas que escoitan os poetas.

Aine, figúrate realidade e ficción

entre os corpos que deseña uns

cadros pra pintar, ese imaxinario

poder, da mente sobre o amor.

Nenúfar

martes 09 agosto 2016

Plasmo sobre o lenzo

as pisadas que en silencio

escoito de cando en vez

o son que en forma de verbas, fala.

As liortas que sobre antagónicos

versos versan as verbas, que no teu

reclamo, llo fas aos asubíos,

saloucan loucuras externas.

Non te oio dende o remanso

que nunha veira do río, as meigas

seducen nosos pensamentos

que hai que pillar ao voo.

Na escura das habitacións co

cerebelo rega a nosa sabedoría

hai chaves que ábrense

revolucionando os corredores do amor.

Os tragos que nos damos cada

noite, entre silencios que escoitan

as paredes dos desexos amorosos

ca vida nos outorga  en imaxes.

Aine, ese mar que poder ver dende

o teu encanto que mira coma as augas

fanse virais e mergullen en cores

os pinceis que voluminen moito amor.

Carton-Pedra

xoves 04 agosto 2016

Quéroche tocar esas mans

que senten, coma o corazón

empeza latir a cen e ti

en silencio perdes a mirada.

Esas mans que fan circular

todo o teu organismo coma si fora

unha maquina onde todos os

sentidiños se poñen a funcionar.

Teus órganos se sobrecargan

de enerxía que substitúe todo

tipo de verbas que explique todo

o que pola mente descorre.

Toda a túa forza

concentrase nos dedos

que xogan a partida do amor

se ter un vencedor que poda falar.

A música segue tocando

sobre os sentidos que pos

nos destellos cos dedos desprenden

na loucura dunha noite en vela.

Aine, esa sensación que describo

e cando ese mar que ti ves

acaricia as rochas, describindo

sons que percibimos coma Amor.

esperandote

venres 22 xullo 2016

Paseo con ás sobre

o vento que alumea

o firmamento, que abraia

coas estrelas o circulo do amor.

Atrevidos son os versos

que sobre campos pedregosos

alimentan de amor os cores

que nosa vista se perde ó mirarte.

Tempos aqueles nos levaron

un silencio, co só entendemento

a verba calaba, se postula na

nota ca guitarra das frechas amadas.

Igualdade entre esas flores

que no letargo da noite na almofada

escoitas historias que ten o insomnio

coma principal parlante entre as estrelas.

Si presinto que es oscuridade

que vacila o sermón co día che

ofrece, asemade a noite se converte

en posicionamentos que non describe o Pobo.

Aine, longas noite levamos

que non sedúzamos o sexo

malia doces escaravellos non fan

vagalumes na noite de plenilunio.

Plenilunio

xoves 14 xullo 2016

Estou baleiro de poesía,

se non te miro os ollos

que me falan doses de amor

nun estado de pausa sobrio.

O mar que nos mira

o tenue brillo do sol

que fan da túa silueta

o bastón que lle falla o corazón.

A lúa extremece os cántaros

sedentos dunha loita púrpura

co Pobo canta sorrisos

dunha morriña por vir.

O salitre da vida, enxauga

os beizos que adormecen

as mañás con bicos da espera

que xacen entre os sonos da noite.

O lonxe cas baladas cantaruxan

polo paisaxe relatorial, cos pes

pisan sen estar na mira dun

amor que non vacila ironías.

Aine, en branco e negro adiviño

cas luces non se apagan, senón

que voltan con caraveis nos silencios

que lles damos o mirarnos entre soños.

Compañeir@

mércores 13 xullo 2016

Escoito a música

mentres tomo un café

asubíolle a vida

que me da pracer.

Esgótome dunha sabedoría

co Pobo enche de medo

cando deposita no cesto

as ansias de liberdade que non exerce.

Plasman sobre a tinta do

cerebelo, notas que expulsan

das montañas da saia do ocaso

que verten nun horizonte de saldo.

Pra escribir unha carta

de amor de antano, necesitase

mil cores que parafraseen o longo

camiño que bate sobre o atlántico.

Os anos pasaron, pra quen xogou

a ter poder sobre os chás campos,

asemade é tempo de que levantes

as follas que escravizan o teu pasado.

Aine, de loita en loita busco o sinónimo

da paz que choran os Pobos, que por

culpa da anemia dos políticos

discorren por paraxes descontrolados.

Nu Espanha

martes 12 xullo 2016

Espido sobre unha pel

que clarexa con esquecemento

o alto voltaxe co medo

irrompe na soidade, có sol quenta.

O vestido que eleva os peitos,

coma atormentadas frases,

ca mirada achega, a mente,

desdéns sobre un río de siluetas.

A idade que posiciona sobre un corpo

enaltecido por anos de loita

das escuras verbas que tinxían  

de sufrimento os enganos perpetuados a ela.

Os rizos da comisura do traxe

que chegaban agochados e envoltos

en maceiras de flores, que falábanche

do lugar en que estivera pechado o necio.

O sentirte soa, transformando

a metáfora que encolaba as verbas,

coas bagoas, mentres crecían, os alaridos

dos bastardos nos atronadores oídos.

Pobreza do ser, que se acostumou

a mentir, pra seducir os amigos

con talantes historias que se facían virais

e agochábanse no corazón da amada.

Portugal

luns 11 xullo 2016

Irmán que chamas a fala

de igual, que sentes no

corazón verbas co fado

canta ó amor dunha vida.

Manifestacións que choran

aos caraveis imitando luces

de cores que resprandecen

nos silencios da noite.

Almas espidas que abrázanse

conxugando estrañas melodías

que xiran no contorno, do pincel

onde súa sombra maquilla o vento.

Horas de represión, sobre os

corpos desterrados das súas terras

pra alimentar de ignorancia

os poderes que morren no Mediterráneo.

Ferramentas cos antialborotos

empoan ao sufrimento, nos lares

ca raza séntese rei dos estados,

porén rezan á energúmenos piratas.

Chaia, xogan coa túa inocencia

pra clamar o poder que exercen

sobre a reprimenda que queren acusar

a miña concencia neste deserto de loita.

Man

venres 08 xullo 2016

O xugo que non quere

arrear, preguntarse o por qué

e non abrigalo,

perde a súa dignidade.

Usar o control coa forza

equivale a perder a razón

sobre o estado de animo

onde o apoio ten que ser total.

Levar a ruta polo embrión

que escolle o camiño, despois

de seducir co amor, os paisaxes

que frecuenta o mundo.

Pensar porque nos leva a pensar

cás propostas que seducen,

non acarician o melón da mente

que se desvía do enigma do razocinio.

Os pequenos detalles co corpo

asina reconstrúe no cerebelo

a doses de megavatios que con

esmorga reducimos, despois de gastalos.

Aine, nosa man abarca o conciso

e o alleo da vida, que purifica

en saúde os acordos que lle propoñemos

ó estar xuntos en círculos diversos.

SI SE PODE

venres 24 xuño 2016

Amor, non vexo o tempo

que acaricia as estrelas

pra chegar a ti dende as rochas

da muralla ata o mar da espera.

O xurdir poemas entre

carballos e carballeiras

ou terra que piso

na cidade que ama a beleza.

O sentirte cada vez cas nubes

asexan, ou o sol zanfonea,

ou a choiva rega,

é amor que vira entre néboas.

Chegamos a un intre

que mirar pra atrás

non serve mais que as

lembranzas do vivido, sen esquecemento.

O parafrasear longos días e noites

unha imaxe, que corrompe os

mais pensamentos, con dislates

que subliña o poeta en un encanto entreaberto.

Aine, aduzco co noso destino

esta nas mans do Pobo, que emerxe

do fondo dos sentimentos, con verbas que

nós engadimos, os poetas, con moito apego e agarimo.

SONRIR

xoves 23 xuño 2016

O despertar cada mañá

coa música da natureza

mirarte os ollos

e sentir náfreas de alento.

O desafogo que me produce

unha revolución do Pobo

pra saborear o pracer de dicir

ca vida chega o punto de existir.

Mireite, direille a miña musa,

o que fomos e cara onde imos,

có medo que corroe moitas mentes

por non deixar o establecido.

Somos solitarios niste intre

de penurias da sociedade

que fan cás crises sistémicas

padezan os pobres por monteiras.

Espremen nosa sangue

e non che remuneran con verbas

de afecto, senón aproveitan o ben feito

pra ensinalo ós seus, pra poñerse medallas.

Eu vivo os meus sentimentos,....

có mundo dos Pobos nos pide lóxica

onde un simple voto fai dano e é secreto,

emancipar os destinos pra non apagar a loita.

DEREITOS

mércores 22 xuño 2016

Os Pobos non poden camuflar

de democracia, nunha dictadura

que nos ata constantemente sen

movementos reais de liberdade.

Se non sumamos pola liberdade,

derroguemos ser ceibes

e permanezamos inmóbiles

ante acontecementos por chegar....

As bagoas non serven pra lamentacións

que dignifiquen nosos pensamentos,

se ben, pra rememorar tal día,

que fomos ceibes.

A marea sube e baixa

vai e ven, equilibrase soa,

a lúa exerce a laboura

de que a sensatez permaneza nos mares.

A amizade é un refuxio

que salva as reliquias

dun pasado e un futuro

ca xuventude ten que afrontar.

Aine, quen fora o poeta

pra explicar os sentimentos

das persoas e plasmalo nun

lenzo e que quedará pra humanidade.

DIGNIDADE

martes 21 xuño 2016

Obrígannos a calar, cando

vemos animaladas que están fora

de contexto, e eles fan do silencio

coma resposta ós refuxiad@s.

Non resolvemos os problemas

dos países, cultura dos Pobos,

por que a partida persiste perante anos,

sempre queda en táboas, “non interesa”.

As mulleres son esmagadas

no mundo por ser muller,

calamos e calamos e deixamos

que seña así, ¿Que sociedade somos?.

Estamos na nosa casa

e non sabemos coidar dela,

coma vamos coidar da natureza

si é noso sustento, pregúntome.

O traballo dignifica sempre,

a non ser có desvirtuemos

e fagamos del un peso intransportábel,

có medo sexa o trasporte.

Todo é superfluo

cando a vida a sentimos,

cando temos morriña dos sentimentos

e non negamos o amor.

NOZ

luns 20 xuño 2016

Home, non fagas eso

que non é unha noz

pra estrullala, é túa muller

que é ceibe e quere voar contigo.

Home, non traballes tanto

que non cho van pagar

e despois na casa

sofre túa amada, por estar ingrato.

Home, goza na sociedade

en solitario, mentres escondes

a muller pensando que ela non

che vai responder, os teus laios.

Home, unhas copas despois do

traballo e chegas borracho,

pégaslle a muller e faste un orgasmo,

non señas machista por ser macho.

Home, vólvete verde prado

toma herba, que che troque a mente

e debúxalle un bico nos beizos

a túa muller de namorado, e non de alporizado.

Chaia, o sufrir en fogares onde

os homes se creen deuses que poden

dominar o seu semellante coma si foran

mobles pra depositar os seus viciados pensamentos.

MEL

domingo 19 xuño 2016

As noites caen frías en primaveira

chove polas montañas e vales,

o sol sae a ratos xunto as nubes

e escurece entre a luz dos farois.

Amence un día despexado

ao meu lombo, a certa hora,

o sol empeza a quentar o salón, onde sentado

no sofá vello empezo a recibir enerxía.

Que mellor, pra quentar o meu corpo

onde o sofá me da calafríos

onde as pernas sofren un pouco

malia a mente esta poderosa.

Escoito os paxaros  o seu cantar

non distingo os seus sílvidos

porén transmítenme alegría

ós sentidos pra servir a miña vida.

Oigo na tv historias que contan

unhas veces de amores outras de causas

perdidas, mais os meus pensamentos

razoan cunha vida mellor e posíbel.

Aine, mentres razoo esta poesía,

o teu pensamento parece que fala

porque sempre que fago unha estrofa,

á mente vés, sempre ao meu carón.

NATUREZA

sabado 18 xuño 2016

Na eira serven un corazón

que verte bagoas no recuncho

do pensamento que é eso que

lle chaman amor.

Os días se volven flores

que van camiñando soas

porén acompañadas polas

amig@s que expresan seu carolo.

Na selva amazónica esconde

grandes historias co mundo busca

pra memoria das plantas onde

as flores regalan colares de cores.

Esculpo o selo que aguante o dedo

porque non serve pra escoitar

as verbas da compañeira que

se viste de seda pra acariciar o amor.

Oxalá os paramos das cancións

vólvanse virais nas mentes

que algo están a dicir

nos mundos que nos tapamos pra escoitar.

Chaia, cando as razóns non son

as verdades, que ti te vas facendo

na vida é por que son necios que

nos enganan coas miradas dos silencios.

TERRA

venres 17 xuño 2016

As pegas rodean meu xardín

en Monterroso, voando outros paxaros

que queren habitar cos sentidos das plantas

que corroboran a saúde do campo na diáspora.

Os gorrións vinculan seu estado no

mesmo, controlando cós árbores crezan

ou se manteñan no estado que lle corresponde

porén non permiten mais do que non ven.

Os paporrubios teñen cores que alegran

a vista de cando en vez deixándose ver

entre as follas que dominan o paisaxe pra que

os viandantes miren con respecto un futuro.

As noites se fan na oscuridade onde

só os farois alumean os verdes escuros

que déixanse mirar en calquer noite

de calquer estación anual.

Os carros espertan ós pequenos bichos

que pola noite traballan arreo pra

manter que todo funcione e buscar

o seu manxar de supervivencia existencial.

A camelia recolle e solta súas follas

dándolle ese cor o só de roxizo

cas barrendeir@s pola mañá, despois

dun tempo limpan, pra aboar de amor noso lar.

PATRIAS

xoves 16 xuño 2016

As mentiras son mentiras,

mentir é mentir,

e si nos mentimos,

o final sábese todo, e quedas coma obtuso.

Si chegaron a lúa

pois pode ser verdade

porén eu non mo creu

por ser mais difícil que chegar a marte.

O guión non está mal

dios tamén existe pra algúns

mais pra outros non,

a razón na mente de cada un.

A existencia verte no corpo

parasitos que se transportan

polos pinganillos que depositan

sustancias no refuxio de algún médium.

As practicas que embalan dende

a xuventude ata madurez

son xogos que pingan, aos pobres

sen culpa, ao estar no fronte do taboleiro.

Chaia, que pode dicir un poeta

que súas bagoas non están no taboleiro

senón forman parte do que mira

e di o que nos rodea, dende o enxebre.

LÚA

mércores 15 xuño 2016

Non sinto dor, cando matan por matar

nin tampouco cando os estados o fan,

asemade, meus sentimentos non perden bagoas

cando os feitos son efémeros.

O perdón por uns intres da paixón

de que ambolosdous van gozar

dos sentimentos, si os teñen de Paz, antes que

esconderse na soidade do mundanal ruído.

A fame mata mais que moitas outras

atrocidades, en troco eso non nos da ningures

pensamentos, por que non o vemos entre nos,

porén está no mundo igual co demais.

Troquemos o chip e démoslle aos que fan

todas esta animaladas que o pensamento

pra vivir niste mundo en concordia

non é parolar con verbas senón actuar.

os animais teñen sentimentos

cos humanos desenrolamos habilmente

con astucia, ignorancia ou sabendo o que

se fai, con tal de dominio do terreo.

Aine, cando din que cases

non entenden co amor non necesita

de firmas, senón os silencios dos nosos

sentimentos que agochasen entre bicos.

Sol

martes 14 xuño 2016

Pra concibir os sentidos, os fill@s

van facendo súa revolución

e melloran o feito por xeracións

pasadas, e así  vamos tod@s pra o futuro.

Que sería un caravel que se esconde

por chapar tanta historia na súa mente,

que se cre que todo é relativo

e nada é nada sobre os chairos dos vales.

As casas derruídas, reconstruídas de novo

co pasado tapado de sucos nos terreos

lameiros depositan nos ríos os sedimentos

pra limpar conciencias malignas da loucura.

As nubes van dun lado pra outro

porén sempre en unha dirección

nunca se cruzan no sentidiño contrario

senón a mente volvese nun atraso.

Os campos da ilusión, fructifican

doses de amizade de quen os traballan

axudándose de cortas historias que subxacen

nas mans que con pracer gozan no seu estado.

Chaia, a niñez do que estas a gozar

que segundo os anos pasan, os soños, váianse

realizando dese amor co triunfo da amizade

abrandes os focos que nos alumen as rúas.