SI SE PODE

venres 24 xuño 2016

Amor, non vexo o tempo

que acaricia as estrelas

pra chegar a ti dende as rochas

da muralla ata o mar da espera.

O xurdir poemas entre

carballos e carballeiras

ou terra que piso

na cidade que ama a beleza.

O sentirte cada vez cas nubes

asexan, ou o sol zanfonea,

ou a choiva rega,

é amor que vira entre néboas.

Chegamos a un intre

que mirar pra atrás

non serve mais que as

lembranzas do vivido, sen esquecemento.

O parafrasear longos días e noites

unha imaxe, que corrompe os

mais pensamentos, con dislates

que subliña o poeta en un encanto entreaberto.

Aine, aduzco co noso destino

esta nas mans do Pobo, que emerxe

do fondo dos sentimentos, con verbas que

nós engadimos, os poetas, con moito apego e agarimo.

SONRIR

xoves 23 xuño 2016

O despertar cada mañá

coa música da natureza

mirarte os ollos

e sentir náfreas de alento.

O desafogo que me produce

unha revolución do Pobo

pra saborear o pracer de dicir

ca vida chega o punto de existir.

Mireite, direille a miña musa,

o que fomos e cara onde imos,

có medo que corroe moitas mentes

por non deixar o establecido.

Somos solitarios niste intre

de penurias da sociedade

que fan cás crises sistémicas

padezan os pobres por monteiras.

Espremen nosa sangue

e non che remuneran con verbas

de afecto, senón aproveitan o ben feito

pra ensinalo ós seus, pra poñerse medallas.

Eu vivo os meus sentimentos,....

có mundo dos Pobos nos pide lóxica

onde un simple voto fai dano e é secreto,

emancipar os destinos pra non apagar a loita.

DEREITOS

mércores 22 xuño 2016

Os Pobos non poden camuflar

de democracia, nunha dictadura

que nos ata constantemente sen

movementos reais de liberdade.

Se non sumamos pola liberdade,

derroguemos ser ceibes

e permanezamos inmóbiles

ante acontecementos por chegar....

As bagoas non serven pra lamentacións

que dignifiquen nosos pensamentos,

se ben, pra rememorar tal día,

que fomos ceibes.

A marea sube e baixa

vai e ven, equilibrase soa,

a lúa exerce a laboura

de que a sensatez permaneza nos mares.

A amizade é un refuxio

que salva as reliquias

dun pasado e un futuro

ca xuventude ten que afrontar.

Aine, quen fora o poeta

pra explicar os sentimentos

das persoas e plasmalo nun

lenzo e que quedará pra humanidade.

DIGNIDADE

martes 21 xuño 2016

Obrígannos a calar, cando

vemos animaladas que están fora

de contexto, e eles fan do silencio

coma resposta ós refuxiad@s.

Non resolvemos os problemas

dos países, cultura dos Pobos,

por que a partida persiste perante anos,

sempre queda en táboas, “non interesa”.

As mulleres son esmagadas

no mundo por ser muller,

calamos e calamos e deixamos

que seña así, ¿Que sociedade somos?.

Estamos na nosa casa

e non sabemos coidar dela,

coma vamos coidar da natureza

si é noso sustento, pregúntome.

O traballo dignifica sempre,

a non ser có desvirtuemos

e fagamos del un peso intransportábel,

có medo sexa o trasporte.

Todo é superfluo

cando a vida a sentimos,

cando temos morriña dos sentimentos

e non negamos o amor.

NOZ

luns 20 xuño 2016

Home, non fagas eso

que non é unha noz

pra estrullala, é túa muller

que é ceibe e quere voar contigo.

Home, non traballes tanto

que non cho van pagar

e despois na casa

sofre túa amada, por estar ingrato.

Home, goza na sociedade

en solitario, mentres escondes

a muller pensando que ela non

che vai responder, os teus laios.

Home, unhas copas despois do

traballo e chegas borracho,

pégaslle a muller e faste un orgasmo,

non señas machista por ser macho.

Home, vólvete verde prado

toma herba, que che troque a mente

e debúxalle un bico nos beizos

a túa muller de namorado, e non de alporizado.

Chaia, o sufrir en fogares onde

os homes se creen deuses que poden

dominar o seu semellante coma si foran

mobles pra depositar os seus viciados pensamentos.

MEL

domingo 19 xuño 2016

As noites caen frías en primaveira

chove polas montañas e vales,

o sol sae a ratos xunto as nubes

e escurece entre a luz dos farois.

Amence un día despexado

ao meu lombo, a certa hora,

o sol empeza a quentar o salón, onde sentado

no sofá vello empezo a recibir enerxía.

Que mellor, pra quentar o meu corpo

onde o sofá me da calafríos

onde as pernas sofren un pouco

malia a mente esta poderosa.

Escoito os paxaros  o seu cantar

non distingo os seus sílvidos

porén transmítenme alegría

ós sentidos pra servir a miña vida.

Oigo na tv historias que contan

unhas veces de amores outras de causas

perdidas, mais os meus pensamentos

razoan cunha vida mellor e posíbel.

Aine, mentres razoo esta poesía,

o teu pensamento parece que fala

porque sempre que fago unha estrofa,

á mente vés, sempre ao meu carón.

NATUREZA

sabado 18 xuño 2016

Na eira serven un corazón

que verte bagoas no recuncho

do pensamento que é eso que

lle chaman amor.

Os días se volven flores

que van camiñando soas

porén acompañadas polas

amig@s que expresan seu carolo.

Na selva amazónica esconde

grandes historias co mundo busca

pra memoria das plantas onde

as flores regalan colares de cores.

Esculpo o selo que aguante o dedo

porque non serve pra escoitar

as verbas da compañeira que

se viste de seda pra acariciar o amor.

Oxalá os paramos das cancións

vólvanse virais nas mentes

que algo están a dicir

nos mundos que nos tapamos pra escoitar.

Chaia, cando as razóns non son

as verdades, que ti te vas facendo

na vida é por que son necios que

nos enganan coas miradas dos silencios.

TERRA

venres 17 xuño 2016

As pegas rodean meu xardín

en Monterroso, voando outros paxaros

que queren habitar cos sentidos das plantas

que corroboran a saúde do campo na diáspora.

Os gorrións vinculan seu estado no

mesmo, controlando cós árbores crezan

ou se manteñan no estado que lle corresponde

porén non permiten mais do que non ven.

Os paporrubios teñen cores que alegran

a vista de cando en vez deixándose ver

entre as follas que dominan o paisaxe pra que

os viandantes miren con respecto un futuro.

As noites se fan na oscuridade onde

só os farois alumean os verdes escuros

que déixanse mirar en calquer noite

de calquer estación anual.

Os carros espertan ós pequenos bichos

que pola noite traballan arreo pra

manter que todo funcione e buscar

o seu manxar de supervivencia existencial.

A camelia recolle e solta súas follas

dándolle ese cor o só de roxizo

cas barrendeir@s pola mañá, despois

dun tempo limpan, pra aboar de amor noso lar.

PATRIAS

xoves 16 xuño 2016

As mentiras son mentiras,

mentir é mentir,

e si nos mentimos,

o final sábese todo, e quedas coma obtuso.

Si chegaron a lúa

pois pode ser verdade

porén eu non mo creu

por ser mais difícil que chegar a marte.

O guión non está mal

dios tamén existe pra algúns

mais pra outros non,

a razón na mente de cada un.

A existencia verte no corpo

parasitos que se transportan

polos pinganillos que depositan

sustancias no refuxio de algún médium.

As practicas que embalan dende

a xuventude ata madurez

son xogos que pingan, aos pobres

sen culpa, ao estar no fronte do taboleiro.

Chaia, que pode dicir un poeta

que súas bagoas non están no taboleiro

senón forman parte do que mira

e di o que nos rodea, dende o enxebre.

LÚA

mércores 15 xuño 2016

Non sinto dor, cando matan por matar

nin tampouco cando os estados o fan,

asemade, meus sentimentos non perden bagoas

cando os feitos son efémeros.

O perdón por uns intres da paixón

de que ambolosdous van gozar

dos sentimentos, si os teñen de Paz, antes que

esconderse na soidade do mundanal ruído.

A fame mata mais que moitas outras

atrocidades, en troco eso non nos da ningures

pensamentos, por que non o vemos entre nos,

porén está no mundo igual co demais.

Troquemos o chip e démoslle aos que fan

todas esta animaladas que o pensamento

pra vivir niste mundo en concordia

non é parolar con verbas senón actuar.

os animais teñen sentimentos

cos humanos desenrolamos habilmente

con astucia, ignorancia ou sabendo o que

se fai, con tal de dominio do terreo.

Aine, cando din que cases

non entenden co amor non necesita

de firmas, senón os silencios dos nosos

sentimentos que agochasen entre bicos.

Sol

martes 14 xuño 2016

Pra concibir os sentidos, os fill@s

van facendo súa revolución

e melloran o feito por xeracións

pasadas, e así  vamos tod@s pra o futuro.

Que sería un caravel que se esconde

por chapar tanta historia na súa mente,

que se cre que todo é relativo

e nada é nada sobre os chairos dos vales.

As casas derruídas, reconstruídas de novo

co pasado tapado de sucos nos terreos

lameiros depositan nos ríos os sedimentos

pra limpar conciencias malignas da loucura.

As nubes van dun lado pra outro

porén sempre en unha dirección

nunca se cruzan no sentidiño contrario

senón a mente volvese nun atraso.

Os campos da ilusión, fructifican

doses de amizade de quen os traballan

axudándose de cortas historias que subxacen

nas mans que con pracer gozan no seu estado.

Chaia, a niñez do que estas a gozar

que segundo os anos pasan, os soños, váianse

realizando dese amor co triunfo da amizade

abrandes os focos que nos alumen as rúas.

Ilusión

luns 13 xuño 2016

Nunca o medo dun pasado

escuro pode facer có futuro

sexa o realismo que buscamos

os seres pra chegar a verdade de cada un.

Non importa que a choiva caia

cos tronos fagan ruído e os lóstregos

alumeen o ceo porque e limpeza ca natureza

fai co sentido común, chegar ao esquecemento.

De que vale que todos podamos cantar

coma un nocturnol se os nosos sentimentos

non reciben a música có artista cos seus

instrumentos dan as notas da vida.

Gozar do tempo e relaxarse pra

que a natureza faga o traballo que os

seres non podemos facer dende a terra

e soñar cás plantas crecen por si, e coa axuda.

A auga limpa os organismos, despois

dunha resaca de verbas sentidas

e pinta de cores o paisaxe, alegrándonos

as noites de oscuridade, e descanso.

Pra que serve unha poesía que

da forza o cerebelo, onde os poetas manan

da sabedoría dos antepasados pra que no futuro

quede constancia dos pensamentos elixidos.

CARIÑO

domingo 12 xuño 2016

A vergoña que producíame

de cando en vez, ollos plasmábanse

na túa mirada, ruborizábame  coma

un tomate unha vez no prato.

Provocáchesme entre as pernas,

porén non me deixaches entrar

no teu orgasmo por pensar que ías

ser a dama do poeta, que estaba sen facer.

Non quixeches cas pernas

estiveran en descanso, mentres os bicos

facían estragos entre as mentiras

que se percibían entre tumultos decorosos.

Estiveches xogando sen saber o que querías

tiñas axuda pra namorarme porén non

soubeches inspirarme mais cá soidade de min,

e bagoas depositadas non infinito.

Xamais fomos parte interesada

no mesmo destino, chegamos a

paranoia, tempo levamos no

curruncho que asubía adiviñanzas.

Aine,es a única que sen verte

que sen amarte, os ollos esconderon

o xogo do amor, e impúxose a intelixencia

a inspiración do froito co poeta require na vida.

AMOR

sabado 11 xuño 2016

Fálanme que pra cortar a pastilla

hai que cortala co coitelo, e eu dígolles

que cos dedos se fai poesía

na mente dos artistas que fan escritura.

Lévanos ao médico pra estudiar

o corpo e facer pastillas pra terte

alimentado de sustancias, unhas suplen

a outras e así terte na vellez na inopia.

A aspirina que tomamos pra os catarros

suplen as caricias de amor que os irmás

deberían dar cando o corazón sufre as verbas

que nos ferían nos campos de feo.

O cariño cos amigos dan as veces parecen

que súas verbas son de desacougo polo

uso de preservativos que cortan a entrada

na diáspora das longas noites de haxix.

O volver empezar nas solitarias carestías

onde os curas reparten hostias a mansalva

mentres os seus lácallos da esmolas

pra arcas da cúpula do ceo.

Aine, Chaia, que sentido ten poñerte

nunha realidade en que as verbas que

usamos co amor das flores de primaveira non

serven pra que a natureza seña libre de pensamentos.

Vigorosa

xoves 09 xuño 2016

Óioche pola noite

óioche pola mañá

óioche polo día

es meu tesouro que me adoza a vida.

Non podo remediar

o mirarte cada vez que te miro

os ollos me falan

coma o nocturnol me asiste.

Os pálpebras que envolven

a sabedoría que tes no curruncho

da alma, dedúceme coma as

noites cando durmimos entre lourees.

A forza que imprimes

con teus saltos, pra darlle

o corazón a vitalidade de server

os brazos pra alzar  e rematar con esmero.

Ese lucrativo énfases

que denotas todos os días

sobre as mans que con alivio

deixas crer, sobre a terreo de xogo.

Aine, o corpo sae canso

a resposta é cautelosa

a enerxía que produces

seduce o poeta nesta poesía.

Apertarse os machos

mércores 08 xuño 2016

Ti que tes unha concencia

que ves o semellante

coas ideas recalcitrantes

e te crees co corazón de humildade.

Ti que te inchas de patria

só por interese do peto

e cando te destapan

amortizas as verbas con mentiras.

Ti cás verbas te oprimen

cando les, en troco vociferas

verbas ó vento que salpican

ós oíntes con desfachateces ironías.

Ti que coidas ca loita de xénero

nas súas relacións, non argumentan

a vida igual cós que coidan que son

os únicos que están no mundo por mandato.

Ti que hoxe conxugas as letras

en verbas, e as verbas en frases

facendo un poema, contra aqueles

que dilapidan os libros por Xoán.

Ti es un macho secuencial

ou verdugo antagónico

que oprimes o teu cerebelo

con secuencias infantís dos de sempre.

Positivo

venres 03 xuño 2016

Os servizos ca natureza

fai, non só entenden

si pensamos nos cartos,

porén si, si o facemos a vida.

O posíbel troco experimentado

en ás da vida, có natural

percibe sobre o mantra

que esculpe de amor o sentir no mundo.

O poder que inculca os soños

cando espertas faise viral

o día que vociferas verbas

que de ti fan, fan un poema.

O sentido de responsabilidade

non o escondo entre as reliquias

que gardo entre as mans que escriben

os silencios que ti agochas no mar do deserto.

Os mensaxes que gardo nos lenzos

son suores dos traballadores do mundo

que foron e son escravos do consumo

de enerxía, que desprezan os reis.

Chaia, mentres es nova, a calma

da vida, recolle cósechas que non

necesitan de química que esnaquice

as neuronas, pra non perder forza da intelixencia.

Corrupción....

mércores 25 maio 2016

Como “galego” vexo

ós políticos embarrancándose

nun campo de xogo

onde nos toman por catetos.

Desviar a atención á países

que se merecen un respecto

despois de masacrar ós ancestros,

queren redimir a xesta con novos inventos.

Pídolle perdón dende esta poesía

cara a unha cultura

que queiramos ou non

son pobos irmáns, non lacaios da tiranía.

Ver novas que salpican

a mafia política

e renderlle honores ao Pobo

coma se foran esperpentos cadrados.

As sílabas non enchen

o silabario pra criticas

porén a poesía di os recunchos

pra entender as verdades que se ocultan.

Aine, sigo sen facerme unha idea

do porvir dos que representan

a unha casta que loitan por sobrevivir,

dentro das mentiras e sandeces ineptas.

Fantasía

martes 17 maio 2016

Esborrexín a mente vendo

coma refuxiad@s nen@s ven o

viaxe coma algo dun xogo no que

occidente lles ofrece mentiras de soños.

Os pais evitan contarlles unha

verdade, e mantéñenos na fantasía

de heroes do Mediterráneo que chegan

o mundo do paraíso atopado.

Non lles importa achicar a auga

da balsa porque eles non teñen

o medo de afogar, nin saben que quen

os mandou alí foi o hipócrita, onde estará?.

Despois de velo doume conta

que istes tiveron sorte de chegar

porén moitos quedaron non camiño

e outros fixéronnos escravos pra traballar.

Unha simple torta de pedras

pra o cumpreanos e o manxar que

moitos teñen o día, os pes descalzos

entre as rochas choran as feridas dos pais.

Chaia, ca túa ignorancia fantasiosa

siga exercendo ese poder de vivir

mentres os oligarcas do poder xogan

coa fame no mundo e a destrucción dos Pobos.

Zica

martes 17 maio 2016

Ai quen fora xef@

deste mundo de hipócritas

que non ven mais ca miseria

nas súas mans, pra corromper gobernos.

Os cores da pel cós ollos ven

non se apoderan dos seres humanos

que son irmáns que afrontaron dar

dos malvados corvos que afloran a  escuras.

Dignamente oio a música dos artistas

que loitaron en séculos buscando liberdade,

aqueles oídos que recollían sinfonías

que chegaban ós corazóns coa forza do amor.

Cando estudaba e ía de viños....

andabamos arroupados con mantas

de cores, que esvaecen as rúas

con sentimentos dos Pobres.

Polo Miño e polo Ulla

remexía, a forza do cariño

notas que se perdían entre a maleza

soltando sílabas de voz unidas.

Aine, de que vale recordos co pasado,

ou críticas do presente, si os  sentimentos

falan, e pola boca é retórica, cos nen@s

soltan con verdades, que avalan tesouros incertos.

Envexas

domingo 15 maio 2016

Terra, terra, terra

nas nosas mans depositas

os futuro que coa loita do orgullo

exercemos coma gardiáns do destino natural.

Embárgame nun silencio de felicidade

cas sombras do destino enchen os

corazóns dos homes e mulleres, etc....

que serven con amor á humanidade.

Pasar dun estado de embriaguez

que coloca os sentimentos depositados

en urnas de mármore cos cores de primaveira

plasman no roxo dos teus pálpebras.

A música dos nervios cando afectan

o cerebelo, esparexéndose nas aureolas

que fortifican medias de algodón

que reprimen os pés.

Nocturnol.... que sol es cando despertas

ás altas horas os rousinois da noite

que visitan covas de sabedoría en

territorios e debuxas o día a día....

Aine.... o amor cun home pode desenrolar

loitando nun mundo gobernado por unha

serie de hipócritas que se visten de traxe pra

enganar os Pobos con falsas crenzas ecresiais.

futuro

martes 03 maio 2016

A morte nun accidente entre

coches en onde os carballos son

os aliados dos roxos pardos de

deambular polas sombras da terra.

Os calafríos da coca producidos

polas tormentas enfermidades que nos

involucraban os corpos dende ceos

inexistentes que invadían sombras heteroxéneas.

O follar en noites de soños

ríndose do Pobo con falacias e insultos

a cara menosprezando o próximo como

infieis que dominaban as masas.

As violacións producidas perante milenios

por castas que hoxe se esconde de nos

como seres ridículos plasmados en lenzos

que va ferir as miradas dos pobres esquizofrénicos.

O renacer das aguias dende onde

vixiaban que naide se movera xunto

coas pombas e corvos que vixiaban

as inxiestas casas adornadas de pálidas miradas.

Aine, que Beleza me sinto cando

o meu corpo luza o soño de estar

xunto o teu, pra gozar do sosego

ca natureza nos da por vivir entre anónimas verbas.

SANCHO

martes 26 abril 2016

Noites de sabas de cores

encheron de soños, longos pasaxes

dos campos da sabedoría

que moldearon o medo que fervía.

Os parasitos que fomos,

eramos flores sen agromar

neses campos que producían

manxares que alimentan noso ego.

Os árbores florean tupidos cores

que nós envolvemos no arte

que entre todxs depositamos na natureza

pra empezar a floración da vida.

O paraugas que tapaba esa

chuvia que nos encollía entre

miradas e discursos de noites

de parola, e traballos secundarios.

Ese grao, cós campos producen

creando a enerxía que alimenta a

dignidade, cos Pobos traballando,

realizan a supervivencia emocional.

Aine, os intres doces dos soños,

é non relaxarse cando é bo,

senón mellorar o pasado, e envolver

co arte de amar, os corazóns dos Pobos.

Lúa Verde

luns 25 abril 2016

Ises ollos que delatan a viveza

duns nenxs que viven nos desertos

con ese amor que expresan cando

viaxan nunhas vacacións pra o recordo.

A saúde cos libros lles da

o poder aprender da súa cultura

e ensinar ca loita pacifica e o

remedio mais eficaz pra unha victoria.

Entre xogos e xogos crecen

esquecendo dos problemas

mais pensando que eles son o futuro

onde os seus destinos están en Paz.

O veciños que hoxe poñen un muro

entre os Pobos, teñen a obriga

de non turbar mais un pasado

e facer co futuro seña unha amizade realizábel.

As mediciñas cos medicxs dan

pra curar enfermidades, debían

servir pra que as envexas que existen

no mundo, se esquezan por un amor a humanidade.

Chaia, os Pobos que sofren

algún día non moi lonxano

teñen que ver esa luz, que lles

prohiben por non nacer no sitio adecuado.

Imaxinaria Real

domingo 24 abril 2016

Amáchesme co consentimento

das verbas que sobre o curruncho

da Soedade embargabas o amor

con cores que escondías no interior.

Me levas buscando no muro que

nos separa, intentando cambiar

o meu equilibrio con ladaíñas,

que eu non servo o teu amigo.

A seducción do teu corpo

que experimenta unha transformación

no lar onde os seráns se facían

verbas que escribían o ar da vida.

Chegades controlar meu destino

mais o sol que amence, me dicía

que non era música, pra un solitario

que non esquecía a forza do cariño.

Os anos pasaron empoando

as cicatrices do corpo, tapando

eses silencios, ca vida che outorgaba

nos intres onde asoballaban a túa felicidade.

Aine, canto amor se destrúe no mundo

por non escoitar os veciños que sempre

algo teñen que dicir, cando as paredes

falan, sen que a lúa axexe.

Nait debout

venres 22 abril 2016

Asumir derrotas e de valentes

coma victorias de coitados

sempre co mundo enalteza

eses ditos coma propios do benestar.

Parafraseando sílabas no intre

que nos topamos poder ser contradictorias

reaccións ou sinóminas virtudes

das verbas que buscan realidades pacificas.

Os soños humanos, das que, as

imaxinarias películas se fan

no seu ego, abrollan coma as flores

de ano en ano, reechando un oco.

O voltar a un pasado escuro

e non ver co futuro nos achega

a unha saúde, onde o descoñecido

aparece se sinais de vida terrestre.

De que sirve ilustrar aquelas

accións que a carón dun poden

ofrecer, si o que está mais abaixo

o desnutrimos, apagándolles as ilusións.

Os poderes mingúan, soterrando

as claves dos que etimoloxicamente

non souberon conciliar unha terra

que lles pedía ecoloxía e humanidade.

Ecuador

xoves 21 abril 2016

As defensas acérrimas a

que se ven sometidas as verbas

pra atacar sen nome, ás crueldades

dos que fan sinistras frases oíntes.

A amalgama de cores que pululan

polo mundo, cos artistas dan

con moita paciencia figuras reais

ou imaxinarias alumean amor á terra.

Esta terra que sufre coma as mentes

que choran por traxedias naturais

ou humanas, buscan unha Paz

interior nos órganos co corpo dilúe.

As cimas cos humanos achegamos

ó espírito de habela superado

co sacrificio dunha loita solitaria

acompañada polos Pobos súas fazañas.

Os sentimentos cos poetas expresan

nas verbas opacas con músicas

cos oídos oen en reclamos cantos

cos paxaros entoan os amenceres.

Os silencios das mulleres nos casos

de maltratos que pola ignorancia

e educación dos homes que non ven

que unha dama e o ser da terra procreabel.

O todo admirábel nos círculos

ca vida nos asina a cada ser

e inversamente distorsionado

por entes que asoballan ós Pobos.

Bicos negros

martes 19 abril 2016

Negro acibeche ramifica beizos

sobre meu corpo esterilizado

polos anos de loita polas rúas

dunha Galiza que serviu aos amos.

En ti deposito a miña arrogancia

que expreso con verso, pra que

o liñaxe que se viste de silencio, salga a

flote dos perdigóns que tiran con sentimentos.

Lameiros están os camiños

da sabedoría, que pola ignorancia

de segredos, non se incluían nos libros

os destinos que se lles escondían ós obreiros.

Palacetes esbirros dende despachos

escuros dirixían os burros, que con

cargas sobrehumanas bebía viño

pra esquecer os problemas que tiñan.

As torcazas dende o alba investían

os pelengríns que saian da ruta

depositando as súas merdas envoltas

en corruptos aneis policromados nos libretos.

Aine, que pintor non mestura

esas sombras que sobre as rúas,

albiscan as luces, có sol recolle

nos corpos, que co seu traballo sementan amor.

Tindouf

domingo 17 abril 2016

O deserto mingua as miñas

pisadas, da inocencia polo

que pasa nunha terra alugada

polos dereitos humanos que nos roubaron.

Entre bagoas pola infame tropelía

de gobernar, que buscando intereses

polos que defenden áreas que non son

territorios aleitados por nais do seu estado.

Nos mundos que nos labramos

unhas dignidades, que nos queren

privar da liberdade que custodiaron

moitas civilizacións pra chegar onde estamos.

Esparramos pensamentos que disentimos

do superfluo pra ser ignorantes en

cuestións que afectan ós Pobos

que reprimen por ter outra cultura do seu agrado.

Chegar a morte por unha

folga de fame di moito mais

ca loita de chegar a lúa pra que alucinen

os necios que miran pra outro lado.

Chaia, as nacións unidas están en paro

non se visten de seda pra solucionar

problemas, senón se escorren o vulto

deixando cos poderes opriman inda mais os Pobos.

Forza

sabado 16 abril 2016

Sentir, sentir onde está

o tempo que falla por vir

só as odas do mar o entenden

só as mentes humanas o comprenden.

Procesamos datos durante séculos

que nos inculcan nosos antepasados

porén non resolvemos o futuro

se non lle damos sentido ó vivir unidos.

A enerxía que consumimos

é proporcional a memoria que gastamos

e desproporcional a materia do corpo

que con envexa aceleramos a súa descomposición.

Ás relixións ameazan noso interior

provocando iras que plasmamos nun

mundo de odio, enfrontamentos e perdicións,

que en realidade e o medo que nos rodea.

Queremos embelecer unha realidade

na que pensamos moi a miúdo

asemade nos perdemos en superfluas

cousas que non arranxan nada pra o futuro.

Aine, belo é aquel que disfrazándose

de guerreiro non usa armas pra combater

o inimigo, senón a sabedoría de ler        

co universo pon a cada un no seu sitio.

República

xoves 14 abril 2016

Escórrrome polo interior

cunha apatía que embargame

a vida cando o sen fin da realidade

chora chuvia no paisaxe pedestre.

Afánome a logaritmos interpostos

por panaceas ou sátrapas,

non é unha mordida que se lle dá

senón rebentar o compromiso social.

A cotío inflamos de xenreira

nosas ideas, que logo as espurias

que nos mandan dende os profetas

creemos que son bens de si mesma.

O exclusivo que percorre o mundo

por mor da zuna, salienta barbaridades

no sistema, que empobrece os ricos

intelectuais de verbas, pra dinamitar a pobreza.

Agromando os montes da realeza

que con teimudos sacrilexios

artellan en burocráticas hipocrisías

os sinónimos esparéxaos nun mundo de princesas.

Os dédalos distan moito dunha                

saída honrosa, si o verismo se aplicara

agora, impediríamos un futuro que nos traban

con mentiras, “verdades”, fixeron a bandeira.

Sociedade

luns 11 abril 2016

Escudasen no silencio

pregúntome o que

mais falan de que dirán por que

despois din xa non estou pra esto.

Chegados o intre

non vertas os cores polo só

nin maldigas a vida, poren deixa

cos demais experimenten esa loucura.

O poder cun magnate pode ter

é o mesmo  cun pobre ten

so que a mente por medo, imposta,

atrofiase perante o mundo que ten enfronte.

O dereitos humanos co ser humano

non cumpre, é que seu pensamento

influenciado polo mal chamado

en deferido dentro da comunidade, a mentira.

O arte de amar

dentro dun lenzo é que todxs

caben buscándolle o sentido do cadro

e non mirándolle o valor o marco.

Si a razón do existir

é dominar o mais débil,

é que estamos trabucados

mirando sempre pra o ceo.

Unanimidade

xoves 07 abril 2016

A niñez que vexo

nos ollos preciosos

que senten as bagoas

dun mundo cós esquece.

As tormentas dos desertos

que sobre as mentes de traxes

da retórica plausible

da verba perenne no tempo.

Os díscolos da putrefacción

sobre unhas mans inocentes

impregnan os camiños

de cantos, onde os pes non sinten.

Anos levan desprazados

sen que súa identidade

seña recoñecida polas autoridades

que co pago, calaron a súa ruína.

O silencio do tempo

se fixo voces que non calan,

o espacio faese grande

cando o sol alumian os ollos expectantes.

Chaia, que inverosímil pode estar

aquel que con súa retranca

entoa poesía có espacio-tempo

dulcifica os sentimentos alleos.

Patria

mércores 06 abril 2016

Cando vimos ó mundo espidos

non miramos mais cunha persoa

a mai que nos pariu, pra buscar

o sustento da vida que nos espila.

Aos homes quédanos a partitura

de dar amor a mai, mentres a criatura

vai pedindo o seu amor e tenrura

no facer da vida xunto a mai que lle da cobertura.

Que belo subliñar niste intre

o correr a sangue por meu corpo

de alguén que me deu a vida

pra darlle esta poesía ó mundo.

Si fas caso a túa concencia

e maltratas a parella

estas servido  en bandexa

a cotra que levas nas venas.

O poder que nos da a forza

non é pra usala en detrimento

do débil, xa que perdes a virilidade

do teu ego que levas dentro.

Aine, no país que vivo

síntome desarraigado do home destro

porque se cree que unha dama

está só pra usala coma pracer.

Escoitando

martes 05 abril 2016

De que vai un Pobo que

ten envexa, si a terra é de

todxs, a patria non ten fronteiras

e cada un somos de distinta maneira.

Porque non aprendemos dun pasado

turbio, dun presente que non se sabe

pra onde, e de un futuro, que temos

que construír entre todxs.

De que sirve loitar polos camiños

si unhas veces a lama nos prohibe

o paso que desexamos dar,

ás fontes que son o alimento do benestar.

As veces choro no meu interior

por que vertemos melancolía sobre

pastos que brotan con moita intelixencia

a saír a luz do día nos campos de Galicia.

Envolvo nos silencios que me outorga

a noite, os praceres de levantarme

sabendo cos principios non se perden

mentres os soños se realicen de día.

Efervescentes son as cloacas

que se dilúen nos pensamentos mais

pesimistas onde o sufrir do pobo

non pode seguir sendo monotonía da vida.

Aturuxo

sabado 02 abril 2016

Nun lugar de oriente

un mísil arruína a liberdade

duns nenxs que na vida

envolvían de xogos o mundo enteiro.

A praga dos dólares que por medio

de incultos, ben adestrados

irrompen nos pobos atropelando

súa vida, con mortes sen pensalo.

O ego de superioridade que lle pode

outorgar os euros matando, co fin

de seguir embolsando nas súas arcas

xustificándolle o mundo, co fan por desagravio.

O nenx de occidente non entende

que aia outros nenxs que vivan

descalzos, con un anaco de comida,

nun mundo do século XXI cós esteñan esquilmando.

A man me treme cando escribo

pensamentos que choran ás verbas

e sílabas defuntas que deixan na poesía

remedios antagónicos non remunerados.

Chaia, os verdes campos no deserto

vólvense areas que reclaman liberdade

pra os pobos, que por culpa de alucinados

viven coa miseria do ser humano.

Desvelo

luns 28 marzo 2016

O arte de amar, co mar

impón a salvaxe mirada

dos ollos da amada, inviste

ó andar matutino do amencer.

Recibir destellos de flores

en forma de poesía, alimenta

o libido co corpo empuxa ós

mecanismos dun cadro de amor.

Ter que esperar co ego

suplante o medo a estar

ou non estar no lugar requirido

onde as estrelas alumen os principios.

Unha voz me chega do abismo

cunha rama de amor no peto

que se despraza polo mundo

en forma de poema, cun sentidiño.

Realzar túa fermosura con verbas

que impriman un caracter

de cordura, valente diagnoses

referenda o poeta sobre a cultura.

Aine, o amor cos baluartes da vida

me embarga, eleva meu corazón

que sinte os desvelos da noite

e refuxiase no monte da bravura.

Retrógradxs

mércores 16 marzo 2016

A loita sobre un corpo

que quere esborrallarse

súpleo con intelixencia a poesía

no intre que se vexa minguado.

Os feitos con que os inimigos

da Paz imprimen as sociedades

cando chegan a un grao de benestar

é reprimilos pra lograr un desequilibrio mental.

Os séculos de dominio

que rezumban sobre os oídos

saen a luz con verbas poéticas

que subxacen do fondo do ser.

O mundo real vai tan de présa

que cando algúns queren chegar

xa esta noutra orbita, que vira

cara un futuro que engrosa Paz.

Elementos suficentes temos

pra revisar as historias pasadas

coma equívocos da raza humana

que desinchan en mentiras colaterais.

....Os sentimentos poéticos

so serven pra pensar, no positivismo

ca vida nos dá, con chegar cada un o final

do camiño e sentir ca natureza sinte a verdade.

refuxiad@s

xoves 10 marzo 2016

Póñome o pano que non me deixa

opinar nin pensar por que me atopo

baixo unha sombra que me imprime

unha loita sobre meus pes descalzos.

Defender o indefendible nunha partida

gravada pola sociedade e coma espremer

un plátano no espremedor e esperar

que fluía a sabia co Pobo pode depositar.

Cando te falo e coma si te

ausentas do espacio tempo

adicaste a dar voltas

pra que te mire o vaivén dos sonos

Cando ti levantas a bandeira

da esperanza so pensas no ego que tes

non pensas na Soedade do mundo

que necesita dun ego que tes no corazón.

O levantar a man da discordia

que sobre o corpo da muller impón

é a loita de moit@s que con berros

ou en silencio claman unha liberdade á autora.

Chaia, neste mundo de bramura

as linguas faladas non impoñen o regulamento

senón son os homes que coa súa aparencia

de gravata lles inculcan a vida os instintos salvaxes.

Fronteiras

domingo 06 marzo 2016

Miña fronteira é miña Patria

cando saio da casa

non existe fronteira senón Patria

e a Patria é o universo que me rodea.

A natureza me reprime ao buscar

a liña que separa o estar nun lugar

ou perderme no deserto, pensando

co piano sabe compasar a realidade.

As pisadas profundas que na area

da praia depositan os corpos expostos

o sol dirimen en profundas odas co

mar vai depositando sobre a fina area.

A espuma ca auga fai sobre as mentes

que buscan o remanso dos días

duros ca vida sementa sobre un val

de bagoas que eternizan unha posta o teu mirar.

A atmosfera que o paisaxe impón

cando paseas polos remontes salvaxes

da vida, crarifican a túa voz

cando lle cantas as noites á almofada.

Aine, hoxe me sinto un poeta

que escudriña o sentir de Pobo

que admira o futuro coma un algo

do que temos que loitar pola Dignidade.

Amarelo

venres 04 marzo 2016

Pra que surtir os versos

ós do norte, si encadean

sufrimento ós do sur, que

non teñen culpa do tempo.

Si vangloriamos os estados

de animo de ambos uns somos

de traballo longo e outros

de traballo corto, é o tempo....

Si desclasificamos o pasado

vemos co sentidiño común é o

mesmo de séculos, cuns están

na ola e outros aterraron na area.

Pensar que podemos dominar

os Pobos a base de matanzas

e coma esquivar os obstáculos

se saber saltar de antemán no sistema.

Uns entran co traxe de pana

e vanse co veludo

e despois quérenos facer crer

que están na posesión da verdade ecuménica.

Non precipitemos os intres co tempo

nos outorga, na longa ou corta vida,

pra facer sufrir os Pobos, con mentiras,

co día de mañá, vólvense en contra.

Rosáceo

martes 01 marzo 2016

Fanche ver o que queren

que vexas, e dicir non penses

moito, que xa sabemos

de ti nas sombras do universo.

Vés que vas crecendo

e soltas suspiros de inocencia

cós anos corren

e queres seguir sendo un nen@.

De que nos vale loitar

si pra alá non vas levar nada

que non sexa o amor

que queda no interior.

A oscuridade que se transforma

en enerxía futurista coma a

luz que os ollos dunha fermosa

dama esculpen no meu corazón.

Pra saber tecer teas de araña

ai que controlar o peso que debe

aguantar pra que a comunidade

vaia soltando o lastre que debe expulsar.

Cando recibes o regalo do mundo,

có valor é primordial e amado

sénteste que es un mais dentro da comunidade

o igual que tod@s os seres vivos.

Morado

sabado 20 febreiro 2016

Memoria, verba que me ven

a memoria, poren non me lembro

o que ía poñer a esta hora,

so lembro que é a historia a autora.

Si o quíxote se embargaba na loucura

da española, traspasou esa a millóns

que hoxe defenden a corrupción que

Sancho aceptaba dos amos, pra encher a boca.

Perdemos tempo en asinar, a memoria xa,

co medo dalgúns non acaban de entender

que pechar feridas, non é perder súa historia

se non darlle a outros súa memoria.

A almofada faise testemuña

do que nunca debeu ser, poren foi,

nunca mais deixemos co pasado

se repita nun futuro que entre tod@s construamos.

A música é variada inmensamente

mais as notas son o que son

o tocar unha soa nota, pode ser,

poren non é obvio, sempre o mesmo....

A realidade do pensamento

senón se fai poesía, na actividade

que dela facemos, pra expresar os sentimentos,

ca utopía e crible pra maioría da súa memoria.

Verdiroxo

domingo 14 febreiro 2016

Ises ollos que me miran

embalan os pensamentos

que florecen o libido

das noites do mar tenebroso de inverno.

A mirada que me secuestras

do meu iris, adormece as verbas

que fala de ti este poeta,

de cando en vez salaio en ela.

O mar que embravece seu estado

batendo sobre as rochas, alumean

nos teus ollos coma bailarinas

na festa do entroido.

Cando estes presente

so un verso describirá o letargo

co tempo puxo por medio

pra que os ollos reviviran.

O paisaxe da nosa terra

que nos viu nacer

deposita nos nosos corazóns

o mirar que temos pola natureza.

Aine, es o mar que lle

falla o poeta que se escuda

en verbas porque os silencios

son delirios de amor no planeta.

Chaia

sabado 13 febreiro 2016

Buscan unha terceira

que destrúa vidas

que desfaga vivendas....

¿Co que criterio?....

A importancia que lles dan

aos Pobos, é encher o seu

bandullo a costa dos pobres

que perden a dignidade por honores.

Esparexen odio, pra provocar,

e saltes sen pensar

xustificando as formas

entre ladaíñas oratorias.

O Pobo sufre a culpa

das políticas de outros

que desvían a atención a outro recuncho

mentres machucan ós seus irmáns.

Menten ao seu propio ego

que goza dunha vida aseitada,

malia non queren perder

o paisaxe cós viu nacer.

Chaia, a música que se toca

na aureola da vida

nos impón regras naturais

que souberamos escoitar da lúa.

Verde....

sabado 06 febreiro 2016

Nada é tan forte coma

un todo, co amor impregna

no corazón do lobo solitario

que busca a Paz entre os tolos.

Es a lúa que vara cada noite

entre os silencios sonos

cos teus belos ollos depositan

en min o amor do que gozo.

Abrandas os mundos que precisan

de doses de dignidade, poñendo

de releve ca túa bela faciana

me embarga a unha poesía revolucionaria.

A natureza que teu corpo plasma

sobre o pincel no lenzo, son cores

que o amor nos turbios desertos

experimentan pensamentos certos.

A sabedoría coa que me expós

onde o mar se fai eterno

o tempo mergullase  nun vaivén

e as verbas emerxen moitos sentimentos.

Aine, si o planeta respira hoxe

polo noso andar, bailando unha música

que cando os teus ollos zumegan,

é que o amor se fai viral na vida.

Aine+nocturnol

mércores 06 xaneiro 2016

https://www.youtube.com/watch?v=2fi-ZTkFl34&feature=share

Sementes

xoves 17 decembro 2015

Días pasados, días presentes, días futuros

non te estorbo con miramentos

non te molesto con retóricas

poren escoita túa concencia desenfiada.

Días pasados, días presentes, días futuros,

nos engordan de mentiras

nos adelgazan con pastillas

nos suxiren miras, sen chegar a lúa.

Días pasados, días presentes, días futuros,

nos empobrecen cando queren

nos enriquecen roubándolles pan dos pobres

e despois din que son un crack das finanzas.

Días pasados, días presentes, días futuros,

nos fan sufrir nosas penas,

as ledicias, si non son con bagoas non son risas

e cando choramos de verdade sorrín e calan.

Días pasados, días presentes, días futuros,

fannos crer en relixións extremas

debuxan o paraíso coma si foran verbenas

e chegado o intre todo e po na terra.

Aine, o son ca música toca

non entende de días pasados, presentes e futuros

malia ben coordinadas escóitanse en séculos

sen que nos apreman os “dire e diretes” que nos da a vida.

Ceibes

mércores 16 decembro 2015

A folla cando se murcha

é que está no intre filosófico

puro, albisca os mecanismos

da sabedoría.

As portas da invernía,

a terra cóbrese  dun manto

que augura noites frescas

e un xeo prateado cuberto de estrelas.

Estamos entre soños murchos

que se van consumindo, entre

medos que nos infrinxen,

e un saltar a vida, sen barreiras.

Que pedirlle o inverno

mais cunha fonte de calor na casa

e un silencio ó ver a neve

sobre o cristal da ventá.        

Todo depende de que

o querer e poder, e o poder

e andar pra adiante, maila

pra elo temos que crer no querer.

Aine, cando chove deixo

o paraugas na casa, pra que non

me tape as ideas, do que será o mañá,

si crecemos coma o vento, silenciosamente.

Artigo do "Pensamento dun Artista Poeta"

martes 15 decembro 2015

Ola, bos días, son a terra, a que convive con vos debaixo dos vosos pés e podedes imaxinar o mal que me sinto derradeiramente, xa que estou sufrindo ataques por todos os lados, imaxinade voso corpo si de cada vez vos sacan a sangue pouco a pouco, si vos van sacando vísceras pouco a pouco, etc.... pois a min pásame algo así, e eu necesito rexenerarme poren si mo sacan todo de golpe a miña rexeneración e moi lenta e mala, polo que me vou achicando pouco a pouco, polo que vos pido que non me apremedes durante anos pra que poda respirar outra vez e ser voso servinte por moitos séculos, e vosos fill@s e net@s podan gozar de min e eu deles así que comportarvos coma humanos civilizados e deixar de corromperme e tratarme coma mo merezo. Sen mais o fiel servinte do planeta.

            Os poetas somos poesía que emana do Pobo e do noso planeta, porque tod@s sodes amor, os versos son corazóns, podemos facer cos nosos problemas desaparezan e sexan belas historias do Pobo, pero non fagamos que todo sexa escuro señamos positivos na vida.

Ata o de agora viamos todo moi escuro ata non sentiamos pracer, eramos inoperantes, conformabámonos con calquer cousa, sen importar o resultado, hoxe démonos conta que todo era un enganabobos, que nos tiñan de lado, dándonos de vez en cando un doce pra ir tirando, mentres eles facíanse de ouro, roubando ao calado e inda por enriba votándolle a culpa o Pobo que estaba vivindo por enriba das súas posibilidades.

Deixamos que a natureza esteña en unhas maos co deterioran todo, e a conta de la faise ricos, expremendo co noso suor.

Crean as crises eles mesmos pra que o Pobo non teña un estatus de vida digna, sempre vámoslle crear problemas pra que non vivan relaxados e non teñan unha felicidade así é a crises que cada pouco nos crean mentres eles se fan mais ricos a conta nosa.

O 20D podemos facer historia, que as cousas dean un troco radical na vida da maioría do Pobo, é recuperar a dignidade perdida pola que estivemos loitando perante anos e castigar todo este desaguisado que nos están a meter nun labirinto sen saída. Por eso démoslle un volco a este mundo, e deixemos pra o futuro dos futuros fill@s e net@s un novo pensamento real da terra na que vivimos, sen danala mais do que está.

É hora de mudar o mudable....