TERRA

venres 17 xuño 2016

As pegas rodean meu xardín

en Monterroso, voando outros paxaros

que queren habitar cos sentidos das plantas

que corroboran a saúde do campo na diáspora.

Os gorrións vinculan seu estado no

mesmo, controlando cós árbores crezan

ou se manteñan no estado que lle corresponde

porén non permiten mais do que non ven.

Os paporrubios teñen cores que alegran

a vista de cando en vez deixándose ver

entre as follas que dominan o paisaxe pra que

os viandantes miren con respecto un futuro.

As noites se fan na oscuridade onde

só os farois alumean os verdes escuros

que déixanse mirar en calquer noite

de calquer estación anual.

Os carros espertan ós pequenos bichos

que pola noite traballan arreo pra

manter que todo funcione e buscar

o seu manxar de supervivencia existencial.

A camelia recolle e solta súas follas

dándolle ese cor o só de roxizo

cas barrendeir@s pola mañá, despois

dun tempo limpan, pra aboar de amor noso lar.