Asolagar

luns 22 maio 2017

Retorzo os anos inculcados

polo paso do tempo,

pra esmergulharme no novo século

onde te vistes coma flor da primaveira.

Necesito dar paseos

por desertos pedregosos

que me ensinen a sabia

do teu corpo, dos limites do sufrimento.

Engordo unha barriga

seducida por un anacronismo

que avala o logaritmo que

entoa o polifacético xurdir do mundo.

Entrar en teu reduto

sedento de amor

prende o fogo

que alumea o porvir do corazón.

O trasfego que sitúa o amencer

das verba escrita non dita

polo Pobo, por medo o alacrán

que rompe as vestiduras indignas.

Aine, acarunchar as vertentes,

cunha gota de auga seduce a sede

do territorio que chora liberdade

entre as areas perdidas da vida.

Encantamento

mércores 17 maio 2017

Vexo unha boina

sobre teu cabelo esmeraldo

onde a igualdade substantiva

subjaze sobre o tormento namorado.

Deposito sobre o recuncho

das cidadáns de xénero

que coa solidariedade humana

expoño o concepto heterosexista.

No escenario da humildade

no congreso dos visitadores acusadores

con pensamentos de garabata

transforman o solo, do ego.

Os obstáculos impostos por réximes

acompañados de falla de hixiénicos

papeis esgotados por familias

que están descompostas de billetes.

Todos pensamos o mesmo

no entorno do mundo

na conciencia de xénero

diría teu clítoris é teu.

Aine, hai un sentido económico

que non pensa no sentido famento

porque che regala un caramelo

pra que dulcifiques os sentidos, e non pensemos.

Polución

luns 08 maio 2017

Escórrome polos labirintos

do palacio que ninguneaban

as dores dos escravos e sostiñan

a plebe cos seus cantos de traballo.

Envolvo as bagoas

entre tinaxas sufridas

que con súas mans de vida

alimentaban as criaturas que non rían.

Os pes ennegrecidos das pisadas

furtivas, que sobre camiños

aleatorios, agochábanse

na penumbra dos silencios.

Os pertinentes balanceos

que asexan o mundo que temos

encobren pasadas historias

que impiden o rexurdimento moderno.

Pobos almacenados de sabedoría,

intelixencia, e cordura

acarúnchanse as mentes

chupando as neuronas esquecidas.

Aine, o sol que nutre

de cor os destinos

enraizados na terra

algún día afloraran coma teu amor.

Cravos

martes 25 abril 2017

Non toleramos incongruencias

cós virtuosos impregnan

en bater as ás apagadas

pola sedución da envexa.

Renunciar a un soño

que deriva nun eu humano

que proe nas verbas

desequilibrios agochados no parágrafo.

Enredar con andares pausados

aluvións de pensamentos

que reflicten no día a día

os silencios que outorgan resistencias.

Almacenar en historias vividas

os logros alcanzados co suor

da sangue, produto da sicoses

líricas cás damas producían en poesía.

Enarborar as bandeiras pacificas,

emblemáticas da xuventude

perdida, polo desterro proposto

por sinistros cubatas adulterados.

Aine, cantan as sirenas

que adormecidas polos séculos

empezan a nesgar nas feridas

produto da delincuencia machista establecida.

lascivia

xoves 20 abril 2017

Adormecín a man

falando en solitario

unha noite de lúa chea

escoitando as túas verbas silenciosas.

Non discutía co frío

da noite nin coa resaca

da mañá, so esperaba

os soños que me ias contar.

Soa te podías atopar

non sei a verdade

so sei que me cantaba

as verbas que quería escoitar.

A noite me seducía

me tiña que perder

entre a lúa chea que miraba

e o sentir apagado dos dedos.

Tivemos minutos longos

estivemos separados no tempo

afloramos no inverno pasado

a luz que nos mira ó amencer.

Aine, que silencio nos tivo

o tempo entre as estrelas

adornadas polo mar que

flúe entre o teo corpo e meu soñar.

Inodoro

martes 11 abril 2017

Exceso de doses de morfina

vira por un corpo

que tradea as neuronas

do sexo viril indecoroso.

A liturxia emendada

por historias pagás

sedentas de carnaza

entre os vasallos adulterados.

Logaritmos enaltecidos de mentiras

que corroen as hienas

entre películas esbozadas

en maliciosos sucos de supervivencia.

Enraizadas mafias

que sérvense de gravatas

orquestradas de luces inaxeitadas

que traballan entre a escuridade da noite.

Opulentos retrocesos

acosan as verbas

dos diminutos poetas

que berran liberdade pra o planeta.

Aine, salaio en un tira

e afrouxa da crueldade que

subsiste nos conflitos cos que

xogan os magnates da despensa.

Republican

xoves 06 abril 2017

Chegas a un remanso

que envolve o Ulla

onde os destinos

enganan a vida.

O medo corroe,

os silencios,

alimentan a desidia

e aparecen as envexas.

Protexer os escarnios

reubicar a soidade ínfima

abaratar a fame cognitiva

e engordar de poesía a sabedoría.

Realzar a partida perdida

para que a vitoria non escureza

os anhelos que brilan

nos paisaxes naturais da mente.

Non nos afanemos en retrancas

que dividen os malos pensamentos

encubramos os lirios de grandeza

que é o Pobo con súa retranquiña allea.

Aine, a forza viral do entorno

que suplanta as mantas de abrigo,

rexeneradas por un oleoduto

de historias disparatadas deste mundo.

Reflexión

domingo 26 marzo 2017

Sentir as augas craras

có río enfila no viaxe

cá vida da

no seu paso natural.

Sentir cá terra pide

silencios nocturnos

cheos de recordos

que crecen entre esquecementos.

Ser a batuta que dirixe

os días aveludados de rochas

que blasfeman os camiños

de pisadas impostas.

Ser o amencer que desperta

dun sono, cá ledicia do día

abraza as mañas frías

e os pensamentos onerosos.

Nacer dunha memoria

que levita coreografías pensadas

en tugurios parolantes

que disfrazamos de melodías coloreadas.

Aine, percibo mensaxes

que engloban ós poetas do mundo

onde o sentir, o ser da existencia

nace entre as flores da subsistencia.

Espellismo

martes 21 marzo 2017

A noite foi longa

non sentín as sabanas

só o sofá que me anica

entre sonos, pra un despertar novo.

As novas que escoitaba

seducíanme no amencer

que algo esta pasando

dende un antes e un despois.

O tempo pasa a modiño

e ao mesmo corre

que non te decatas

cando te das conta outro día entra.

Escolles intres mentres pensas

neses días que non atormentan

os aranceis que lles poñen

a vida as hienas que asexan.

A flor que rego cada día coa mirada

espérate no meu corazón

coma as mañas tristes que son grises

e repuntan o día con ledicia.

Aine, vaste disipando no esquecemento

longos días de loita

que están no pensamento

e non me aburre o seguir soñando.

Eu, feminista

mércores 08 marzo 2017

Miro o mar

e véxote entre odas

cós sucos do barco

abren camiño cara a liberdade.

Miro a montaña

e vexo a soidade

de moitos ollos que berran

onde esta a felicidade.

Chove miudiño cara o miño

deixando o dominio da violencia

entre bastidores de papel

pra que o poder non sexa malévolo.

Vimos ó mundo a matarnos

ou escoitar a vida

con cada filosofía que nos

outorga nosa nai natureza.

Procreamos monstros de matar

cando a sinxeleza da vida

e subir o libido intelectual

pra diagnoses de conflictos que choran.

Aine e hora de

sorrirlle a vida ca nosa nai

nos deu pra que o ar circule

polas rutas dos sentimentos do amor.

Distracción

domingo 05 marzo 2017

Voto de tempo aquela noite

en que nos vestimos de auga,

que no recordo abrimos as comportas

da sabedoría pracenteira.

Vixiamos que non entorpeza

ese soño que na florencia

do pensamento percorre rúas amorosas

que desaparecen co amencer.

Ver chover dende abismos

que encarceran sabias verbas

desnutrindo os cores cá vida

sinte coa paixón de non enlouquecer.

No ocaso, a tristura morre

e embaza de cheiros

as leiras ca poesía

ofrece os corpos espidos.

O espello que difama

a luz da lúa

sinala os secretos

que en vida depositas nos pensamentos.

Aine, o cristal polo que te

adiviño nas horas de martirio

apocalíptico engloba este presente

e un futuro con novos tempos.

Abraiado

martes 28 febreiro 2017

Rematou o outono

e diría que empeza a primaveira

cando é inverno que chega, e peta a porta

e nós atopamos sós entre castañolas.

Un ano de tolemia

un ano de crecemento da temperatura

un ano de vidas que se foron

e deixan historias pra futuras xeracións.

Vaste do esquecemento

do esquecemento voltas

coma raíña das virtudes do amor

aplaudindo os silencios dos micrófonos despertos.

A loita é pacifica

entre a néboa e o día

matas por matar

co afán de esmiuzar as mentiras.

Si vés, é unha marabilla

si vou, sedúceme o mar da vida

entre ducias de cores

os versos deliberan poesía substantiva.

Aine, recollo unha morea de silencios

que me acaen no pensamento

e expulso, con, ou sen rimas

dende unha muralla que se abre a vida.

distorsión

domingo 19 febreiro 2017

Non chega o tempo

de vai frío nas montañas

vai calor nos vales

onde ouvea o lobo de fame.

Persuadir as amizades

que revelan encontros

de puro tramite

eloxian o bo facer do serán.

Retos deleznables que avanzan

por camiños de loucura

posicionan en elementos oblicuos

ó sistema varado polo destino.

Non falo entre os dentes

por que o que escoita

recibe compulsas, que os oídos

fan das letras puras diabruras.

Onde non chegar, Pobo Galego,

que amañeces con sonos esbirros

e pasa o día entre comiñas

de cando chove ou si neva non inverno.

Aine, nas mans dos obreiros

están as reliquias dos empresarios

que si aparafusan moito o traballo

as maquinas soas rompen o pactado.

Rosalía de Castro

martes 14 febreiro 2017

Da nada, xurdiu o amor,

da nada, falo con amor pra ti,

de nada, me perdo de amor no océano,

de nada, achega, unha mirada de amor.

Un abrazo amor

déixame soñar contigo

abrázame na distancia

e as gaitas sonen listas de amores.

Provoca o destino,

alumea o meu corazón

que ansía provocar praceres

que necesito do teu amar.

Realmente o teu olor

non me chega, non o percibo

no meu cerebro, en canto ese mar

adiviñe un sol de pensamentos.

Negra sombra circula

polo meu lar, coma unha

estatua movible que me acompaña

entre os escuros recunchos dos latidos.

Aine, Ver entre unha imaxe

que azouta nos meus sentimentos

unha flor que emana dos ollos,

que xurdan os mares do namoramento.

Silepse

sabado 11 febreiro 2017

Sentir, ser ó nacer

dicir, falar, coa propiedade

que emerxe do fondo do ar

que circula pola terra ceibe.

Discutir sen berrar, nin abraiar

só expoñendo ideas

sen tapuxos que revertan

na sociedade que non ten saudade, o tempo.

Abrandar as mentes que depositan

no seu ego, as formas cadradas

do negativismo, por non escoitar

mais ca conciencia cando difama.

Admiremos o paisaxe que fala

que describe a realidade do mundo

que transpira insán por coma lle

estamos dando ignorancia a vida.

Voltamos ó pasado por un intre

collamos a forza do árbore da sapiencia

recorramos camiños intransitables

e despexemos incógnitas intelixentes.

Aine, a parálises mental inculcada

de pequeno en forma de medos

enfróntanos sen sabelo a retos

que temos que superar con notas estacionais.

Silencios

luns 06 febreiro 2017

Non sentes a frauta?

si no arrollo a auga navega

polo leito da vida, que son

sonos que afondan na arquitectura.

Podemos distanciarnos entre os silencios

que nos falan os espellos

porén non nas reais cuestións

que nos unen, a victoria do amor.

No teu día sinalado

sinto unha retranca que me

embarga o non estar, asemade

me sinto coma si estivera.

Non estas soa

nin te apartes a un lado

que mergullando entre os recordos

vexo o poeta moi namorado.

Esquecín que falabas calada

porén cada vez que o mar mirabas

unha flor de poemas

sementaban entre as rochas o amor.

Aine,  De servir servirei

esa copa que levanto con agarimo

que no plano do cadro

se verta o amor esperado.

Tren de vida

sabado 04 febreiro 2017

Un día non moi lonxano

espertei dun sono e me vin

nunha praza berrando liberdade

e todo meu silencio se transformou en berrar.

Outro día saltei da cama

e me dixen basta xa

vestinme daquela maneira

e á rúa saín berrando si se pode.

Outro día mirei o meu arredor

e só escoitaba quenes son estes

que fan ruído nas rúas

e falan coma cregos.

Na lonxanía da distancia outro día

atopei uns anciáns que choraban

por que non chovía, avíanlle dito

que baixaba a luz e non foi verdade.

Hoxe síntome capacitado pra

ver unha luz baixo o túnel

que nos dirixa entre a néboa

e berrarlle os de enriba que estamos aquí.

Aine, demos a talla, cos nosos

erros, os nosos fillos saberán

ir corrixindo a amalgama de atrocidades

que nos obrigaron facer, por non ter sentidiño.

Tran,tran

sabado 28 xaneiro 2017

Estas ou non estas

neste mundo desfigurado

que te leva esmagar ó oprimido

poñendo muros sen sentidiño.

Agochas teus silencios defuntos

crendo que es un macho

dese pasado que turbiou a mente

dunhos pais que sufriron o teu egoísmo.

Despezaches  o ser humano feminino

situando nun segundo plano

a flor na que vibra o teu capullo

pra estrar polo oco do esquecemento.

Te cres o poder absoluto

pra asinar de panfletos

leis que distorsionan a natureza

onde un raio te pode esvaecer por inculto.

As túas sombras te va perseguir

coma os teus antecesores que se iran

pra tumba cos mortos que deixaron

por camiños desterrados do seu lar.

Aine, pasa-la noite as bubelas

entre os carballos nas noites

en que os emperadores sofren

diarreas na súa mente paiola.

néboa-xeada

domingo 22 xaneiro 2017

Sei que me escoitas

a o igual que che escoito,

debuxo un árbore na vida

e corrixo os erros que me entorpecen.

No pasado falabamos nas cantinas

xogabamos entre catro paredes

deixabades as mulleres na casa

e vertiades moito aceite.

Nomeabas os nomes en vano

describías longas noites de pedra

asexabas os silencios esvaecidos

e narrabas historias inenarrables.

Servías de fogo ao lume

abrigando por unha forza inexcusabel

dominabas o silabario da inxesta

que producía na moral o remordemento.

Escusas a parte, do esquecemento

que coruscaba entre loureiros negros

onde o procesamento de non dialogar

embrutece as lagoas do pensamento.

Aine, a comunicación que as odas

producen entre seres reais e imaxinarios

valoran o estado do amor

soltando frases entre os/as navegantes.

mundo líquido

sabado 14 xaneiro 2017

Anos levo falando

anos levo escoitando

anos divulgas túas sintonías

anos fago poemas que recollen o teu estado.

En poucos anos me embargaches

o tempo perdido entre as copas

que divagaba polo entusiasmo

do ser que balanceaba por coñecerte.

Entre silencios remataches

meu ego, de cando en vez escoitei

aquel ansia que tiñas cando a noite

se facía febre do arquetipo da túa posesión.

A empatía que serviu pra atoparnos

entre un verxel de flores

que recollía teus cabelos

en poses de medo que non amañados.

O teu corpo non se perde cos anos

o meu regulase co teu animo

só os días que flirtea do día

escórrense polas horas desenfreadas.

Aine, non volto a un onte

nin desmitifico un mañá novo

so ti emerxes a un futuro

onde os soños se fan efémeros.

Maquinas

venres 06 xaneiro 2017

A sociedade fundase nun manto

cando o andar pola rúa

mires pra onde mires

son maquinas....

Miramos pola ventá

dándolle refuxio a nosa vida

pechando a porta

pra sentir unha sociedade encuberta.

Facemos o amor entre néboas

que se esconden entre as maquinas

chegando a namorar o dito

!que corpo ten!, !que ollos ten!....

Temos un ego moi avanzado

na nosa forma de vida

que con un sinxelo toque

adozamos noso amor pola vida.

Andamos coma cegos ambulantes

porén sentimos estar xuntos,

xa que falamos en pensamentos

o que diriamos de verbas non escritas.

Aine, antes falabamos

pra natureza....

agora falamos de "estrelas"

estrelas que fan cine sen prensa.

Murolandia

domingo 25 decembro 2016

Escoito a muralla

que fala de ti

entre as verbas que din

que sabes resistir.

Lonxe na lonxanía

onde desemboca o río

que me levas ao abismo

sen estar non teu mundo.

Paseas polas rúas

sen esborrallar o empeño

de que non sofres por ti,

senón porque vivas por si.

No letargo do silencio

onde o mar fala de distancias

incorrixibles ante os pensamentos

que só os peces entenden.

As miradas que cada pedra

falsea na súa posición sobre

os pés que pisan as mañas enlouquecidas

en térrenos lamacentos de espera.

Aine, non divulgues sentimentos

que teñan morriña en silencio

sabendo ca pincelada dos artistas

afloran os recursos da existencia.

Racistas

domingo 18 decembro 2016

Quixera ver sexo

nas túas verbas

sen pensar

no carallo.

Quixera  ver

as flores

nos teus peitos

e non sentir os senos.

Quixera ver os animais

correr pola selva

e non sentir, mais que sentir

que me traduces a vida.

Quixera volver  

ao ovario

pra estudiar o porqué

te tratamos coma “miseria”.

Quixera calar a miña

mente que me fixo

crer ser, o ca sociedade

me obrigou, a non pensar en muller.

Aine, desculpo a miña intelixencia

que non soubo derrogar

un antes

poren sobrevive ó futuro certo.

Machistas

domingo 11 decembro 2016

Podedes facer muros

que separen a discordia

co mundo saberá diferenciar

a realidade dos obscenos.

Podedes regalar caramelos

ós nenos enganando que son

ouro eterno, que sempre abra

un que troque o pensamento.

Podedes formar guerras

en nome da liberdade

que so vosa conciencia sufrirá

os desequilibrios do estado natural.

Podedes finxir que chegamos

a lúa ou vamos chegar a marte

si realmente ignorades a verdade

de coma se comporta a natureza.

Podedes matar a literatura

o cine o teatro etc. coa ignorancia,

que sempre resucitará á vida

dun poet@ ca volva a escribir.

Aine, tomando unha éstrella Galicia

entoo sistemas resgardados

polas sílabas cós poetas describen

no corazón dunha musa invisíbel.

Doñana

martes 06 decembro 2016

Falades pra

o futuro da humanidade?

ou mentides coma cosacos

co só afán, da soberbia, o poder....

Fálame de que serviu

pechar as portas da verdade

pra pisar con ignorantes verbas

a saúde do Pobo que pide dignidade.

Nalgún lugar verteran verbas

se sentidiño que ordenadas

polo demiúrgo farán frases

que inxecten un novo vivir sen muros.

Atino chegar a razón

que busca unha verdade

sen ataduras das mentiras

que se cocen polos políticos de usura.

Todo corpo opulento

enraizado nunha mente perversa

desenrola lucubracións

que salienta co seu pensamento.

Aine, restablecer os silencios

pasados, deixando na historia,

e proclamar pra o futuro

conciencias que miren polo ben do planeta.

guitarra

mércores 30 novembro 2016

O subconsciente me di

ca telepatía que se albisca

polo mundo non impregna

nosa mente de dislates profundos.

En troco vives no anonimato

do meu destino

cando te busco con afán

entre os camiños que non miro.

Me despistaches entre o tempo

e fusco e lusco ata que entre

os silencios das aureolas

recordei que Galicia e mas co mundo.

Deposito meus dedos

no mar de extramuros

que sobre teu corpo agochado

o universo se fai pequeno.

Os salucos cas verbas

salpican entre os dentes

precisan de unha lingua

que acicale toda frase no poema.

Aine, ves, vas, veñen

os antros descosidos nos sonos

e desembocas no mar coma

as solitarias noites amadas.

Ata Sempre....

luns 28 novembro 2016

Non te choro

aínda que choro,

non noto túa perda

aínda que experimento un gran oco.

Os tempos pasados

foron moi duros

a loita foi día a día

e os silencios xa foron esquecidos.

As barbas enchíanse

de tolas verbas co mundo

as entendían coma falacias

que se voltaban en si ideas preconcibidas.

No esquezo o que aprendín

do Pobo que amaches e ensinaches

a dicirlle o mundo, que non erades perdedores

senón gañadores do sentir de moitos Pobos.

Hoxe non che choro

mais ca os que choro, perdidos

en batallas ou de familia-amizades

que a eles lles dedico esta poesía.

Aine, cando alguén de vai

nos quedamos co recordo en vida

polo que o sentir das súas ideas

vense plasmadas no Pobo que algún día o visita.

Fusa

mércores 23 novembro 2016

Nun mundo de fantasía

lévaste na palma da man

o libro da ousadía, onde o

nervio das letras fan poesía.

No armazón co que vistes

túa filosofía, leo na cara

as poses que teu corpo deposita

sobre a branca area da vida.

Os sonos me espertan

entre raios de sabedoría

que adozan a mente

con correrías de blasfemias impúdicas.

Do río circula a sangue

que envolve de desaires

baixadas por posicións ecuánimes

alimentando de fogos eternos.

Os críticos intres fortalécense

en pensamentos, que co barullo

de tantas voces disípanse

en belos relatos de amor encerellado.

Aine, o logro co que os movementos

nos ensinan a pensar

so días que circulan

entre rúas falantes de feira.

Tambor

mércores 16 novembro 2016

Remexo o café

mentres visto de seda

os pensamentos que me levan

a ti,ca  forza do entendemento.

Suspiro a enerxía

da vida, có afán

que me produce

bicarte entre sonos.

O corazón se revitaliza

en lares agochados pola ira

ou en paisaxes postos polo belo,

onde es ti unha flor de encantamento.

Pola raíz do tempo

mesturo a mirada entre

ollos que diviso e non te atopo

entre os vaivéns que lle dou ao dedo.

Absorbes toda enerxía

na distancia, manifestándote

no meu cerebelo coma unha ninfa

que te lee en poesía, o verbo do mar.

Aine, a razón do poder estar

e non te ver, e de verte e non ser

o parabrisas da vida

que engule noso amor en feitos.

Fol

mércores 09 novembro 2016

É o amor que chama

as bisagras rotas

non existe porta

que amaine o libido.

Entrelazadas os destinos

corrompemos os delirios

secuestramos os poderíos

e damos luz ós sentidiños.

Enxalzamos os ollos

nocturnos, que alumean

as estrelas cando o mar

da túa soidade pensa.

Enfilando o sono

que en sabanas escorregadizas

acazapábanse entre almofadóns

persistentes unha tolemia viva.

Túas mans abrazaban

os remontes sobre os pés

que pesaban douradas follas

co outono coloreaba de morbo.

Aine, a distancia entre puntos

son círculos de amor

que unidos polo xemidos

buscan aluvións de silencios no corazón.

Tótem

domingo 06 novembro 2016

Miserables, os que dades paos

ós que sofren co seu

traballo ou non,

e reciben ouleadas de insultos.

Miserables, aqueles que usan

verbas opacas

que pensan co sol

podelo coller coas mans.

Miserables, os rastreiros

que opinando igual có amo

creen relixiosamente que

se fan un franco-favor ó seu ego.

Pobre é o que sen acritude

revoluciona seu ego

condicionando seu mundo

a que florezan flores no deserto.

O pobo non só é garabatas

tamén ai monos, batas, etc....

que están                 

coma as rochas no mar.

Aine, as conspiracións enredadas

có individuo suplanta no seu ego,

do querer ser ouro, na equivalencia

a deixar a terra incapacitada.

Tabú

mércores 02 novembro 2016

Superpostas os goces

da noite, en diluvianas

verbas, onde as mentiras

xurdan novas de escarnio.

Hoxe calamos con tristura

os remuíños dictatoriais

que nos inculcan, na senda

de hipócritas lendas acarunchadas.

Canto é mais fácil non escoitar

e seguir axeonllándose ante

un ser que difama, cuspe

e fai unha ferida no corazón.

A vergoña cun sinte

ante seu ego, que manipulan

e corrompen con sandeces,

desvirtúan a mirada ante a vida.

Ennegrecemos o branco dos ollos

por mor das bagoas que escondemos

e debuxamos de ira interior

os salaios dese mundo que chora.

Aine, vivir a vida se preocupacións

é o que os corruptores ensinan

pra que súas andainas polo furtivismo

non se aprecie nunha sociedade inculta.

Incultoloxía

luns 24 outubro 2016

Velaí anda o vento

encirrando o mar de alborada,

no só repenican os orizos

na recollida da castaña rapada.

A cultura do Pobo

mingua, sobre prantos cás

imaxes proxectan entre beizos

carnosos, que levitan mentiras indignas.

Dilapidar talento en doses

dunha copa, que verte no esófago

verbas inacabadas, provocando

a ira no linguaxe da liturxia falada.

Ponte no silencio cá noite

engule as estrelas, ca sinfonía

entre bastidores operan lúas

que rechaman as miradas enlatadas.

Singulares anécdotas discernían

nas verbas, entre mentiras andaba

os locuaces herdeiros da cruz

vociferando alaridos entre risas perversas.

Aine, buscar pra servir

e servir pra chorar,

a inocencia do pobre inculto

non se plasma nunha realidade rebelde.

Inconsciencia

mércores 19 outubro 2016

Camiñemos na oscuridade

ás odas do mar

que as mareas

nos levan a liberdade.

Andas entre oliveiras

que esparrámanse entre

rúas que soben e baixan

tapando historias ovaladas.

As verbas bifurcan regatos

formando frases que engrosan

derivas na mente debuxando

corazóns que seducen ó poeta.

Vamos seguir durmindo....

sen loitar polo saqueo

que infrinxen a terra

espertemos das fauces do amor.

Si o mar amaina

non deixa de dar vida

si a terra dorme

non deixa de dar o froito.

Aine, un futuro con mentiras

que nos eclosionan día a día,

ou un futuro con realidades

que compraceran nosa dignidade

Festa das festas

mércores 12 outubro 2016

Ai silencios que débense

falar nos pensamentos

e non escarranchalos

pola senda do enfrontamento.

Pretender chegar a lúa

sen arranxar o da terra

e falar de formigas

ou de gaivotas.

O mar é imprevisible

nos tamén,

as mareas amainan cada pouco,

porén seguen se parar.

Vencer o odio

e saber levar o intre

o estases da rabia

nunha Paz entre a mente.

Respectarse o respectar

meu ego, o teu, o del/a

é buscar unha igualdade

entre as distintas sociedades do mundo.

Aine, que xoven me sinto

cando o futuro se forxa

dende as bases, onde predominen

unha verdade, que so doa, as rochas.     

Mociña sirena

domingo 09 outubro 2016

Acabo de recibirte

meu amor no regazo do

sentimento

que escoito co pensamento.

Falas dun amor nocturno

que me mandas imaxes

que me chegan en forma

de corpo estructurado e belo.

Non sei, porén hoxe

non percibira un ar

que me trouxera novas

onde túa presencia fora viral.

Por votar de menos

uns fogos que alumearan

teu corpo nunha noite

de desenfreo emocional.

Alguén esqueceu o chamar

a porta do amor,

onde o xuntar de ledicia

percorrera nosos corpos silenciados.

Aine, a memoria que me

agudiza o estado no que

nos topamos, recórdame

que segues aí.

Roseira

venres 07 outubro 2016

Os dedos, encantan

a pel que acubilla

teu corpo en planos

que inculca o mirar.

Toda a relatividade

có iris desprende

entre distancias opacas

salpican o cerebelo de cóxegas.

O enfrontamento

cós ollos dirimen no

paisaxe, zumegan nos oídos

extasiando a mente humana.

!Vertebrar! os sentidiños

en intres dunha elección

que xurda dun elemento,

a forza da valentía reaccionaria.

Escatimar en erros                 

onde os sonos viran

por camiños pedregosos,

é sentir co Pobo crece.

Aine, os cores ca natureza

nos da, é beleza do mundo

que con só coidar dela

o amor florece en flores.

Irmáns

martes 04 outubro 2016

Non somos nós quen

poñemos os muros, nin

somos nós que destruímos

o productivo, senón ós que apoias.

non estamos tan distantes

na verdade, só que ti levas

o camiño do medo que eu tiven,

e agora florecín coma o alba.

Esperta irmán e non mires

pra o chan, levanta os ollos

mira teu redor e berra liberdade

pra este mundo que se quere desmembrar.

Os meus ollos falan de

silencios que vexo no interior

das gaivotas por onde van

e non é moi adulado ese mirar pra atrás.

O solo co día nos da

ao levantar, nos di ca razón

esta en mirar con decasílabos,

cós fill@s non van ter plan.

Aine, o mundo do irmán non é

só o seu recuncho, senón

mirar os silencios que nas rúas

vértense entre miradas frías e de tristura.

Marexadas

venres 23 setembro 2016

Porque o limite de escribir

nunha liberdade que transcenda

a costas dun poder corrupto

da ás de crecer sen abafar o mundo.

Arelo chegar o dominio das verbas

que involúcrense no Pobo

pra que cando necesite subscribir

ca fame deturpa os corpos, pódese sobrevivir.

A luz coa que vertebran as mentes

os silencios por medo a opinións

que degoiran verter sobre o Pobo

as bandurras que citan prensa innobre.

Nosa sabedoría esta trocada

por non dignificar os soños

que embalantonan o poder, do sufrimento

pra abrollar destinos co Pobo desexa.

Valorar co Pobo arrepaña os alaridos

cos de traxe inculcan directrices

que lle fan crer que son soberbiamente

intocables ante os ouveos dos lobos.

Aine, o vento suca os mares

onde as mareas mobilízanse con acritudes

que o Pobo resposta coas miras

dun futuro enriquecedor pra o mundo.

Mareas Vivas

xoves 22 setembro 2016

Interminables cóxegas daría

sobre o corpo que palpita no teu

andar silencioso, porén ó mesmo

tempo xogas, cuns cabelos frondosos.

O libido infrinxido no intre

que depositas esa mirada que

esconde no teu ser, un viño sobre

os beizos que non se engurran ante o cristal.

O sono que nunha noite visitáchesme

entre as sabanas, emprendiches

unha forza sobre meu corpo

que espertei todo mollado entre laios.

Estas coma ausente

cando ó meu diáfano paso

suco os teus lares sen esquecer

co alento che delata entre papeis.

No orgasmo da ausencia dos corpos

copan as miradas cos sonos desvelan

as caricias que martirizas

con pegadas sobre mentes opostas.

Aine, os salaios, as risas

e os plaxiados corpos que se ven

de día, recórdame eses ollos

que miran as montañas e mares de Galicia.

Río miño

mércores 21 setembro 2016

Cánsome de tanta barbarie

que se desprende polo mundo

sen darlle unha saída a vida

pra remar xunt@s no barco do amor.

Cánsome de políticos que me

oprimen, e me exasperan os sonos

dese futuro, que temos saudade, sen partir

corazóns nos desertos desterrados.

Cánsame de votar, e que o

estatus na sociedade sexa un

delinquir contra o establecido

por falla de pensamentos estatísticos.

Síntome que frecuento o negativismo,

ca xente ten por medo a un positivismo

que emerxe do estatus do mundo

pra asentarse na mente dos pobres.

Ser un analfabeto que escribe

retóricas verbas nun mundo

de enxeñeiros que so miran pra

o billete do seu peto, débeda superimposta.

Aine, coma facer cos solitarios

destellos que se producen nos cerebelos

se fagan virais en terras

que por estupidez, vertebran silencios.

Mareas mortas

martes 20 setembro 2016

É hora de pasear

e mirarlle os ollos o futuro

e saber co traballo

virou de facto todo sentido.

As extensas mañas

oprimen de cando en vez

os paos que nos deron

a grella de sabuxos.

Querer dar agarimos

en compensación a anos escuros

que nos deron por vento

e agora queren remediar con bicos.

Os rebeldes sentimentos

é hora de que dea seu froito

se non nos deixamos levar

polo presente senón facer memoria.

Algo debe sentir

noso ego

si plasmamos en revolución

a papeleta que dignifica o noso.

Aine, non deixo de alucinar

nin entendo aqueles que critican

todo o ano e despois

fanlle a pelota a un presente-pasado.

Río Ulla

luns 19 setembro 2016

O descontrol entre ideas iguais

que queren impor cada un ó seu,

chega a unha conclusión que se cegan

e non se sabe cal prevalece.

Si todas únense

mirando pra un futuro

sen que acha egoísmos

o porvir será unha victoria.

As correntes emancipadas

da mente, escorren vultos

de sabedoría que chegan ó Pobo

debuxando verbas sobre o lenzo.

Todo éxito albiscase no pensamento

que cando soltas as verbas

non se dilúen co vento

porén viaxan nun indefinido tempo.

Plasmar nunha festa

as distintas versións ca música

nos ofrece nun pequeno espacio-tempo

ten que mirarse entre tod@s nun equilibrio.

Aine, non importa a disfunción

ca vida nos da, en aras da crises,

senón usamos a imaxinación

pra vencer o medo que nos impoñen.

Mar de alborada

xoves 15 setembro 2016

Quero non deixar de pensar

que vexo en cada viño, un sorbo

do teu manxar que anicase

no meu corpo coma unha flor de azar.

O destino non flúe coma as estrelas

do mar, cando entre fusco e lusco

mírote dende a lonxanía sobre

a imaxe que me fago no mar.

Nos teñen enredados

entre labirintos que non poden

descifrar mais que nas mans

do teu sono que é regar de fantasía.

A música que cada día escoito

non deixa de variar notas que

sofren no mediterráneo e que viramos

dende o atlántico a mar aberto, o saluco.

Si por patas correra ao encontro

que esmiuzamos en recordos

dende o mar que te mira

e o río que flúe cara ti.

Aine, non deixo de vertebrar

poesía sobre este mundo, que

se suicida por avaricia dos que

enchen de agarimos os baúis da desidia.

Ríos remexidos

mércores 14 setembro 2016

Non vamos a carón dun apocalipses

onde a terra parece xorda

e nos soltamos lastre

pra unha esperanza ceibe.

A semente que prantamos hoxe

crece pra un futuro

en que podamos soñar

entre bicos de veludo.

Oprimimos os do agro

con soldos baixos

mentres enriquecemos

os golfos que nin pra terra miran.

O vento desperdicia seu ar

polos minifundios galegos

despregando as súas ás

pra embelecer o teu corpo do silencio.

Non despexamos unha incógnita

que temos diante dos ollos

nos están consumindo de medo

pra violar as nosas conciencias.

Aine, voltar a un pasado

é o que pretenden por que non

buscan outra realidade mais ca

de empobrecemento do destino alleo.

mar de fondo

luns 12 setembro 2016

Miña musa e eu nos sentimos

cunha envexa do poder en sonos

porén a realidade nos di co mundo

non é noso senón da humanidade.

Miña musa e eu soñamos

co “capital” porén non ca avaricia

dos capitalistas que so pensan no seu

mundo sen contar cos vasallos cos manteñen.

Miña musa e eu adoramos

os cartos porén non pra que

se maten os veciños senón pra

convivencia dos irmáns sen afán de lucro.

Miña musa e eu non xogamos

a poñer muros de ignorancia

entre os Pobos pra podelos explotar

co afán da riqueza do señorío.

Miña musa e eu non derramamos

a sangue de Pobo pra diagnosticar

os silencios do humanos que gozan

vertendo holocaustos sobre o planeta.

Aine, amor, nos critican

nos difaman, nos silencian

asemade nunca porán subsistir

ao convencemento do amor por nosa terra.

Hortensia

mércores 31 agosto 2016

Dígoche miles de verbas

que realzan o amor que lle

procesamos a esta terra que amamos

porén despreocúpanos os sonos futuros.

So vexo túa imaxe, no meu iris

que fala doses de encantamento

que so os versos silenciosos

saben do cor do lenzo.

Estrullo os soños con voces

que falan entre paredes, que non

escoito, porén cando desperto

as luces acendese  co amor da noite.

O recuncho onde se agochan

os cadros que teñen historias

que percibimos cando os miramos

e non emitimos verbas senón silencios.

Non podo rematar ca vida

sexa dos soños, un real e outro

virtual que falan entre si coma

dous amantes que amanse a par.

Aine, que vulgar seriamos

si os bicos que nos damos polo vento

en imaxines, se volva virais

e non se diluían entre vellos papeis.

Flor de porcelana

martes 30 agosto 2016

Camiño a carón do mar,

escoito o asubío do Pobo

que berra que quere outro

ritmo de vida do seu estatus.

Camiño a carón do río,

adiviño que a xente lle falla

felicidade, que non demostra

síntese desafiuzado do sistema.

Camiño cara o monte,

os animais están trocando

pra a súa supervivencia, que ven

como esborrallamos o noso lar.

Camiño a carón dos camiños,

que retrotraen a súa andaina

co amor dun algo, que non chega

nun estado real porén chégalles no imaxinario.

Camiño cara os Pobos,

non vale enganar o ser

con mentiras que tod@s sabemos

asemade calamos por medo.

Aine, volvo a carón de ti

que sempre escoitas as verbas

que descifran os pensamentos

das sabias frases ca natureza dicta.

Lanterna china

luns 29 agosto 2016

Si a pesar de co mundo

se vire cara un estado

onde os nosos corazóns

se xunten co amor dos irmandiños.

Si a pesar de que as noites

se viren a carón dun cor de brotes

estrañados pola auga que emana

da túa suprema intelixencia.

Si a pesar de que a nosa espera

se fai longa por non cadrar

as luces que de cando en vez

fallan no regazo das catro paredes.

Si a pesar que nos horizontes se ve

saír a luz do sol, o amencer

desperta unha verba sobre a miña

mente que tempera nosas miradas.

Si a pesar que non nos vemos

e estamos entre obstáculos que

se poñen con so pisar a rúa e ver

o silencio co veciño adopta.

Aine, espertemos dese soño

que nos ata na oscuridade

e non nos deixa correr na diáspora

da vida pra sentir noso amor.

Garza branca

xoves 25 agosto 2016

Sentado me atopaba nas

penumbras da noite cando unha

luz acendeuse e a música empezou

a facer a festa co corpo pedía.

Non se depositaban, as miñas perseidas,

que oía dúas músicas que me falaban

sen saber onde atopaba os cores

ca noite depositaba sobre meu corpo.

Sentada mirando o mar que

me criou, mentres choraba a lúa

de que podía sobrevivir o holocausto

que me impoñía a vella ladaíña.

Vexo a lúa que escorre nos

loureiros co chan produce nas miras

dos verdes cores que o mundo

describe sobre as miradas dos tolos.

Despois de ser historia no retrete

que me escudei, no esquecemento

de salvar noites que describen

o parabéns da felicidade, por intres.

Aine, que posición toma nun intre

en que nos vemos e non falamos,

en troco, agora, sento teu corpo

no meu regazo, sen palpar túa alma.