Polución

luns 08 maio 2017

Escórrome polos labirintos

do palacio que ninguneaban

as dores dos escravos e sostiñan

a plebe cos seus cantos de traballo.

Envolvo as bagoas

entre tinaxas sufridas

que con súas mans de vida

alimentaban as criaturas que non rían.

Os pes ennegrecidos das pisadas

furtivas, que sobre camiños

aleatorios, agochábanse

na penumbra dos silencios.

Os pertinentes balanceos

que asexan o mundo que temos

encobren pasadas historias

que impiden o rexurdimento moderno.

Pobos almacenados de sabedoría,

intelixencia, e cordura

acarúnchanse as mentes

chupando as neuronas esquecidas.

Aine, o sol que nutre

de cor os destinos

enraizados na terra

algún día afloraran coma teu amor.