Ouro

domingo 18 xuño 2017

Server en verbas

os desequilibrios mentais

carrexados por diagnoses

técnicas das mentiras conxunturais.

Desterrar da sinopses

patriarcal imposta por culturas

enraizadas na altiveza enfermiza

sería un troco a un estado emerxente.

Inflar de cores os globos

que se somerxen nun ar contaminado

por unha industria que non valora

as consecuencias provocadas na terra.

Ensilar de doses alimentaria

estereotipos de falla de rigor

dos alardes nos andeis

impregnados de mafias que xogan co dor.

Non quero sustentar unha poesía

vertida na desvergoña do Pobo

que nos cría coma inhumanos,

senón nun amor por algo tan simple coma a vida.

Aine, as forzas brutas da natureza

non nos oprimen nas súas andainas

senón ca actitude egocéntrica nosa

facemos que derive nunhas náuseas retóricas.