Moedason

domingo 06 agosto 2017

Doume conta que neste mundo

o homo sapiens non desenrola

a capacidade da mente, a hora

de vestirse cada día pra triunfar.

Eu non vexo auga que cae

nin vexo o reloxo que marca o tempo

só vexo a diminución política

do colectivo que amaina na verdade escrita.

Encouzar os escraches ficticios

que depende do soño rasurado

polas partituras cá música nos

outorga, no son, especulativo da vida.

A vitoria do Pobo é dura,

escatiman a dignidade sufrida

nas épocas creadas polas crises

cós enganaban, ese sufrir, con mentiras.

As novas impostas, se non sabes

oílas, poñendo o énfases no punto

acabas defendendo o branco coma negro

e vaste durmir coma un día ninguneado de medo.

Aine, de que vale o amor transcrito

por poetas sedentos de Paz

se a hora de que te lean

os silencios non se fan virais.