Folla de lata

mércores 06 setembro 2017

O ar que flúe

require da vitalidade

co human lle impregna

a vencer o día as historias oídas.

A salubridade impostas

por séculos sobre razas

que foron asoballadas

por xentes que se rían das barbaridades.

O sor producido

entre artistas que narraban

as loucuras palpitantes

que depositaban nas tumbas as sinais.

As sombras esmoleiras

nos habitáculos mais inverosímiles

escudriñaban da historia

parcelas do poder que se repartían.

O holocausto persuasivo

da ignorancia do Pobo, por non

ser nin saber, eran discrepancias

entre xogos onde o poder gañábase ou perdíase.

Aine, a mobilidade aleatoria

disolta en partículas enxebres

zafase polo retrete coma

unha saude de xéneros inservibels.