MOITA DEMOCRACIA

domingo 01 outubro 2017

Escoito unha música relaxante

recórdame a auga da billa que bebía

e me sabía, hoxe descubrín coma

bebela e que me sepa á DEMOCRACIA.

Non sinto dores mais cós que vexo

nun día triste pra algúns e ledicia

pra o Pobo que se somerxeu

no mundo das adas escritas na fala.

Discorre pol-a miña mente

o sínteses dos negros escravos

que se usaron, coma forza de traballo, pra chegar

o meu pensamento e darlle unha liberdade absoluta.

Amor, sentir unha vergoña

dunha Espanha que tiñan

por grande, nun só día esborrallarse

todo tipo de liturxia cós séculos enfrontaron.

Amor, falar e falar dos soños

que todos escoitabamos dende a nenez

asubiamos entre un nocturnol que

deambula en liberdade pola natureza.

Aine, o sentir da memoria

e querer do teu Curazón

o amar das olas, e servir

e escoitarte entre bambolinas, ámote.