Mesura

luns 02 outubro 2017

Que feliz me sinto

duchándome a alta horas

pra asentir o enterro ecresial

que dominou o mundo entre bambolinas.

As liturxias que se leen

nos púlpitos xa non choran

ás paredes, pra que os que vaian

lles entre dores no pene.

Auga tibia mañaneira

desgrasa a pel do suor anterior,

có traballo saturado dos días

depositan partículas musicais de antano.

A preguiza avalaba distorsións

mentais, aos que se saian pol-a

tanxente, pra que os artistas se sentiran

todo ante a sociedade,  parabéns artistas.

Sigo na ducha gozando do amor

do meu amado, que inda que non está

si esta no recuncho do meu curazón

paseando pola chuvia de estrelas.

Aine, o vento cun día me falaba

pola rúa, mentres pensei que

me liberaba, dinme conta que sempre

me acompañou nos intres do teu amor.