Monarquia?

luns 09 outubro 2017

Dormen as raparigas

que nunha voda africana

soñan co seu amado, no

remanso do Ulla a veira do descanso.

Son fieis o seu destino

ao igual co seu amado

distribúen bicos o mundo

coma a auga chega os mares.

Tolean na penumbra da noite

con arbóreas musicais nos recintos

onde a sabia negra goza

das músicas da terra dos seus ancestros.

Os algoritmos se multiplican

nos silencios da noite amañecida

xuntándose de cores a festa

que envaíña gaitas nos pasarúas floridos.

Outras músicas daranse no tempo

onde as forzas naturais iran apoiando

o tempo, que con regulares melodías

disfrazan os verdes prados de columnas de ledicia.

Aine, temos sonos que conquistar

mais a fala dos poetas saberán poemar

as reliquias do futuro, terán que andar,

entre os cores democráticos co mundo percibe.