siso

xoves 30 novembro 2017

A man dereita agóchase

a man esquerda desperta

o corpo flúe entre as néboas

e o mundo navega entre correntes.

Os loros repiten e repiten

os Pobos escoitan entre silencios

os ouveos dos lobos

e as frases refrescantes dos paxaros.

As frores relinchan neste inverno

as cóxegas retrotraen populares xogos

que experimentan novas sensacións

a hora de elixir o teu cor no lenzo.

No troque de día pérdome no avituallamento

cando pra enriba despego

o tempo correspondese co alma

escrita que pase pola adiviñanza d@s poetas.

Os astros posicionanse dacordo

a doses de humanidade na que se

involucra a lúa e o sol, respectando

as tarefas diarias da natureza na terra.

Aine, que vulgar seriamos os humanos

cás atrocidades escritas do pasado

non se resolvan, pasado o desequilibrio

da xeada matinal, e desapareza o medo escénico.

Profes

martes 28 novembro 2017

De que vale facer unha historia

de grandes logros, de grandes dereitos,

de grandes loitas, se pasa o tempo

e realmente que consegues,dinamitar as ideas.

O servir con grandeza todo o poder

que outórgache o Pobo, histericamente

relatas o conto, o porvir do almacenamento

de ideas, recóllense pra o caixón que enraíce o tempo.

O medo a un pasado tormentoso

que desequilibraron ideais, postos por

inxeniosos intelectuais das materias,

rompen o cerco pra contentar obscenos delincuentes.

Achar na vida tropezóns, que se

divulgan con esmero, polas artimañas

dun estado, que pola súa soberbia encara

padecementos o Pobo, imprimíndolle medo.

As oligarquías debuxan mapas

sen importarlles o terreo no que os Pobos

agudizan seu inxenio, precarizan nos

mandos a mala praxes que de eles, veñen de vello.

Aine, non politizar a política en tempos

confusos, e deixar cós gobernantes apolitícenos

embargándonos en historias interminables

que non chegan a bo porto, por falla de empeño.

Meirás

domingo 26 novembro 2017

Que frustante ler sobre unha

guerra onde a indixencia dos pais pagámolas

os fill@s, onde só se escudaron nuns

silencios provocados por un exterminio.

Prodúceme algo no interior,

cós que mandan non lles importa

o Pobo, só lles importa a riqueza e destituír

o Pobo por números que sirvan o poder.

Cando as ideas matan os servizos

co Pobo fai coa natureza, co benestar

da sociedade, cos cultura, etc….,dos Pobos,

entón estanos matando a sobrevivir desta terra.

O curazón que sofre por todas

estas barbaridades, perante

séculos a humanidade non aprendeu

a vivir nunha Paz por culpa dos poderes fácticos.

A historia non podemos estar repetíndoa,

as novas xeracións, teñen que lograr un

mundo onde tod@s collamos, sen envexas entre

os pobos nin dominios sobre eles, porén irmanados.

Aine, o noso futuro coma o do mundo

ten que despertar desa ignorancia que

nos ten cativada polos medios que están as

ordes dos que buscan unha repetición da historia.

Campeón

venres 24 novembro 2017

Os intres de relaxación

envoltos nos alicerces da sabedoría,

espallados nos lugares íntimos

escanean unha vida digna.

Os avatares impostos en busca

de realidades atareadas por traballos

de gozo, perpetuados nunhas familias,

co servir non é padecer senón apreciar o rapikoque.

O valedor inscrito nos viaxes

que retrotraen culturas distintas

abren as mentes, posicións esculturais

cá hora dunha charla fan pensar na vida.

As ansias de perpetrar síntomas

de noites pracenteiras, embargadas

por tempos de ensoñación descubertos

polas morriñas vividas entre seres despertos.

A xuventude que trae novas formas,

que empeña seu destino na melloranza

de vidas paralelas, que non soltan lastre

pra deseñar algoritmos dunha natureza perfecta.

Aine, un pracer dos praceres atópanse

escoitando, dialogando entre comensais

que afloran de requeza paisaxística

pra que os poetas deseñemos un rapikoque futurista.

NOS

xoves 23 novembro 2017

A terra mesturada coa ledicia

nas sombras das bruxas, nas sombras

dos corvos, nos prantos das tabernas

sufocan vinagre no viño.

Moven os peóns polo mundo

porque é man de obra barata

que deixan a súa pel, polo suor,

nun anaco de pan, pra verter silencios.

A arrogancia dos pais, pra ter fill@s

pra que a Patria rexurdira polas matanzas

entre irmáns, que foron colocando

polas cunetas pra que o medo exista.

O sangue derramado na historia

das civilizacións, terá que repararse

no intre en que unha sociedade adulta

sepa recoñecer o mal feito a vida de moitos Pobos.

A sínteses da raza paria

non existe mais cá nas mentes catetas

que pola falla de educación, basean

súas historias no adotrinamento ecresial.

Aine, de que serve ver coma chora

o mundo vendo catástrofes, guerras, etc….

si despois apoiamos aos que provocan de todo,

con tal de que seu poderes sexa absoluto.

Lezo

mércores 22 novembro 2017

Esquecín o que dixen ,

calei, despois falei da verdade

non mentín, agora simpremente

fago o que din, ao Pobo non darlle dignidade.

Están nunha cela escura

que queren saír a luz do día

porén síntese prisioneiros da verba onde o

pensamento salta obstáculos pra esquivar verdades.

As alertas de sunami na mente

polo medo de perder o poder

analiza en partículas neuronaís

os silencios ca almofada agocha e enturba a soedade.

Unha vez que estas nos suburbios

dos poderosos que te alimentan con todo

tipo de mañas, pra atarte nun futuro,

no caso, que queiras voar, sen contar con eles.

Os seus espíritos alcanzan un medo

escénico, a hora de actuar por se mesmo

por que o lixo ao xuntarse, xa non

se sabe quen era o referente, de seguilo.

Aine, non caias na tentación dos que

queren lavar a roupa, na auga contaminada

que antes eles mesmos ensuciaron, e agora

queren enrolarte pra que ti tamén o podas facer.

GURTEL

luns 20 novembro 2017

O xénero especifico que o lubre

argalla, o pasado do tempo, co

presente de cando nos miramos un día

e non volvemos, porén as imaxes recórdanos.

Estabades parados por que vos

sentiades realizados, porén non vos

escoitabades, que facían de vos as

animalias do estado, sen darvos conta.

Si vos volvedes ao tempo pasado

e mirades o que erades naquela época

e vedes o que sodes agora non dades

crédito, son vosos fill@s o realismo.

Non entorpezades a realidade dos que

nos preceden, porque nos somos

almas dun pasado escuro dun silencio

que nos enturbou  un pasado agochado.

Deixemos có futuro non sexa o noso

ego, senón o da xuventude, que non cre

nunha patria guerreira, senón nunha

patria pacifica, sen envexas entre os Pobos.

Aine, deixo nas túas mans

os silencios ocultos que tiveron nosos

devanceiros, e me uno a ti, cun rapikoque

que non silencia un futuro, senón co canta, a liberdade.

A manada

xoves 16 novembro 2017

Entrar no recinto dos secuaces

enganados por homes que cren

nos solitarios con trampas, cando

chegas dáste conta que todo é unha parafernalia.

Adultos homes disfrazados

dun negro avatar que baixo

o seu manto machista, danlle

a volta a violada, coma si fora a vítima.

Sentir a curiosidade de coma

ameazan ao Pobo, poñendo na

orbita deste, o medo pasado polas

guerras e fame negra, porén eles non padecían.

Escuálidos intres, atormentan

as cadeiras, dos que agochados

na Democracia, disparan

ladaíñas coma nos mellores tempos pasados.

Adozar os curazóns, con tempos

que vivimos, onde a loita por unha

vida digna, non se pode agochar nos

silencios do medo, senón na apoloxía da liberdade.

Aine, gozar da masturbación

entre soños emprendidos pola lúa

que aluma os curazóns opostos

a imaxes que envolven os pensamentos.

músicas

mércores 15 novembro 2017

Calzar a vida nun soño

no que o rapikoque fixo

deseño dun paisaxe multicolor

acendido polo lume da paixón.

Mirarte os ollos, e afianzar

o saber da chuvia meniña

onde as bagoas de franqueza

esperan o retorno da amada.

Equivocarse de paixón

nun cruce de devotas amadas

o sono se fai monxe

escorregadizo polas sabas.

Na tolemia de abastecer

de fame os curazóns

achégoche en nome da sabia

das verbas, mil razóns de rapikoques.

A distancia parafrasea lugares

incógnitos, que se agochan nas

realidades pactadas nos silencios

aqueles días de montañas negras no deserto.

Aine, os motivos de ensamblar

as razóns cá vida outorga sentimentos

impostos por ditaduras do homes,

lévame a crer que somos outros.

Aurresku

martes 14 novembro 2017

Nostalxia, melancolía, frases

atormentadas, libros decapitados

bateres poéticos, noites escuras,

días silenciosos, economía que nos arruína.

Praceres ocultos, silabas varadas

no tempo, amenceres descubertos

de labias petrificadas nas montañas,

sol que abrasa a mente human.

Choreras esquecidas, ditaduras

ensambladas na Espanha do cáñamo,

flores que estrullan a escola, con

coitelos que rachan o idioma da casa.

Atardeceres que se visten de animalias

desprovistas de luces que agochan

os ollos latifundios, que se volven

rancorosos ante o Pobo, que lle deu a verba.

Salubridade nas cousas aliñadas,

compromisos adulterados por fatigas

de tanto encher o peto, chufóns

que serven, para non servir mais cós silencios.

Aine, planificar a mesura

que lle infrinxen ao cidadán,

nos leva a pensar, nunca mellor

pra traspasar os sons a realidade.

Sardana

luns 13 novembro 2017

Cando as ideas esvaian

cando as ideas son xordas

cando a vista non alcanza o horizonte

certa política sofre e se queda coxa.

Da penumbra recollo vocábulos

que na realidade fornece alerxias

a que escoitan ramais provistos das voces

de mando que aturulan os pensamentos.

Perdurar con algoritmos pasados

por vellas historias, descritas

por antigos pensadores, sen darlle

luz os novos sistemas propostos agora.

Afianzarse en poltronas tapando

corruptelas que significan fame

pra os pobres, e riqueza pra  os que

din chamarse do sistema, ¿cal sistema?.

Encarecer os produtos, baixar os

salarios, aumentar as débedas,

ganancia duns que salpican

coa ignorancia do Pobo, os paraísos proscritos.

Aine, falla a verdade, de quen

engana con mentiras, verdades a medias

que nunca se cumpren, porén si

se escoitan entre os parladoiros do Pobo.

Muiñeira

domingo 12 novembro 2017

Que é o nacionalismo pra min?

me teño feito moitas veces esta

pregunta, se nunca ter unha resposta

exacta, mais ben inexacta.

Por que si miro pra o estado, vexo

un nacionalismo que non flúe polas

miñas veas, sinxelamente me parece

un ignorante que non ve mais co que quere ver.

“A su ancha es castilla” esquecen que

sinalar a tod@s por un igual, non pode ser

porque hai Pobos que teñen outros sentimentos

que inda que estamos aí, non nos representan.

Aceptamos unhas regras de xogo establecidas

por séculos, co único que nos leva sempre

é a enfrontamentos perdurables no tempo

ao cal cada vez que se busca unha solución, dilapidase.

Si o estado non fai cás nacións que existen

se vexan coas bandeiras dos Pobos, arranxando,

ca prepotencia non vai en ningún barco

mais ben pecha fronteiras, e provocan tormentas.

Aine, deduzo que este nacionalismo

non é o meu, porque enturba a habitabilidade

entre os Pobos, que son irmáns, e desorienta

un aguia, rompendo un consenso co so un afán de poder.

rocanrol

sabado 11 novembro 2017

Peza a peza vaise construíndo

ideas, ideas van construíndo

familias, familias van construíndo

sociedades, e estas constrúen o mundo.

A cegueira impregnada en mentes

catetas, ignorantes, deles que blasfeman

sobre o espello da súa vida

e se posicionan nunha violencia enquistada.

O sentido do ridículo, cás veces

nos sentimos por saber calar

nos intres, onde deberíamos falar

có sentir dos Pobos é mais austero cás mentiras.

Un aguia atusma a vítima

ao lonxe, porén só cando a fame

aperta, o home asexa a luxuria

inda que estea cheo, farto de glosinas.

Os traxes que usan algúns

escondese na burocracia mais

adiñeirada, pra chamar necios parasitos

aos obreiros que lles dan súas ganancias.

Aine, rapikoque, estas sociedades

non son o futuro polo que loitamos dende o

coñecemento artístico, somos mais pragmáticos

que todo isto que impoñen os de guante branco.

Salsa Cubana

venres 10 novembro 2017

Un bailarín baila ao son

de calquer música, non obstante

sitúa seus movementos tecendo

no seu corpo verbas poéticas organizadas.

O pintor busca as siluetas

disfrazadas de cores, onde súas

mans van dando pinceladas segundo

a alimentación no mundo, asegura un porvir.

Non teño na despensa manxares

exquisitos, que me produzan a satisfacción

de erradicar a fame que poda ter,

entón manteño o corpo con delicias que poda obter.

Están xogando co sistema alimentario

pra oprimir o Pobo, pra encouzalo ao

seu redíl, un trouzo de pan xa non só

alimenta, senón que lles da pracer a economía.

O capitalismo non busca dar de

comer ao famento, senón esprémeo

pra que produza pra nos, que vivimos

nunha burbulla de tóxicos, postos no gozo.

Aine, o pracer dunha comida nunha

xuntanza cos amig@s, non quita de

cando en vez miremos pra outro lado

e miremos a realidade dos que están no mundo.

Nais

mércores 08 novembro 2017

Levántome cun sono de rareza

inverosímil, depositar a confianza

nunha Patria que non existe, so podemos

vela a ollos dos narradores de historia.

Amanecin desperto dunha noite corta

as bolsas estaban nun intre de incerteza

que amolaba días negros e días grises

mentres o Pobo pasmado dixería columnas lexitimas.

Envolvín a mirada nos papeis obrigado

pola dubida, de coma se engana

o Pobo con difamacións e mentiras

que logo repercute no andar diario de cada quen.

Salvar algo que defendiamos tod@s

coma era unha Europa unida, onde

non valía todo, senón era DEMOCRATICA,

vémonos enzofaudos nunha economía  a hileriana.

Pensaba eu mentres tomaba un café

coma pode ser ca economía dos países

esvaece as vidas humáns coma si fora

lixo que cada día se tira ao contenedor.

Aine, o poder da corrupción non ten

limites, cando se atacan as estruturas

dos seus órganos, son feras de presa

que comen si fai falla a prea, con tal de facer un €.

QUE PASE XA

luns 06 novembro 2017

Coma se debe ou se pode desparramar

información, cando afecta directamente

ao Pobo, non obstante os gobernos de quenda

fan oídos xordos, desvirtuando os dereitos da mesma.

Non aplaudo nin deixo de aplaudir

medios que saturan a información

co único obxectivo dos réditos, mais

ben é desinformación a carta con sopa de letras.

Revolver todo o que din uns

e o que din outros, e necesitar

moito entusiasmo por novas, que

despois se desinchan no paso do tempo.

Grandes artistas buscan cadros perfectos,

ou poemas, ou esculturas, libros, etc….

non obstante non fan sempre a mesma obra senón

“dilapidan a feita”, e se poñen a outra.

Diríxenos segundo nos ou lles conveñan

experimentan con formas copiadas, que si

ven que dormen o persoal, continua séculos,

senón troco, e probemos outra durmidera.

Aine, as persoas de idade, transcritas

ao seu sofá, “escoitan, e ven”, e despois

pensan, mañá volvo levantarme e só vexo o

mundo pasar, e nosos fill@s e net@s que será deles.

aliñar

domingo 05 novembro 2017

Non permitíchesme chegar  o teu

recuncho, sen antes pasar por unha

dose de humildade ante os soños que

falan de teu rapikoque de cara a dignidade.

O estar desperto falamos coma laretas

ao estar durmido vemos imaxes cunhas

veces son sobrias e outras descontrolan

a razón, sen saber o porque da vida.

O gozar que me produce a pensar

na silueta que camiña polo fondo de

mar agreste, que deposita nos teus ollos

os meus pensamentos en forma de cores antepostos.

Arranxar descosidos perpetrados

por adultos que lles importa un

carallo que o mundo funcione coma si as armas

foran o seu pasatempos, que parasitos mentais.

Non poñer un cerco invisíbel

a vida, é deteriorar o rapikoque

cá afluencia do Pobo, non pode estar

alimentando, si non se impregna de saude.

Aine, discutir cousas entre nos

e rubirse o pracer de aliñar os astros

que afloran entre aldeas virais, que nos

corrixen cando voltamos a un pasado incorrecto.

!Llibertat, ¿DDHH?

venres 03 novembro 2017

Engurrar as verbas

en descomposición das  que

entoban os mecanismos do sistema, provocando

alaridos de grandeza de quen os supera.

A metamorfoses padecida perante

séculos, permite as sociedades

desenrolar fortes diagnoses de rapikoque

que antano se vían amordazadas polo deus.

Os avatares dunha loita pacifica

en tempos de descontrol human,

que por perder túa afouteza

non cede paso a honorables damas futuristas.

Os soños virais cun ser atopa

no relanzo da simbioses dunha almofada

supera con creces o día a día

dun sistema corroído que flota nos loureiros.

A ecolóxica vida levada a cabo

por albaneis da natureza

recrean no mundo cores diversos

que nas mentes a veces albiscan defectos.

Aine, poñer a voar o futuro coas

verbas poéticas de cada un de nos

é ensamblar as miradas que falan nos

curazóns coma utopía adscrita ao rapikoque.

feirantes

mércores 01 novembro 2017

Pequenas cousas que se fan

si os ingredintes son bos coas

mans cós utilizan non perden

detalle, o mundo avanza sen pararse.

O saber escoitar tanto o opositor

coma o mestre que dirixe a batuta é estar

aprendendo, cá vida non só é fútbol, esmorga,

prostitución, senón tamén imaxinación futurista.

Coidar de nos mesmos, coma coidar

dos demais, axiliza a mente a pensar

que non estamos neste mundo pra destruír,

porque se destruímos noso fogar, quen fai o caldo.

Non teñamos medo aos trocos

teñamos medo aos de pensamento único

xa que só se ven en si, o rabaño non sae

só a pasta, por medo a que dirán.

Cando a comida esta moi quente

baixemos o lume, un pouco de auga fría

e todos os pensamentos mestúranse,

e o sabor da vida non amarga, senón da enerxía.

Aine, repoñamos o tempo pouco a pouco

a natureza ten súas leis, que non é envexa,

coma a human, refusemos dos ignorantes e escuros

que son os que fan política dende o púlpito.

Xaora

martes 31 outubro 2017

Confundido atopábame por

non distinguir as verbas que

me alertabas dos sinónimos

que me mandabas por correo virtual.

Estabas no certo da espera,

que sempre se espera cando a dita e boa,

falan historias que entendían co curazón

chorou pra que o rapikoque fale.

Os cores me blasfemaban con verbas

escuras sobre o lenzo que depositaba

o sentir do rapikoque sobre unha

escultura que emanaba vida, sobre min.

Era esa praia onde a imaxe

se fixo escultura que encheu o

curazón de alma sedutora, onde os ollos

viron todos os cadros expostos ata o de agora.

Os sonos indultados polo Pobo

onde o rapikoque floreceu coma nunca,

antes entenrecera miña mira silenciosa

sobre o mar de sabrosura que aplana meu sentir.

Aine, esperando co sono o fagas

realidade, o Pobo xa falou dos sentimentos

que ambos descubrimos en noites aciagas,

x pensamentos diúrnos, e viaxes produtivos.

pirófitas

luns 30 outubro 2017

Troco horario ao despertar e

trocáronme a forma dos pensamentos,

acostumado a unha ducha rápida,

agora sinto co tempo e enerxía non dan crédito.

Avalar retóricas impostas

polos testamenteiros que dignifican

o teu futuro, co traballo explotado

significa un esgotamento ao análises periodístico.

Empoar certas fraccións

de tempo perdido, por non

dar respostas rápidas, o diagnostico

sempre remata en malos ouleos.

Un vaso de auga

no intre preciso, apaga a sede

de quen necesita volume

de audio pra recoñecer o escrito.

O sal da colorido

os manxares levados a boca

con inocentes verbas, acordamos

chegar o futuro con versos adscritos.

Aine, rapikoque, os montes

non se queiman sen a man do home

que non ten delicadeza de aprender

e falar coa natureza pra saber cando quere fumar.

militares

domingo 29 outubro 2017

A natureza necesita de nos

e nos que facemos pra que o troco

non sexa brusco, formamos guerras

onde vos matades a troco de que.

Sería moi bonito si defendéramos

unha Patria onde buscaramos a realidade

das mentiras que nos fan ver, se non fora que

seguimos facendo o mesmo sen resolver nada.

A conxuntura actual non é chegar o mundo

coas ás cortadas, nin coa terra esnaquizada

si os fill@s atópanse cunha vida de miseria,

que se vai reafirmando co paso do tempo.

Si o cor que se leva non traxe

non repercute na mente curada

de quen o leva, ¿Qué seguridade existe?,

o que buscan é rematar co 50% da Poboación.

Quen son o 50% pensemos que por un lado

son follas caídas , que están nos papeis,

as respostas están na súa mente, os asubío do

rapikoque ten que encher os curazóns dunha Paz futuríbel.

Aine, empuxemos con esta forza feminina

aos grandes pensamentos do Pobo pra o que

é unha guerra non sexa guerra,

e o que é unha Paz sexa unha PAZ sen miras.

avogad@s

xoves 26 outubro 2017

Enfrascarse nunha realidade virtual

ca morea encuberta polos destinos

que míranse nos silencios impostos

en pratos recheos de sabia aliñada de cores.

A maña que lle damos a vida sen ter

que usar a forza, pra dominar

o león parasito, que encuberto no descanso

se regocixa na herba esperando o tempo pasar.

Empobrecer o rico pola súa soberbia

de debuxar con envexa, todo un mundo

de calamidades, onde o Pobo con sentimentos

esnaquizados alimentan un deus inexistente.

Pasar a englobar nun mundo máxico

a irritación pasada de virulentas enfermidades

axeitábanse entre bastidores negros

a polémica sobre a nudez da verba escrita.

Sonos, sonos son realidades adscritas

os poetas que amansamos con verbas

suscitadas de pensamentos axenos, marabillas

pra inculcar con poesía un futuro certo.

Aine, alimentemos os curazóns do porvir,

que nos aplaudan as flores os días felices,

ca fama non corrompa os silencios das

introdutoras verbas co rapikoque deposita nos mares.

camareiras

martes 24 outubro 2017

Traballar onde os homes

foi a trincheira do mundo

onde se xogaba a honradez escrita

non falada, era un reto non escrito.

Recordo un día que te enfadaches

sen saber eu o porque, hoxe figúrome

que algúns dos que alí estaban, te

diagnosticaron que eras muller.

Fun vendo ao longo dos anos

cas ovellas so ían onde unha beleza

atopábase en certos sitios de falcatruadas

pra ver que se levaban o premio de rapikocala.

Non daba crédito, nin dou crédito

que no século XXI, sígase diagnosticando

as camareiras, coma señoritas de mala

reputación que traballan de sol a sol.

Eu míroas con simpatía, admiro súa

beleza, e cálome do desatino de quenes poidan

ridiculizar esta profesión, sempre as mirei

coma cando eu exercín a profesión, con ilusión.

Aine, que che vou dicir que ti non sepas,

os homes machistas crense, que cando ven

unha muller detrás dunha barra de bar, teñen dereito

de pernada, a ignorancia sempre foi un atrevemento.

clara cultura

domingo 22 outubro 2017

Saquen á letra a música

saquen á música a letra

escoiten todo xunto e verán

que lle fala nun idioma entendíbel.

Agora escoiten os silencios

da música e escoiten os silencios

da natureza e verán que oen

os cantares da noite nos seus sonos.

Vexan un cadro co marco posto

diralles unha cousa que foi historia,

agora vexan un cadro sen marco

diralles o que o pintor realizou na obra.

Toquemos a guitarra, o piano, etc….,

unhas veces nos farán chorar

sen bagoas, outras nos farán bailar

todo son expresións co artista, fala.

Miremos o nacer do día

miremos o anoitecer da noite

que sinala o pensamento poético,

o que cada un quere pensar con ou sen….

Aine, si os políticos foran artistas

que plasmaran a realidade co Pobo

quere oír “verdades”, serían grandes artistas porén

ou non obstante non é así senón todo o contrario.

piromanos

venres 20 outubro 2017

Agora afírmome porque suspendín o bachiller,

o “bloqueo” tíñao coa historia, despois

de ver o que estou contemplando,

os galegos choran mentres os demais avanzan.

Rapikoques son meus pensamentos

en días nubrados e chuviosos, onde

a ciencia podía explicar o sentidiño

das cousas sen poñerlle o porén a todo.

Ninguén fala dunha verdade por verdade

din as mentiras que se contan nos medios

xustifícanas, desenrólanas e despois queren

facerche crer ca vida pase en silencios.

Négome a poñer o carro diante os bois

non pola soberbia que puiden chegar a ter

nalgún intre da vida, non obstante no perdo

a cachola por non darlle a razón ós políticos que “temos”.

Vou silenciar a man que quere escribir

de todo menos medo, o que si me podo reprochar

non estudar certas cousas, por non saber de que

lado viña o ar e darlle sentido o Pobo rapikoqueño.

Aine, o positivismo futuro fala da

causa efecto, do desenrolo natural,

da vida un concerto, e do rapikoque

un sentir pleno onde o Pobo saberá a verdade cada cal.

abduçao

xoves 19 outubro 2017

Si na intimidade aborrezo

as verbas descritas por algúns políticos

que baseándose en mentiras históricas

queren deseñar banalidades gloriosas.

Non atopo remedios, a non ser malvados

dos que gozan da súa retórica, os lumbreras

que con unha afirmación ou negación

queren dar portazo a toda unha corrupción.

O mea culpa deber dicirse na súa

intimidade que cara o público

tapan con evasivas de frases

descritas na fala de quijote que Sancho rexeita.

Non esquezamos o Pobo co medo

trocou de bando e o que antes era

negro agora e de cores que voan

por nosos pensamentos coma sabia no castiñeiro.

Non falar das amarguras nin os

padecementos que son útiles que

usan coma arma de sufrimento

pra que choremos por súas animaladas.

Aine, que sinxelo é a vida si non fora

pola desinformación que escoito cada

vez que discutes con unha cervexa en

sitios de ocio que escoitan os serenos.

cortalumes

mércores 18 outubro 2017

Desmembrar a madexa de dous,

pra que o xersei de o froito de

amoedarse o corpo, coma si a lá

xuntase as ovellas pra escaparlle o lobo.

O anonimato de millóns de silencios

expostos a musicas de todos os cores

adiviñan os longos paseos, que por mor

das incertezas que despregan as pra voar.

A saude curativa non pregan

no curazón, avituallamento pra

memoria de esnaquizarse no só

coma o lume, ca auga apaga todo.

Pretender voltar ao pasado por

falla de ideas, para seguir dominando

a avaricia, os corpos expostos a mutilacións

de enfrontamentos entre irmáns, coma un premio.

Chegar a conclusión erradas por

entender ca filosofía escrita non

vacilaba en falar de que a mente desperta

non ten morriña o rapikoque do futuro que nos espera.

Aine, non filosofo erros adscritos

os poetas das distintas épocas, nin que

as mareas ruban ou baixen, porén si aprendín

co sol e a lúa son rapikoques do co mundo compracese.

Unión

martes 17 outubro 2017

Arden, arden, arden

5.000 anos de historia ou histeria

coa cultura do lume

sen estudar o porque se queima.

Son incultos, ignorantes ….,

o Pobo di as bagoas non choran,

porén cos baldes amansando

saen a rúa pra pedir liberdade ao monte.

Todo é medo e mais que medo

usan os labirintos da vida

a bondade do Pobo, mentres

se escusan en culpalos, cando son eles os terroristas.

Agóchanse na xustiza

coma alimento de súa ignorancia

chámanlle tolos ó sentir

da humildade co Pobo deposita no rapikoque.

Aplanemos das nosas memorias

os terroristas de guante branco

que agóchanse nas mentiras

con verbas cubertas de afagos.

Aine, desollo aos curazóns,

co Pobo sinte, ante barbaridades

que se cometen por defender un demo

que teñen incrustado nas súas mentes.

bonolandia

domingo 15 outubro 2017

Esbardallar, esbardallar,

cos vosos sonos non son realidades

senón mentiras impostas polas

acaloradas  femias da súa envexa.

Non lle corresponde a avaricia

de dous “monos” que por súa calaña

mente, dirixen a colocación dos pratos

na mesa, pra discernir si a culler ou garfo.

As ruínas aceleradas en descomposición

rebentan das cloacas o olor que desprenden

ao andar das persoas, que circulan

con moderación polas beirarrúas da vida.

O sentir do Pobo é tan barato

coma pode ser tan caro, so adiviñando

cós números xogan bazas cá realidade

enfronta na saude do seu corpo.

O fogo emprendido coas verbas

falseadas nas frases diagnosticadas

entre avatares superpostos en

reloxos ancheados polas mentiras.

Aine, intentan verter toda a merda

no Pobo, coma si fora culpable,

e seducen os Poetas pra que escriban

poemas falando da verdade.

congas

sabado 14 outubro 2017

A maioría de idade conséguese

cando a mente asexa un pasado

escuro que sen saber o porque

resulta que era negro sobre negro.

O futuro escrito derivaba na escoura

que co sufrimento de ser felices

outorgaba praceres pra alimentar

de desidia nosos curazóns oprimidos.

As lentas frases descritas polos

poetas adscritos as ceibes verbas

nunca deron posto a frase redonda

por non ser de todo ceibes as mentes.

O padal adscrito os sabores da

natureza que emanan da auga cás fontes

imprimen ó carácter da terra, a saude

cá vida proporciona aos vivos.

A sabedoría human chegada da

sobrenatural intelixencia artificial

pose o suficente cariño sobre o todo,

que embelece a vida da natureza cos cores.

Aine, os recordos percorren camiños

cá vida nos leva a andares distintos

porén xuntando as pisadas facemos

mundos nos que a liberdade triúnfe por se mesmo.

rapikoque

xoves 12 outubro 2017

O ruído das cousas naturais

que gozamos na casa, no traballo,

no mundo en xeral, é o divertimento

cos sentidiños poñen en alerta os espíritos.

Da chamada cas aureolas producen

no firmamento desenfrean unha luz

de cores verdosos ca nai terra respira.

nas miradas perplexas dos ollos cas admiran.

Os amores espidos depositados

en urnas mentais que ábrense

cando as damas bailan a danza

da dispoñibilidade no teu curazón aguerrido.

As llamas dos que queiman as nostalxias

dos Pobos reprimidos, onde verbas feridas

depositan o seu amor en anchas frases

onde os poetas se dirixen o Pobo con agarimo.

A lingua usada pra un destino

tradúcese as formas cas vocais

xorden dun olimpo vermello

co teatro reproduce sen espaventos por boca delas.

Aine, ! o amor a todo!, está en un mesmo

que narra a confianza en outr@ pra

que a defensa a natureza sexa proporcional

os beizos sobre beizos co sol e a lúa admiran.

Piramides

mércores 11 outubro 2017

Despois dun día, que cada vez

son mais apracibles, escórrome

pola vida da amada que impregna

en min unha poesía solidaria.

Despois dun día, en que nomes e apelidos

loitaron perante séculos pra tombar

dinosauros, politizaron a política extrema

con cores onde os sentimentos emerxían da nada.

O sentidiño me leva a xogos sen razón

que na miña mente se fan virtuais

sen chegar a desagregar o cinismo que algunha

vez poden outorgar a pensamentos non reais.

Vexo na túa mirada un soslaio

de esperanza cas verbas me oprimían

na desidia de embargarme nunha poesía

que do seu froito a liberdade fose pra vos.

O sorriso das noites despois de gozar

do día, enchendo de eloxios verbais

a decapitación de mentes escuras e malignas

vólvome a vosos ollos, coma amante, fiel da sabedoría.

Aine, sabes agora cos días felices

chegan cando as ceibes mentes pasan

pola auga co río lévame o mar do

amor que arranxa coa vida, a melancolía.

Irmandiños

martes 10 outubro 2017

A neboenta fresqueira que

aploma o coraxe, que no teu paso

regulas os meus sentidiños

rubindo o libido con cariño.

As eiras que barállanse

no fondo do salitre mariñeiro

cobizase no froito madrugador

despois de noites eternas de amor.

O bido axiliza as mentes

que desoen o conato imposto

por nais que co suor dos peitos

amamantaron ignorantes travesos.

As fontes da sabedoría

que empeñaban de amor lagoas

crecidas de soles frondosos sobre

as herbas machucadas de vaivéns lustrosos.

Carballa relucente por onde

a vista amansa os cores perdidos

por un horizonte aplaudido por

soños estragados por incultos.

Aine, o curazón resístese, de

cando en vez, por que os séculos

pasados pisaron tanta merda, co

amor resístese pra non alterar as feras.

Monarquia?

luns 09 outubro 2017

Dormen as raparigas

que nunha voda africana

soñan co seu amado, no

remanso do Ulla a veira do descanso.

Son fieis o seu destino

ao igual co seu amado

distribúen bicos o mundo

coma a auga chega os mares.

Tolean na penumbra da noite

con arbóreas musicais nos recintos

onde a sabia negra goza

das músicas da terra dos seus ancestros.

Os algoritmos se multiplican

nos silencios da noite amañecida

xuntándose de cores a festa

que envaíña gaitas nos pasarúas floridos.

Outras músicas daranse no tempo

onde as forzas naturais iran apoiando

o tempo, que con regulares melodías

disfrazan os verdes prados de columnas de ledicia.

Aine, temos sonos que conquistar

mais a fala dos poetas saberán poemar

as reliquias do futuro, terán que andar,

entre os cores democráticos co mundo percibe.

O Che, silencioso

domingo 08 outubro 2017

Che, as loitado coas armas

que matan a sangue dos capitalistas

esquecícheste loitar coas armas

da mente do Pobo que era o curazón.

Che, fuches o descubrimento que o

Pobo embargou o seu patrimonio

para gastar nas armas das letras

os sinónimos que os poetas percorrían.

Che, os cores do tabaco no fume

que expulsabas nas túas caladas grises

embelecías as doses que o Pobo

percorría na loita das bagoas que se perdían.

Che, as barbas, as lombas que subías, as toses,

que espremías na serra, co Pobo fale do seu legado

coma home de fala e non de armas,

que usou por non descubrir a esquizofrenia.

Aine, o amor cun home lle da

a loita sen armas, e proporcional o

cariño que un bico se da cando

dous asinan o amor entre os beizos.

dias felices

xoves 05 outubro 2017

As pisadas enfurecían os pés

que necesitaban un pouco de chocolate

que me amedrentara as enerxías

co vaivén do calzado sobre o asfalto.

Era un grolo tras outro

que difamaban vulgaridade

de combustible que precisaba

pra que o corpo aguantara a noite.

Os valados non os saltaba

porén as mans chegábanme pra subir

e baixar dos labirintos desfeitos

polos séculos das desgrazas axenas.

Rematei despois de varias

xeracións, que por falla de estudos

a vida che outorga unha sabedoría

cos libros esquecen pola letra sonora.

Mentres depositaba o cu nas cadeiras

oía os carros pasar coas vacas, os

coches, e de vez en cando unha cagadiña

que aliseraba o cheiro para un pensamento.

Aine, van xurdindo ao lonxe de

vivir, as mascaras dos ollos, que mentres

ollaba o espacio-tempo non vía a mirada

que me embargaba os sentimentos que van florecer.

Revolución Silenciosa....

mércores 04 outubro 2017

Fun, fuches e volvín

do letargo da noite

do anoxo de día

da resaca do amencer.

Despertei do soño

falei da esperanza

debuxei verdes cores, que musicaban

cos demais praceres da vida.

Lonxanos eran

na distancia,

precursores, avistábanse

sen dicir nada.

Noites así

degustábanse

un colibrí me miraba

o que aborrecía no silencio.

Alcume me situaban

pobre amañecía

ricos na espenuca,

aledaños bicos daba.

Aine, non todo o poder e de un

senón é de todos, sempre con mesura

e Democracia, onde abarcan futuros

desexos que imprime de carácter o poeta.

Mesura

luns 02 outubro 2017

Que feliz me sinto

duchándome a alta horas

pra asentir o enterro ecresial

que dominou o mundo entre bambolinas.

As liturxias que se leen

nos púlpitos xa non choran

ás paredes, pra que os que vaian

lles entre dores no pene.

Auga tibia mañaneira

desgrasa a pel do suor anterior,

có traballo saturado dos días

depositan partículas musicais de antano.

A preguiza avalaba distorsións

mentais, aos que se saian pol-a

tanxente, pra que os artistas se sentiran

todo ante a sociedade,  parabéns artistas.

Sigo na ducha gozando do amor

do meu amado, que inda que non está

si esta no recuncho do meu curazón

paseando pola chuvia de estrelas.

Aine, o vento cun día me falaba

pola rúa, mentres pensei que

me liberaba, dinme conta que sempre

me acompañou nos intres do teu amor.

MOITA DEMOCRACIA

domingo 01 outubro 2017

Escoito unha música relaxante

recórdame a auga da billa que bebía

e me sabía, hoxe descubrín coma

bebela e que me sepa á DEMOCRACIA.

Non sinto dores mais cós que vexo

nun día triste pra algúns e ledicia

pra o Pobo que se somerxeu

no mundo das adas escritas na fala.

Discorre pol-a miña mente

o sínteses dos negros escravos

que se usaron, coma forza de traballo, pra chegar

o meu pensamento e darlle unha liberdade absoluta.

Amor, sentir unha vergoña

dunha Espanha que tiñan

por grande, nun só día esborrallarse

todo tipo de liturxia cós séculos enfrontaron.

Amor, falar e falar dos soños

que todos escoitabamos dende a nenez

asubiamos entre un nocturnol que

deambula en liberdade pola natureza.

Aine, o sentir da memoria

e querer do teu Curazón

o amar das olas, e servir

e escoitarte entre bambolinas, ámote.

Catalonofobia

sabado 30 setembro 2017

Abrazo nas miñas mans

silenciosas e débiles, o teu

corpo arranxado polas primaveiras

co tempo amansou no amor.

O ver florecer de novo

as flores, que se acurrutaban

nun tipo de hedras, e oír

cantar o nocturnol coa saude de ferro.

Desbotar as miserias dos

nosos fogares, alumean ledicia

cos canto da xente, e discorrer

coma antes non podías nin pensar.

Volver nos silencios silenciosos

onde a desidia non se atopa

nin deixa recado da envexa

e o triunfo có Pobo outorga a noso pracer.

Veranear entre os estómagos

que se atorden de mel, equilibrada

polos curazóns das areas

có mar depositou co amor dunha princesa.

Aine, asubían as mañas cantadas

polos paxaros que non esquecen

co alivio se deposita entre as estrelas

do lunar posto na meixela dun namorad@.

Hispanofobia

venres 29 setembro 2017

Curazón sentín cando baixaba

pola rampla que levaba a festa

LGTB do Agrocuir da Ulloa, dun

salto, me introduxen nun mundo de sombras.

Pechados pola LGTBfobia que sabía

que alí existía, porén víanse certos

personaxes da farándula  dos antepasados,

vidas pasadas cós odiaban, e alí estaban.

Eran rexes de bastos vestidos

de traxes brancos inmaculados

pra tapar as historias dos tempos

que ennegrecían con traxes de defuntos.

Os persoaxes mesturados que alí

dábanse, dábanlle a vida  a un lugar

entre carballeiras ancestrais deportaban

a súa sapiencia pra  que a xente se divertira.

A música esbozaba ladridos de esperanza

entre os que alí sabiamos que xuntando

as familias involucradas en negacións

adoutrinaban cunha foto o solpor da noite festeira.

Aine, subjace o poder do Pobo

que con astucia e valentía recólleo

os restos que quedaron dunha festa

pra limpar da monotonía  o espírito do dor.

Avatar

xoves 28 setembro 2017

Escoito, a veces falo

outras veces me calo

outras sinto lágrimas

porén non estou só, pra sobrevivir.

Non dirixo a mente

como deus fixo en moitos

séculos, porén doulle a voz

ao Pobo pra que non sinta o meu padecemento.

Non son un reloxo

nin marco as horas

porén o tempo chora

si ti non moves un palmo da túa forza.

Perdo a rabia do enfrontamento

podo discutir coas ansias

de loitar co que eu penso

mais sei que ti podes pensar de outro xeito.

Na folga do meu pensamento

non descorro mais có mar co choque

nas rochas nin do masaxe que

produce sobre a area, porén, pensa ti.

Aine, vólvome belo, si nacera noutro

tempo onde a vida discorría sobre o

albor da mentira, porén penso porque

penso, que son unha luz de amor.

O Porvir

domingo 24 setembro 2017

Era un encontro moi casual

co sofá mais eu, estiveramos deliberando

quen dos dous pechaba os ollos

para dignificar os ditos que profanaban.

Despois de escoitar a amada

en pantalla, e coordinar co cerebelo

as opinións vertidas do día

escuseime no silencio, a foto que asentía.

Trocando o terzo, da noite

que envolve o vento, a fiestra

escoita o pensamento que cada

noite me mandas en forma de verso.

A horizontalidade co corpo deposita

sobre as sabanas, berran na almofada

duras loitas, ca música relaxa cando

a verba dos teus beizos me chega, o sono.

Esta noite o sono foi dun libido

exacerbado, estrepitoso, e grorioso

onde sen levar o río o mar

deixaches unha pisada no meu lar.

Aine, cada día có amor dos cantos

de sirena, chega ós corazóns, síntome

mais forte, pra loitar por unha vida

en que o futuro, reverta en todo, amor, no tempo.

A Vida así

luns 18 setembro 2017

Experimentando o dor

que producía as mans e verbas

nos corpos, reprimían as mentes

de forma que coartan as mentes.

As montanas da vida

agochan altos voos

que desmembraran

o cor da pel revolucionaria.

Os negros maltratados

que viraron en escusas,

maltratadas sobre o seu Pobo,

“ ignorantes” eran por súa escravitude.

Os brancos que desfacían

naturezas agochadas nos

preludios dos depósitos

amargados no mal xenio human.

A beleza humana

recolle o descrito sagrado,

en forma de circulo

pra desbaratar todo  o seu poder.

Aine, subtraio co noso amor

experimenta unha gloria non escrita,

co futuro saberá recoller con

unha gran alegría no Pobo.