!Llibertat, ¿DDHH?

venres 03 novembro 2017

Engurrar as verbas

en descomposición das  que

entoban os mecanismos do sistema, provocando

alaridos de grandeza de quen os supera.

A metamorfoses padecida perante

séculos, permite as sociedades

desenrolar fortes diagnoses de rapikoque

que antano se vían amordazadas polo deus.

Os avatares dunha loita pacifica

en tempos de descontrol human,

que por perder túa afouteza

non cede paso a honorables damas futuristas.

Os soños virais cun ser atopa

no relanzo da simbioses dunha almofada

supera con creces o día a día

dun sistema corroído que flota nos loureiros.

A ecolóxica vida levada a cabo

por albaneis da natureza

recrean no mundo cores diversos

que nas mentes a veces albiscan defectos.

Aine, poñer a voar o futuro coas

verbas poéticas de cada un de nos

é ensamblar as miradas que falan nos

curazóns coma utopía adscrita ao rapikoque.