QUE PASE XA

luns 06 novembro 2017

Coma se debe ou se pode desparramar

información, cando afecta directamente

ao Pobo, non obstante os gobernos de quenda

fan oídos xordos, desvirtuando os dereitos da mesma.

Non aplaudo nin deixo de aplaudir

medios que saturan a información

co único obxectivo dos réditos, mais

ben é desinformación a carta con sopa de letras.

Revolver todo o que din uns

e o que din outros, e necesitar

moito entusiasmo por novas, que

despois se desinchan no paso do tempo.

Grandes artistas buscan cadros perfectos,

ou poemas, ou esculturas, libros, etc….

non obstante non fan sempre a mesma obra senón

“dilapidan a feita”, e se poñen a outra.

Diríxenos segundo nos ou lles conveñan

experimentan con formas copiadas, que si

ven que dormen o persoal, continua séculos,

senón troco, e probemos outra durmidera.

Aine, as persoas de idade, transcritas

ao seu sofá, “escoitan, e ven”, e despois

pensan, mañá volvo levantarme e só vexo o

mundo pasar, e nosos fill@s e net@s que será deles.