Salsa Cubana

venres 10 novembro 2017

Un bailarín baila ao son

de calquer música, non obstante

sitúa seus movementos tecendo

no seu corpo verbas poéticas organizadas.

O pintor busca as siluetas

disfrazadas de cores, onde súas

mans van dando pinceladas segundo

a alimentación no mundo, asegura un porvir.

Non teño na despensa manxares

exquisitos, que me produzan a satisfacción

de erradicar a fame que poda ter,

entón manteño o corpo con delicias que poda obter.

Están xogando co sistema alimentario

pra oprimir o Pobo, pra encouzalo ao

seu redíl, un trouzo de pan xa non só

alimenta, senón que lles da pracer a economía.

O capitalismo non busca dar de

comer ao famento, senón esprémeo

pra que produza pra nos, que vivimos

nunha burbulla de tóxicos, postos no gozo.

Aine, o pracer dunha comida nunha

xuntanza cos amig@s, non quita de

cando en vez miremos pra outro lado

e miremos a realidade dos que están no mundo.