músicas

mércores 15 novembro 2017

Calzar a vida nun soño

no que o rapikoque fixo

deseño dun paisaxe multicolor

acendido polo lume da paixón.

Mirarte os ollos, e afianzar

o saber da chuvia meniña

onde as bagoas de franqueza

esperan o retorno da amada.

Equivocarse de paixón

nun cruce de devotas amadas

o sono se fai monxe

escorregadizo polas sabas.

Na tolemia de abastecer

de fame os curazóns

achégoche en nome da sabia

das verbas, mil razóns de rapikoques.

A distancia parafrasea lugares

incógnitos, que se agochan nas

realidades pactadas nos silencios

aqueles días de montañas negras no deserto.

Aine, os motivos de ensamblar

as razóns cá vida outorga sentimentos

impostos por ditaduras do homes,

lévame a crer que somos outros.