Lezo

mércores 22 novembro 2017

Esquecín o que dixen ,

calei, despois falei da verdade

non mentín, agora simpremente

fago o que din, ao Pobo non darlle dignidade.

Están nunha cela escura

que queren saír a luz do día

porén síntese prisioneiros da verba onde o

pensamento salta obstáculos pra esquivar verdades.

As alertas de sunami na mente

polo medo de perder o poder

analiza en partículas neuronaís

os silencios ca almofada agocha e enturba a soedade.

Unha vez que estas nos suburbios

dos poderosos que te alimentan con todo

tipo de mañas, pra atarte nun futuro,

no caso, que queiras voar, sen contar con eles.

Os seus espíritos alcanzan un medo

escénico, a hora de actuar por se mesmo

por que o lixo ao xuntarse, xa non

se sabe quen era o referente, de seguilo.

Aine, non caias na tentación dos que

queren lavar a roupa, na auga contaminada

que antes eles mesmos ensuciaron, e agora

queren enrolarte pra que ti tamén o podas facer.