Campeón

venres 24 novembro 2017

Os intres de relaxación

envoltos nos alicerces da sabedoría,

espallados nos lugares íntimos

escanean unha vida digna.

Os avatares impostos en busca

de realidades atareadas por traballos

de gozo, perpetuados nunhas familias,

co servir non é padecer senón apreciar o rapikoque.

O valedor inscrito nos viaxes

que retrotraen culturas distintas

abren as mentes, posicións esculturais

cá hora dunha charla fan pensar na vida.

As ansias de perpetrar síntomas

de noites pracenteiras, embargadas

por tempos de ensoñación descubertos

polas morriñas vividas entre seres despertos.

A xuventude que trae novas formas,

que empeña seu destino na melloranza

de vidas paralelas, que non soltan lastre

pra deseñar algoritmos dunha natureza perfecta.

Aine, un pracer dos praceres atópanse

escoitando, dialogando entre comensais

que afloran de requeza paisaxística

pra que os poetas deseñemos un rapikoque futurista.