saude de pensamento

luns 04 decembro 2017

As andainas polos foros das tabernas

escóitanse as veces coma os poderes

fácticos actúan sobre as mentes pra expulsar

pola boca frases que desvirtúan o ambente.

A realidade impregnada de mentiras

dan un cor que enturba o lenzo

pra que a xustiza se engurre ante o sistema

e faga desproporcionadas sentencias sen sentidiño.

As mentiras que leemos na prensa

escurecen o diámetro da intelixencia

dos escritores que dan as novas

coma se foran feros perdigóns.

A defensa cos poderes políticos actúan

nunca se retrotraen no Pobo senón

mais ben actúan con espiñas cravadas,

pra que as súas culturas mingúen en silencios.

Facemos monumentos de bens de intereses cultural

pra protexelos, e a historia dignifique

as culturas que pasaron polos Pobos, porén

nunca facemos da “NATUREZA” bens de intereses mundial.

Aine, é difícil non estabrecer pontes

entre os homes e as mulleres que se

salven dunha caída a auga, so poñendo

voluntade dos Pobos que pensan ceibes.