poder senil

luns 11 decembro 2017

Estar nun mundo de fantasía

que enigmaticamente apela

a chuvia dun curazón que espárrama

lambetadas de bilirrubina nos destinos.

Acougar sedentos opresores

que entre as cellas dos ollos desertos

repelen analxésicos, sobre as voces

perturbadas no almacenamento dos senos.

Visibilizar un carrexamento de gozos

que aplanen o aplanamento dos cabelos

que barallan secuaces levitacións

no reloxo que marca un sol no vento sur.

Alfabetizar os sinónimos da beleza

que ensambla as rúas coas frescas

murallas cás imposicións dese alguén

que separa a realidade dun futuro infinito.

Aplaudindo percorridos que abastecen

de señais de deusas salpicadas de humáns

que non blasfeman os espíritos das verdades

perdidas polo paso do tempo, “a memoria”.

Aine, ao chegar ao rapikoque co meu

curazón obedece sentimentos buscados

en tempos pasados, a morriña dun porvir

que ilustra túa intelixencia na miña mente poética.