masculinidade tóxica

martes 12 decembro 2017

Sego descubrindo paisaxes

por onde as rúas transitan solitarias,

de soños que queren verte polos paseos

da nocturnidade onde a lúa resprandezca a silueta.

A natureza alimenta os roles

escrutados en verbas depositadas

nas paredes do mundo, que falan

das inxustizas que por ser muller ecriptan.

Pertencer aos mundos que avalan

sonos estereotipados polos principios

da lóxica human, reverte no coñecemento

cá sintaxes enraíza nos pensamentos individuais.

Os logros onde as mentiras

saturan os premios concedidos

a unha soa forza viril, encadea os maltratos

superpostos cun sentir obedece por séculos.

As probas de rexurdimento dunhas

verbas impostas en sentencias onde o dor

da mente non se albisca nos reclamos

incandescentes de quen recibe a liturxia.

Aine, o macho impón súa ignorancia

colgándose medallas cas igrexas lles impoñen

pra dilucidar co seu poderío estar nun deus que escraviza

a pobreza do Pobo, dándolle a muller represión, eles mesmos.