mans negras

xoves 21 decembro 2017

Estás, estiveches, estás,

estiven ou estivemos naquel

recuncho, onde florecían as nostalxias,

onde prevalecían os lamentos.

Latriquei perante séculos,

amanecin con caídas dos peitos

e ti nunca te dignaches a preguntarme

si padecía dos síntomas da miña nai.

Sempre me preguntei si ti estabas

no decorado infernil  que padecía

nosa  ingrata potestade ante as mentiras

impostas por quen cres que é teu deus.

As caídas non chegan  cando un

berra, si ti foras o doce que

encámela a miña doce mirada

diría que eras o sono onde me perdo.

O trasluz que depositan os sonos

non esquecen os silabarios que nos

ensinaron, cando de pequenos ouviamos

os rexeitamentos que nos inculcaban por ser serenos.

Aine, por ser dama esvelta,

guapa, ou bela non incrustamos

nas partituras da vida, os silencios

pra apagar o mal efectuado polo tempo.