empatizar

xoves 28 decembro 2017

A historia equidistante onde

a imaxinación despregou o seu

estatus de brillantez a hora de

desmembrar a lucidez dos días.

O silencio apagado de cando en vez

cos documentais da vida discorrían

coma imaxes solitarias que na soedade

do sofá abrandaban con duras poesías.

O pisar urbano que percorría

deambulando entre tabernas

difusas, de grandes homes que

escenifican o Pobo con gran mestría.

A apertura da sociedade ás mulleres,

agochadas nun mundo

onde seu circulo era as paredes

que se atopaban no recuncho da casa.

Os sinónimos impostos de mentiras

ás verbas que enaltecías de frases

os propósitos virís onde a realeza

degustaba con lurpias e inexactas acometidas.

Aine, o fogar e duro coma a vida

non obstante resarcirse de tanto

sufrimento silencioso das mulleres

e premiar a fala poética con sabedoría e intelixencia.