Raíñas....

sabado 06 xaneiro 2018

Meu desasosego envolto

entre unhas chamadas de ar

silencioso cá través dos mares

arroupan os pensamentos futuros.

Paso a paso, entre caudais

húmidos, percorremos as montañas

que indultan extramuros, curvos

de sede, por falar dos oprimidos.

Levanto a voz entre mensaxes

que chegan naturais a mente

descifrando co arco da vella

os distantes vocábulos transmitidos.

A perfecta sintonía aliviada

polos pasaxes impresos nas rúas

que acubillan pombas petiscando

os secretos que gardan as pisadas.

Ninguén negocia fontes de sabedoría

cá natureza implanta nas portadas

dun mundo, no que os gregarios

impoñen camiños nos que albergan destinos.

Aine, a sinxeleza coa que o mar

acaricia as rochas, son as verbas

que con agarimo vou destripando

o rapikoque, que sobre teus beizos describo.