franco morreu

domingo 07 xaneiro 2018

Levo días varado, entre as

circunstancias dun porvir desaguisado

ou porvir entrelazado entre territorios

solidarios nun mundo de fraternidade.

Non esquezo o adotrinamento obtido

polas fauces dos silencios que me

invocas, inda que na retagarda

os ollos que miran non enganan os destinos.

A amizade camuflada ente as rochas

que enriquecen o paisaxe da melancolía

expresada en doses dun futuro

que só ti encobres cando mires o infinito.

Envoltos en días marcados polo calendario

nos que os pensamentos esquivos

agochan os meus soles enviados

a un recuncho que esquece dar un asubío.

A concreción retórica levada polo

auxe da dicotomía diaria entre

grelos espallados polo prato

retoman olores desafiantes entre os comensais.

Aine, experimentar sensacións futuras

entre verbas camufladas polos horizontes

diversos, que alimenta doses de poemas

a espera de que os ríos embelezan os soños.