Ecuador....

martes 09 xaneiro 2018

A astucia impregnada de leis

prasmadas en libros que se creen

inamovibles ante os ollos do Pobo

resultan adaptados pra certos persoeiros.

As varas de medir ante os ollos

da xustiza dunha democracia, nunca

pode prevalecer os fíos agochados

en esqueletos pensantes que so miran pra un bando.

As oligarquías loitan pra que o rabaño

non se divida e vaia cada un polo seu lado

formando luces e sombras entre

barrios que dignifican o novo ser humano.

As virtudes destapadas dos seres

que enraizaron nunha esquina do

cerebelo, obstrúen o despertar do Pobo

que só ve medo, da sociedade que se move.

Os lustros empanan os ollos

dos que a súa vellez séntese

arroupada polo cansazo do traballo imposto

por unha mans que non o deixan pensar.

Aine, os desertos empezan a ver

unha branca neve, cá fala do Pobo

non se atreve a dicir, porén algo esta

trocando, deben ser presentimentos dun alelí.