Honduras....

xoves 11 xaneiro 2018

Pestanexan nos teus beizos

a mirada profunda que serve

o mar lambetadas de sonos

que purifican as ganas de vivir.

Almaceno destinos que esperan

respostas, no ensamblaxe  da choiva

que marca a ruta, por onde os ventos

amainan o curazón de verbas silenciosas.

As ás impostas no viraxe ecuánime

onde os proxectos peculiares que

administran as duras batallas da

razón, se volven tolas de só pensarte.

Os fogos espoliados nos adxacentes

pálpebras, reducen os amenceres

con soles apagados polas néboas,

que respiro nesta muralla rocambolesca.

As frases esculpidas no morriñado tempo

que bifurca un paisaxe envolto en

praceres que serven coma mamatorias

que te espilen na vida autónoma.

Aine, as verdes oliveiras, empoan as

rúas de sonos virais, que transportan

os sentimentos por ese mar que aglutina

paz e misterio nas noites de lúa chea.