México....

venres 12 xaneiro 2018

O intre que move un

lapsus que desterra un

destino, dun curazón

envolto nun recuncho ficticio.

A sinxela admiración

de levar unha rosa

campea polos sucos de pel unha

complexa adulteración do organismo.

A historia envolta nun mester

linguaxe de signos adultos

que rompen co estabrecido

en divertidas noites perversas.

As etapas abren rutas

que enarboran a paixón

en canto visionas amenceres

que ilustran gozosas emocións.

Mas tarde que cedo foi a espera

por continuos ataques pasionais

que recollíanse por ventos espontáneos

envolvendo os cabelos entre liñaxes apostos.

Aine, aducir entre as falas

reservadas de cada Pobo que

achega coa súa cultura, recheos

de rapikoque sobre o alma dos seres humáns.