desafío infinito....

xoves 18 xaneiro 2018

Unha circunferencia é un infinito

dúas circunferencias é outro infinito,

así vexo o mundo descrito, un circulo

pasa a outro, na mente de cada discípulo.

Non existe liñas rectas que formulen

infinitos, existen círculos que se pechan

na vida de cada individuo, somos a

natureza creada por un mesmo.

Os números diagnostican cariño que depositan

no arte a matemática posta ao servizo da

intelixencia pra formar unha poesía criada

dende os sonos profundos.

As pálpebras que mandas dende

o teu mundo, falan de sinais depositadas

no almacén da sabedoría escrita

que difunde en verbas, poesía culta.

A arrogancia blasfema, inculta dos

intelectuais impostos polos fragmentos

espirituais, que amorriñan na súa verba descualificacións

bravas que se apousentan nos seus prexuízos.

Aine, os destinos recollen soños

envoltos en círculos recollidos pola

vida que emprendemos dende que asomamos

a cabeza ata que pechamos o sono cumprido.