volo, voar....

venres 19 xaneiro 2018

Nos costa asumir unha crianza

desenvolta no “machismo”, hai que

entender que non se troca dun día pra

outro, porén si intentalo mirando pra o futuro.

As presións a que nos vemos

por parte de todo un patriarcado

non pensar que é fácil asumir

un rol que se agocha no pensamento imposto.

A loita e coma todo na vida

si non hai educación na base, infancia,

cando pasan os anos, só vemos un burato

que se perde en segundos polos silencios.

Asociar o auxe dunha revolución

que asexa con frases extinguidas

dende o parbulario, someten ao sistema

de educación, crecendo con aromas persoais.

A dificultade de enriquecer todo

un vocabulario de forza feminina

que necesita pra que os poetas non

transmitamos dor senón rapikoque polo ar.

Aine, falar de utopías é falar

de realidades que están en boca

dos alucinados que somos o Pobo

que quere dar un xiro cara un mundo en Paz.