membras e portavozas etc....

mércores 14 febreiro 2018

A incrustación da nova

en épocas de rebelión

aclara a parte onde se

agocha o significado

latente entre dous tipos

de defensa:

a mentira

e a verdade.

O facto fascista agochado

na democracia, engana o Pobo

disfrazando a liberdade

con consignas imperialistas

dos gobernos impostos po un capitalismo

salvaxe e sen dereitos pra os Pobres.

Reincidentes, repeticións, verbas infames

mentiras locuaces, persianas baixadas e subidas

televisións machucando inculturas,

falar non custa no retrete.

…. Pobre do bicho que non

entenda un mundo solto

baleiro de pensamentos.