FOLGA FEMINISTA....

xoves 08 marzo 2018

O silencio tumba as noites

as noites vístense de gala

a cama refrixera o pensamento

de que vale a discusión

si nos evadimos na miseria

e adózamos as grandezas doutros.

Positivemos a miseria

e negativicemos a grandeza

e o amencer florecera coma o sol.

O poder desorienta cando

os pecados convértense en febres

en troques outros difaman, poren

a mentira escárvanas súa mente.

A natureza non pertence

a ningunha crenza

só ó seu desenrolo natural.

Discute cando queiras discutir

cala cando non queiras falar

e fala cando non queiras calar

porén non mates por matar.

Que importa nosa vida

si nosos herdeiros non saben,

non miran, non discorren,

nin cheiran nin maman, o que foi, é,

e será o día de mañá.

Non agochemos as inxerencias

dunha realidade, que empobrece

mais o pobre, enriquece mais o rico

mentres a terra padece por falla

de combustible.

Os marcianos están entre nos,

cada un de nos é un marcianito

que deambula polas sombras

da vida, para evolucionar nun

mundo novo de Paz….

Os silencios a veces torturan

porén outras mais dan moitas alegrías.

Abolidos os réximes antidemocráticos

agocharon o servir do Pobo

con democracias que buscaban

unha liberdade, onde escraviza

en forma económica de igual

sen ser igual para o Pobo.

Os dinosauros do poder

mandan a avaricia en sínteses

dos lustros coma lume….