Creto

domingo 11 marzo 2018

Afeitar un pasado turbio

pra enchelo de vida

nun futuro próximo

é pensar nun ego persoal.

O díscolo universal choca

na malicia, reponse en día, de hoxe,

co Pobo recolle coa humanidade e humildade

que creou a natureza.

patentemos a historia coma

un foi, e o futuro coma un é.

Dista, calada

o noxento corrido

polo cá razón

non ten sendeiro

cá natureza

verta auga os pés

mais ou menos.

A palleta desenfreada

subía e baixaba, onde

cocían moitos sucos

os espellos espoliados

dos penedos polos

cá montaña chisca.

 A solaina dixo onde

a xolda se fai viral,

espallados documentos

có ceibar, soltan a morriña

que cinguían ao podado

da viña.

Arbores que non devastaban

o terreo, pola súa fondura,

onde os valados escorrían

auga que alimentaban as hedras

que co tempo o guizo, murcha

pra ribeira.