pábulo

xoves 26 abril 2018

Artista é causal a seu pensamento

e non unha casualidade das cousas

expostas ao amparo do tema, senón

o tema expón o arte tal coma é.

Artista non é o que loita cos cores

si  hoxe pinto azul e chámanlle época azul

remítase ao pensamentos ao que deriva, si

pintamos en negro , grises, equivale a desastres, “quen o di”.

Artista volvese tolo porque descorre

o que pensa é poder expresar en diferentes

cores, e non o estabrecido por uns canos

estabrecidos por certas mafias que se lucran delo.

Artistas deseña o cor que quere e decide

o que il quere expresar, en non o que diga

uns que entenderon o que aprenderon do

pasado porén non do presente-futuro.

Artista esconde o que representa e despois

o que visitan a súa obra faille un rimei

no que a millor o artista non pensou, porén

funcionan no seu cerebro outra forma de ver o arte.

…. Artista conxunto de subconxunto do subconcente de

ideas que se desenrolan no cerebelo

pra que o mundo có admira vexa nas súas

imaxe o que o individuo quere ver xunto có Artista.(miña definición).

Negación Produtiva

mércores 25 abril 2018

Coordinar os sistemas da vida

na terra, é proporcional a saude

democrática de calquer pais

que deposite a confianza na democracia.

Pensar en si mesmo

e pensar nos demais

correspóndenos a tod@s

pra elevar a moral.

arde Galiza

o goberno??

onde está

coma sempre ten que

solucionar o Pobo.

LUME NUNCA MAIS       

Referenciando a dor adscrita

provocado por mentes sucias

dignifican a verba co un si ou non

pra potenciar o seu machismo inculto, e oculto.

Espidos nos volvemos, ante

traxedias provocadas polos humáns,

e nos vestimos  de forza natural usando

a unión das mans pra combater as tolemias.

“Rachemos” unha constitución

que non resolve os problemas

polos que foi constituída, e creemos

unha nova que nos resolva a vida con rapikoque.

!MUDO ON....!

xoves 22 marzo 2018

Son un pallaso que fai rir o mundo

co loucuras que discriminan mentes

rebeldes, proporcionándolles a auga da vida

para sentirse ceibes coa saude de ferro, é LIBERDADE….

A LIBERDADE DE RESPETO EXERCIDA

POL-O POBO CATALAN ANTE

RELIQUIAS CAPITALISTAS DO PASADO

VIRONSE E VERANSE NOS LIBROS DA HISTORIA HUMÁN.

mentres o rubir e baixar

do “galego”, se disfrace de

non se sabe que, a cousa flúe

entre bambolinas.

De que vale agocharse no estado

si o sol entra pola fiestra,

de que vale agocharse no mundo

si a lúa te desperta.

O olor púrpura das mañás

e o olor púrpura das noites,

regulan a temperatura corporal

dos soños infantís virtuais.

A voluntade ocupada pola

conciencia, analiza o desenrolo

do imaxinario, reverenciando

a realidade nas verbas faladas.

¿facebook....?

mércores 21 marzo 2018

Si esta é a Espanha que nos ofrecen,

ó Pobo, de paos, é mais do mesmo, seguir baixo a batuta

 mal dirixida, non lles demos ese gustazo, non lles demos

 pelotadas a DEMOCRACIA….

Os disparos son a impotencia dun goberno,

de non poder parar a un Pobo, que quere

expresarse en liberdade, sen coaccións

 e con moito respeto….

Non atino a recoller de que estado estamos

falando ou mellor dito falan, si vexo imaxes

de aboas sentadas na escadas cheas de sangue,

¿ Isto é a democracia do goberno? ou DEMOCRACIA.

As testemuñas que vexo de xente,

millor persoas, que lles romperon os dedos

todos da man, e a forza viril do carallo

ante a impotencia, sobre as mulleres….

Que forzas verdes en nome da ignorancia

defenden o que, ! o que a ruta da dignidade esta

a defender ! non, ou o que eles, no estoupido da súa mente

con rabia, desidia, e inoperancia non ven, ante o futuro do Pobo….

O reloxo vai rematando o tempo

pasado, o cansazo nas forzas opresoras

fan mella na súa mente insípida, onde só

lle colgan os ovos entre as súas pernas pesadas….

flúe de Lugo-Vigo o Tempo

sabado 17 marzo 2018

Nosos anciáns pateados

forzas de seguridade rompendo

a DEMOCRACÍA, periódicos

aplaudindo, goberno inexistente….

Porras contra urnas e papeletas

Represión fronte o diálogo

goberno incomunicado pola desidia,

son guerrilleiros impostos na mente….

Nais que aturáchedes os séculos

do pais que vos dominaron

encher de frores as mentes

dos fillos que tomaron drogas….

!Que vergoña!, bolas de goma prohibidas,

Represión ao Pobo, mallando con soberbias

dos homes, Señoras pedindo DEMOCRACIA

coas mans en alto, as bagoas non choran….

Ver a un fillo agredir á aboa

que pensara, cando se deite, e recorde

a escena co mundo esta vendo,

súa mente chorará sempre coma un neno….

Perigos@s antisistemas, nos@s abo@s

achegan coma triplas encestando nas urnas

os seus votos pensados, ceibes, e sen coacción,

só os ineptos o queren impedir con defensas agresivas….

TREN DO PENSIONISTA VITAMINICO

martes 13 marzo 2018

A pirámide existencial do nome, apelidos

dos séculos pasados, esbirra

 do mundo dando reliquias

 sobre o só desquebraxado

que perturba a convivencia

entre os números.

Os movementos turbios

que soio as carballeiras distinguen

nunha románica casa

enlouquecen sombras ambulantes

o seu paso dos invernos fríos

esquecendo os tugurios prohibidos

dos pereir@s que difaman

os seus sombríos.

Os feitos cas velliñas

imploraban polo seu mártir

coidando arredor de si

as lumieiras acendidas

pra  que o calor insufle

ós labregos da terra

o porvir da colleita.

As dirixidas atrocidades

feitas polos ancestros laureados

fidalgos e demais calaña, mirábanse

polas fiestras con espaventos

discursos do froito, en todas

as súas variedades.

O relato dos cumes

envoltos en rexas mentais

moito gozar nas feituras

poil-o que rachar co sentir

da oligarquía estabrecida

e abastecer a terra da

neve salferída.

Despois dunha festa tranquila

con amigos da infancia,

desperto, e vexo imaxes que

me recordan as que vía dos holocaustos….

Creto

domingo 11 marzo 2018

Afeitar un pasado turbio

pra enchelo de vida

nun futuro próximo

é pensar nun ego persoal.

O díscolo universal choca

na malicia, reponse en día, de hoxe,

co Pobo recolle coa humanidade e humildade

que creou a natureza.

patentemos a historia coma

un foi, e o futuro coma un é.

Dista, calada

o noxento corrido

polo cá razón

non ten sendeiro

cá natureza

verta auga os pés

mais ou menos.

A palleta desenfreada

subía e baixaba, onde

cocían moitos sucos

os espellos espoliados

dos penedos polos

cá montaña chisca.

 A solaina dixo onde

a xolda se fai viral,

espallados documentos

có ceibar, soltan a morriña

que cinguían ao podado

da viña.

Arbores que non devastaban

o terreo, pola súa fondura,

onde os valados escorrían

auga que alimentaban as hedras

que co tempo o guizo, murcha

pra ribeira.

FOLGA FEMINISTA....

xoves 08 marzo 2018

O silencio tumba as noites

as noites vístense de gala

a cama refrixera o pensamento

de que vale a discusión

si nos evadimos na miseria

e adózamos as grandezas doutros.

Positivemos a miseria

e negativicemos a grandeza

e o amencer florecera coma o sol.

O poder desorienta cando

os pecados convértense en febres

en troques outros difaman, poren

a mentira escárvanas súa mente.

A natureza non pertence

a ningunha crenza

só ó seu desenrolo natural.

Discute cando queiras discutir

cala cando non queiras falar

e fala cando non queiras calar

porén non mates por matar.

Que importa nosa vida

si nosos herdeiros non saben,

non miran, non discorren,

nin cheiran nin maman, o que foi, é,

e será o día de mañá.

Non agochemos as inxerencias

dunha realidade, que empobrece

mais o pobre, enriquece mais o rico

mentres a terra padece por falla

de combustible.

Os marcianos están entre nos,

cada un de nos é un marcianito

que deambula polas sombras

da vida, para evolucionar nun

mundo novo de Paz….

Os silencios a veces torturan

porén outras mais dan moitas alegrías.

Abolidos os réximes antidemocráticos

agocharon o servir do Pobo

con democracias que buscaban

unha liberdade, onde escraviza

en forma económica de igual

sen ser igual para o Pobo.

Os dinosauros do poder

mandan a avaricia en sínteses

dos lustros coma lume….

membras e portavozas etc....

mércores 14 febreiro 2018

A incrustación da nova

en épocas de rebelión

aclara a parte onde se

agocha o significado

latente entre dous tipos

de defensa:

a mentira

e a verdade.

O facto fascista agochado

na democracia, engana o Pobo

disfrazando a liberdade

con consignas imperialistas

dos gobernos impostos po un capitalismo

salvaxe e sen dereitos pra os Pobres.

Reincidentes, repeticións, verbas infames

mentiras locuaces, persianas baixadas e subidas

televisións machucando inculturas,

falar non custa no retrete.

…. Pobre do bicho que non

entenda un mundo solto

baleiro de pensamentos.

dama soñadora....

martes 06 febreiro 2018

A igualdade é estar no mundo

que asimile a paridade coma un algo ou

senón coma un todo que potencie a

educación dende unha base ideolóxica do human@.

Cando a casa se fai grande

hai que empeñecela de tal forma

que non nos sintamos escravos de ninguén

senón compañeir@s dun sentido de vida parello.

Aconsellar cando se levan milleiros

de anos coa mesma historia de falarlle

ao subconcente que perda o razoamento

dun pasado e proxecte un presente – futuro novo.

Agrandar frases que se depositaron

en libros dos poetas, que enmarcaban

verdades traspostas nas melodías que

xurdían das musas que abrigaban as verbas.

Círculos abstractos que xorden das

minorías, supostamente analfabetizadas

dos Pobos, por relixións que divagaban

dun deus inexistente porén a seus ollos eran crentes.

Aine, dende que a cultura, a educación se

fixeron pudintes, as mentes intoxicadas

de loanzas despertaron do seu letargo e rexurdiu

o rapikoque das tebras agochadas nas despensas.

davos....

domingo 28 xaneiro 2018

Inmiscirse en lecturas que

fortalecen o ego abastecendo

no sistema da vida que sentes,

é crer que non estas só no mundo.

Sentir estar cando non estas,

é estar si estas onde debes estar,

cando si non foras estar onde tiñas que

estar, deixa aviso si vas estar ou non vas estar.

O que che vai marcando a vida

desenrolase na familia, nas amizades,

e o que lees, porén sempre cun análises

pra ir creándote a túa propia personalidade.

A revolución de cada un ten que

vir causada polo propio ego, sempre

co respecto cara unha comunidade que te

acolle, no seno dunha gran familia, que é o Pobo.

Desprezar o inapreciábel que conten

o negativismo impregnado no teu

cerebelo, que che quere ditar antipatías

que despois amences dilatado no tempo.

Aine, salientar nunha sociedade

que promova os valores dos seres

nun mundo único, onde a cabida que hai

é non menosprezar o fogar, no que nos topamos tod@s.

kokacola

xoves 25 xaneiro 2018

 

Estou pensando nunha fervenza

durmindo ou intentando,. baixo

un manto estrelar que me recorda que

se pode emprender un futuro de liberdade.

Dáme a impresión de que a

esquerda non quere ver mais alá,

ou penso,  co sistema esta tan corrupto

que non moven ficha, por aquilo do que saíra.

A xustiza entendida polas leis

escritas non son as mesmas, cós homes

incumpren a hora de dar benevolencias,

sexa por traballar en A ou por traballar en B.

Perante anos bailaba amordazando

os pés con agullas que me cravaban

a  gravidez da xustiza que ennegrecían as verbas

de protestas que se escoitaban coma tolemias.

As sabanas me perturban cada

noite, os amenceres depositan o

aluvión de sentimentos soñados

que se escorren na inocencia de estar aí.

Aine, non saio da metamorfoses

do teu pensamento, nin do destino

da fronteira que nos separa, o rapikoque,

desacredita o noso dinamismo, do noso ego.

volo, voar....

venres 19 xaneiro 2018

Nos costa asumir unha crianza

desenvolta no “machismo”, hai que

entender que non se troca dun día pra

outro, porén si intentalo mirando pra o futuro.

As presións a que nos vemos

por parte de todo un patriarcado

non pensar que é fácil asumir

un rol que se agocha no pensamento imposto.

A loita e coma todo na vida

si non hai educación na base, infancia,

cando pasan os anos, só vemos un burato

que se perde en segundos polos silencios.

Asociar o auxe dunha revolución

que asexa con frases extinguidas

dende o parbulario, someten ao sistema

de educación, crecendo con aromas persoais.

A dificultade de enriquecer todo

un vocabulario de forza feminina

que necesita pra que os poetas non

transmitamos dor senón rapikoque polo ar.

Aine, falar de utopías é falar

de realidades que están en boca

dos alucinados que somos o Pobo

que quere dar un xiro cara un mundo en Paz.

desafío infinito....

xoves 18 xaneiro 2018

Unha circunferencia é un infinito

dúas circunferencias é outro infinito,

así vexo o mundo descrito, un circulo

pasa a outro, na mente de cada discípulo.

Non existe liñas rectas que formulen

infinitos, existen círculos que se pechan

na vida de cada individuo, somos a

natureza creada por un mesmo.

Os números diagnostican cariño que depositan

no arte a matemática posta ao servizo da

intelixencia pra formar unha poesía criada

dende os sonos profundos.

As pálpebras que mandas dende

o teu mundo, falan de sinais depositadas

no almacén da sabedoría escrita

que difunde en verbas, poesía culta.

A arrogancia blasfema, inculta dos

intelectuais impostos polos fragmentos

espirituais, que amorriñan na súa verba descualificacións

bravas que se apousentan nos seus prexuízos.

Aine, os destinos recollen soños

envoltos en círculos recollidos pola

vida que emprendemos dende que asomamos

a cabeza ata que pechamos o sono cumprido.

Ahed Tamimi

luns 15 xaneiro 2018

A Lei, a Lei, a Lei,

que é a Lei?

que se rebaixen políticos que defenden ideas

nunha democracia ou os corruptos que choran.

A Lei, a Lei, a Lei,

dar un discurso que recolle

parte dunha cidadanía que

especula, rouba, e dignifica o Pobo.

A Lei, a Lei, a Lei,

subliñar na prensa os dilates

dun Pobo, que de forma pacifica

expresa o malestar con unha parte do país cos insultan.

A Lei, a Lei, a Lei,

e ser galego e deixar cas cousas

ocorran, agochándose en plasma,

por si no ovo sae un gato que miaña.

A Lei, a Lei, a Lei,

discútese, chégase a acordos,

dotase de presupostos, e si se chega

a bo porto, pódese incluso consultar o Pobo.

Aine, un só en música

ilustra gran cantidade de marabillas,

porén si lle damos harmonía con mais

instrumentos, os cores forman melodías da vida.

América Centro-Sur

domingo 14 xaneiro 2018

É mediodía a sociedade esta

durmida entre potas e comida

colocan a mesa, roxen, roxen, e falan

dunha “vida” que non atorde o seu sistema.

O descanso é eterno mentres sexa

domingo o sofá, espile os sonos

con coloreados praceres que hoxe

me vexo de rei e mañá de lacaio escéptico.

Os teus brazos móvense

entre bambolinas do desexo

realizan frases abastadas entre

paredes que recollen a sabia sen serenos.

O tempo pasa, e un pitillo

regala o extasiado intre da paixón

rebozada de corpos inscritos nos sonos

de recheo que agochaches na túa sinopses.

Un trago de vida somerxese nas

fauces dun premio poeirento de ar

que limpa as neuronas reprimidas

dun letargo florecemento do espazo-tempo.

Aine, non dubides cás animalias

perviven agochadas polos xardíns

enraizando en soberbias do homes

que perden o ser e se volven animais sen cerebelo.

Argentina....

sabado 13 xaneiro 2018

As sandeces incrustadas nos

desertos mentais que proporcionan

virus nos cerebelos inmunizados

ao dor, que sofren por padecer unha incultura.

Os reloxos integrantes da paranoia

co tempo aglutina na sobredoses

de traballo, que enraizamos na adrenalina

que deixamos en anos pra cobrar unha pensión.

Os supostos probados da antíteses dunha

nación, son desequilibrios inventados pra

que o Pobo se excite, con quenturas nas rúas

mentres os lobbys fan caixa, pra seu peto.

A ignorancia que temos, e o medo que

nos impoñen en forma de relixións páganas,

procedemos a esquivar cun troco radical

que solvente con gratitude o noso voto na urna.

Estabrecemos coma o principio o medo,

discutimos as falsidades do sistema en si,

e cando se nos abren os ollos emparentámonos

en diferenzas que catapultan o Porvir.

Aine, o sol ten que entrar polas ventas

dos Pobos oprimidos e ir parello coas demandas

que se exerce aos gobernos, pra que non delincan

impoñendo a forza, sobre a chave que necesitas pra subsistir.

México....

venres 12 xaneiro 2018

O intre que move un

lapsus que desterra un

destino, dun curazón

envolto nun recuncho ficticio.

A sinxela admiración

de levar unha rosa

campea polos sucos de pel unha

complexa adulteración do organismo.

A historia envolta nun mester

linguaxe de signos adultos

que rompen co estabrecido

en divertidas noites perversas.

As etapas abren rutas

que enarboran a paixón

en canto visionas amenceres

que ilustran gozosas emocións.

Mas tarde que cedo foi a espera

por continuos ataques pasionais

que recollíanse por ventos espontáneos

envolvendo os cabelos entre liñaxes apostos.

Aine, aducir entre as falas

reservadas de cada Pobo que

achega coa súa cultura, recheos

de rapikoque sobre o alma dos seres humáns.

Honduras....

xoves 11 xaneiro 2018

Pestanexan nos teus beizos

a mirada profunda que serve

o mar lambetadas de sonos

que purifican as ganas de vivir.

Almaceno destinos que esperan

respostas, no ensamblaxe  da choiva

que marca a ruta, por onde os ventos

amainan o curazón de verbas silenciosas.

As ás impostas no viraxe ecuánime

onde os proxectos peculiares que

administran as duras batallas da

razón, se volven tolas de só pensarte.

Os fogos espoliados nos adxacentes

pálpebras, reducen os amenceres

con soles apagados polas néboas,

que respiro nesta muralla rocambolesca.

As frases esculpidas no morriñado tempo

que bifurca un paisaxe envolto en

praceres que serven coma mamatorias

que te espilen na vida autónoma.

Aine, as verdes oliveiras, empoan as

rúas de sonos virais, que transportan

os sentimentos por ese mar que aglutina

paz e misterio nas noites de lúa chea.

Brasil....

mércores 10 xaneiro 2018

Dáslles vida, ignoras obras

que invertes co capital do Pobo,

non tedes responsabilidades

e por encima ingresas pra o peto.

Almacenas riquezas nos paraísos

fiscais de nomes humildes que

poñen o número cun dedo manchado

en tinta dos sistemas corruptos.

Falas de paz, coma a corrupción

encuberta, no teu silencio, que agochas

disparando verbas sobre o Pobo,

de que es o mais honorable da terra.

Perturbas o teu estado de animo

xogando co mundo en estado paranoico

que nos séculos fuches perdendo estados

por pensar nunha supremacía que non che outorga.

Vales o que compras, e compras

o que vendes, porén todo é fume

que leva o vento, e que se volve viral

cando reciclan que todo é unha mentira.

Aine, sortear todo tipo de obstáculos

que impoñen a teu paso é un labirinto

que todos os días tes que ir memorizando

pra non  perderte e voltar a un pasado inhóspito.

Ecuador....

martes 09 xaneiro 2018

A astucia impregnada de leis

prasmadas en libros que se creen

inamovibles ante os ollos do Pobo

resultan adaptados pra certos persoeiros.

As varas de medir ante os ollos

da xustiza dunha democracia, nunca

pode prevalecer os fíos agochados

en esqueletos pensantes que so miran pra un bando.

As oligarquías loitan pra que o rabaño

non se divida e vaia cada un polo seu lado

formando luces e sombras entre

barrios que dignifican o novo ser humano.

As virtudes destapadas dos seres

que enraizaron nunha esquina do

cerebelo, obstrúen o despertar do Pobo

que só ve medo, da sociedade que se move.

Os lustros empanan os ollos

dos que a súa vellez séntese

arroupada polo cansazo do traballo imposto

por unha mans que non o deixan pensar.

Aine, os desertos empezan a ver

unha branca neve, cá fala do Pobo

non se atreve a dicir, porén algo esta

trocando, deben ser presentimentos dun alelí.

incongruentes xustizas

luns 08 xaneiro 2018

Que é un ser human ?

algo de usar e tirar, de nacer

e morrer, de rir e chorar….,

os poderes só ven terra morta.

Que é a natureza ?

intoxicación dos poderes fácticos,

desequilibrios mentais dos homes,

forzas supremas exercidas polo sol e a lúa,

devastación dos humanos sen control.

Que somos o Pobo ?

números solidarios que exercen en solitario

os poderosos pra desequilibrar os veciños

con envexas que perturban a convivencia

pra desunir o que vive, e desorientar a unión do Pobo.

Atareados nos levantamos cada mañá

organizamos coma podemos o día

escribimos na mente os praceres vividos

e colocamos a noite nun recuncho os deberes feitos.

Prantar escusas o longo da vida,

sinónimo da perdida da realidade,

destruír eses pensamentos que nos levan a

posicións retrogradas impostas polas malas linguas.

Aine, que ceibes sería a vida

cando un sufrir sería unha ledicia

que embeleza as bagoas con sonos

utópicos envoltos en verdades e non en mentiras.

franco morreu

domingo 07 xaneiro 2018

Levo días varado, entre as

circunstancias dun porvir desaguisado

ou porvir entrelazado entre territorios

solidarios nun mundo de fraternidade.

Non esquezo o adotrinamento obtido

polas fauces dos silencios que me

invocas, inda que na retagarda

os ollos que miran non enganan os destinos.

A amizade camuflada ente as rochas

que enriquecen o paisaxe da melancolía

expresada en doses dun futuro

que só ti encobres cando mires o infinito.

Envoltos en días marcados polo calendario

nos que os pensamentos esquivos

agochan os meus soles enviados

a un recuncho que esquece dar un asubío.

A concreción retórica levada polo

auxe da dicotomía diaria entre

grelos espallados polo prato

retoman olores desafiantes entre os comensais.

Aine, experimentar sensacións futuras

entre verbas camufladas polos horizontes

diversos, que alimenta doses de poemas

a espera de que os ríos embelezan os soños.

Raíñas....

sabado 06 xaneiro 2018

Meu desasosego envolto

entre unhas chamadas de ar

silencioso cá través dos mares

arroupan os pensamentos futuros.

Paso a paso, entre caudais

húmidos, percorremos as montañas

que indultan extramuros, curvos

de sede, por falar dos oprimidos.

Levanto a voz entre mensaxes

que chegan naturais a mente

descifrando co arco da vella

os distantes vocábulos transmitidos.

A perfecta sintonía aliviada

polos pasaxes impresos nas rúas

que acubillan pombas petiscando

os secretos que gardan as pisadas.

Ninguén negocia fontes de sabedoría

cá natureza implanta nas portadas

dun mundo, no que os gregarios

impoñen camiños nos que albergan destinos.

Aine, a sinxeleza coa que o mar

acaricia as rochas, son as verbas

que con agarimo vou destripando

o rapikoque, que sobre teus beizos describo.

seducindo @s demócratas

xoves 04 xaneiro 2018

Estimación de probabilidades

dun encontro casual, no que o interese

sublime de constancia persoal

prevaleza sobre o estatus de estar.

A admiración conseguida perante

días e noites pensando nas posibilidades

de tirar barreiras que seduzan o paso

con garantías de non tropezar na soedade.

Ningún acto irresponsábel pode

desenrolar as miradas escritas no

tempo, denigrado polo pasotismo

esnifado dunha vida relaxada, no acontecer diario.

As propostas insalvables de comunidades

que se pechan en mecanismos mentais

antepostos a proxectos que realizamos

cunha amalgama de cores distribuídos no anonimato.

As razóns que involucran a lóxica

desmitificada en horas de pensamento

rectilíneo desproporciona a realidade

cando che envaíña o rexurdir do rapikoque.

Aine, non adoezas dos pícaros

que desnaturalizan a sonoridade

que escoitamos, de cando os estados

de animo reverten a volta ao traballo.

binomios de paletilla

mércores 03 xaneiro 2018

Atopar raíces que minervan

na sínteses do ozono que nos

da vida, non é desperdiciar

as miras que podes ter no futuro.

Embarcarse nun horizonte

que demanda actitudes honestas

sobre eidos floridos de cores

que se adestran con moita cultura.

A rocambolesca batalla adscrita

ao pensamento, atribúe síntomas

que despexada as incógnitas manteñen

unha canción na súa pura dicotomía.

Lembrar episodios distantes

no tempo que fixo nos atenuantes

discursos, parafraseando tolemias

que rachaban a constante indignación do Pobo.

O fornecido aderezado de virtudes

colosais, aporrea ás burguesías

enclaustrando períodos que por si

eles emanan do pasado retórico.

Aine, desligarse dos remuíños

mentais, ocasionados por directrices

que buscan un rei inexistente

entre os poderes fácticos da vida.

diastema

luns 01 xaneiro 2018

Escoito o latido da choiva

que presume de mollar a terra

engulindo os ollos que alistan

a mirada pra que floreza a sabia.

Abastecer cada noite con voces

de entoación de novas que circulan

por un mundo onde a miseria desdeña

a pulcritude do home que asinte ó dor.

O arrogante encubrimento escorregadizo

de matinais agudezas de anos perdidos

polo paso do tempo incomunicados por

comunicacións que despertaban imaxes nocturnas.

No eido fluía unha fenda

co que a manida saturábame

os pensamentos, non poñía desleixo

a quimera pra formar silepses que non levara o vento.

A hirsuta rascaba a tolerancia

que depositaba a felicidade que me

recordaba a memoria polos vieiros

adornados de salferídas rúas da diáspora.

Aine, che desexo un sol que alumee o teu

curazón pra un 2018 sexa o

rapikoque pra ambos

nun mundo de felicidade, harmonía e dignidade.

empatizar

xoves 28 decembro 2017

A historia equidistante onde

a imaxinación despregou o seu

estatus de brillantez a hora de

desmembrar a lucidez dos días.

O silencio apagado de cando en vez

cos documentais da vida discorrían

coma imaxes solitarias que na soedade

do sofá abrandaban con duras poesías.

O pisar urbano que percorría

deambulando entre tabernas

difusas, de grandes homes que

escenifican o Pobo con gran mestría.

A apertura da sociedade ás mulleres,

agochadas nun mundo

onde seu circulo era as paredes

que se atopaban no recuncho da casa.

Os sinónimos impostos de mentiras

ás verbas que enaltecías de frases

os propósitos virís onde a realeza

degustaba con lurpias e inexactas acometidas.

Aine, o fogar e duro coma a vida

non obstante resarcirse de tanto

sufrimento silencioso das mulleres

e premiar a fala poética con sabedoría e intelixencia.

Liberdade pra presos xurídicos

luns 25 decembro 2017

Alterar os silencios impulsados

polo curazón, que abriga os sentimentos

en verbas pintadas de hologramas

que reafirman a paixón polo rapikoque.

As frases ocultas nos libros

de grandes poesías escritas

á soedade de noites invernais,

que embargan o espírito da vida.

Os sonos incautados polos desertos

fríos e quentes, impostos polos

pequenos graos que fan unha

gra parodia de realidade impoluta.

As sales mariñas que ensamblan

o brillo dos teus ollos, sobre un mar

que acostuma a adulterar o sabor

da mirada que enlouquece meu iris.

Os astros que vexetan polo firmamento

dosifican a lúa protectora das saudades

incrustadas na poesía que embelece

o dogma imposto por unha natureza perfecta.

Aine, a hora do rapikoque que esta

no tempo en que digas cás verbas

do poema se bambee entre os

lóstregos cás estrelas alumen o mar de mares.

mans negras

xoves 21 decembro 2017

Estás, estiveches, estás,

estiven ou estivemos naquel

recuncho, onde florecían as nostalxias,

onde prevalecían os lamentos.

Latriquei perante séculos,

amanecin con caídas dos peitos

e ti nunca te dignaches a preguntarme

si padecía dos síntomas da miña nai.

Sempre me preguntei si ti estabas

no decorado infernil  que padecía

nosa  ingrata potestade ante as mentiras

impostas por quen cres que é teu deus.

As caídas non chegan  cando un

berra, si ti foras o doce que

encámela a miña doce mirada

diría que eras o sono onde me perdo.

O trasluz que depositan os sonos

non esquecen os silabarios que nos

ensinaron, cando de pequenos ouviamos

os rexeitamentos que nos inculcaban por ser serenos.

Aine, por ser dama esvelta,

guapa, ou bela non incrustamos

nas partituras da vida, os silencios

pra apagar o mal efectuado polo tempo.

fraternidade ambigua

mércores 20 decembro 2017

Enaltecer o curazón na chegada

do inverno, esmigallando todo

o ano de alegrías e penas, amnistiemos

os pensamentos recordando o tempo.

Pasamos a vida entre doses

de lumes cruzados que te pillan

escoitando unha música agradábel

nas mañás frías de brétemas amuralladas.

Un morea de colosos pasan

despistados, mentres aflora

esta poesía sobre o verniz

da miña mente aguerrida, a loita.

As verbas salpican o decorado

entre imaxe e imaxe rexenta

os ollos cun día de furia sobre

meu corpo asexaban males rancorosos.

A iitinerancia de sobrepoñerse

as forzas do mal que inculcan

na mente o sufrimento litúrxico

pra que perdamos as ansias de vida digna.

Aine, a natureza agocha un

tipo de vida, que estudando

as súa psicoloxía, podemos chegar

a conclusión onde o futuro reviva.

a lóxica ilóxica

martes 19 decembro 2017

Descendemos das terras

que emanaron fortaleza,

que nos alimentaron sabedoría,

nosa loita é a rexeneración dela.

Proxectamos instrumentos pra nosa

calidade de vida, non obstante non nos

paramos a pensar nas consecuencias da

deshumanización de quen as traballan.

Empapelamos de cores nosas

mentes, con salvocondutos de

propaganda, malgastando

en compras que van pra o faiado.

Solucionamos os problemas de amizades

con unhas etiquetas de requirimentos

ambiguas, que a hora de imprimir

a razón, cada un mira pra outro sitio.

A especulación leva dobre sentido,

por un lado desfacer o estabrecido

e por outro votar do territorio

os mal nacidos, digamos o Pobo oprimido.

Aine, a sinxeleza das verbas

diagnostican a crueza da razón,

non obstante deben servir pra abrir

camiños na mente, onde a “luz” se impoña.

presupostos participativos

luns 18 decembro 2017

Non nos enganemos señoría

unha copia reproduce un orixinal

e si este e malo e infecta o Pobo

impregna os mesmos defectos, mentir.

Os que sofren as políticas vertidas

por un sistema corrupto, que desvirtúa

o clima, empobrece a terra, diagnostican

infamias que realzan poder na sombra.

O medo chega a cima do cerebro

barallando no Pobo, perfectas crises

pra non perder pola ratonería, os aforros

que perante a vida acumularon.

O capital chama capital e si non

atopa, busca nos aforros do Pobo

sen importarlles de que son

só buscan un xuro pra abastecer o seu.

Os prexuízos evolucionan nas mentes

encristadas por sociedades que evolucionaron

polo traballo dos Pobos, que con seu esforzo

sacaron os fill@s pra ter unha vida digna.

Aine, as trampas co machismo impregna

deixando facer, poren non facendo e

o que as liturxias recitan con verbas

que eles mesmos ignoran sobre o tapete.

esforzo ciclópico

domingo 17 decembro 2017

Que esta pasando?

non despertades, dese sono

cá realidade vos esta bloqueando,

os tempos pasados xa son historia.

A forza unida que representa

o Pobo non pode estar a expensas

das desunións do estado coa fala

transversal da unións dos Pobos.

As conquistas desenroladas perante

anos polo Pobo non debe confundir

as realidades expostas na túa loita por unha

dignidade que non debe de caer no esquecemento.

Si non permitimos que eses silencios

pechados no caixón dos recordos

coma si quixeramos seguir escoitando

as mesmas tetanias e padecendo o mesmo medo.

É a hora de voltarse xoven

repelendo ás forzas opresoras

de forma pacifica, que estudaba na mente

a sobredoses de humildade que temos, o poder.

Aine, o sentir non pode desprezar

a intelixencia artificial pra que o sono

se faga viral, deposita teu entusiasmo

nos que defenden a solaridade co Pobo.

masculinidade tóxica

martes 12 decembro 2017

Sego descubrindo paisaxes

por onde as rúas transitan solitarias,

de soños que queren verte polos paseos

da nocturnidade onde a lúa resprandezca a silueta.

A natureza alimenta os roles

escrutados en verbas depositadas

nas paredes do mundo, que falan

das inxustizas que por ser muller ecriptan.

Pertencer aos mundos que avalan

sonos estereotipados polos principios

da lóxica human, reverte no coñecemento

cá sintaxes enraíza nos pensamentos individuais.

Os logros onde as mentiras

saturan os premios concedidos

a unha soa forza viril, encadea os maltratos

superpostos cun sentir obedece por séculos.

As probas de rexurdimento dunhas

verbas impostas en sentencias onde o dor

da mente non se albisca nos reclamos

incandescentes de quen recibe a liturxia.

Aine, o macho impón súa ignorancia

colgándose medallas cas igrexas lles impoñen

pra dilucidar co seu poderío estar nun deus que escraviza

a pobreza do Pobo, dándolle a muller represión, eles mesmos.

poder senil

luns 11 decembro 2017

Estar nun mundo de fantasía

que enigmaticamente apela

a chuvia dun curazón que espárrama

lambetadas de bilirrubina nos destinos.

Acougar sedentos opresores

que entre as cellas dos ollos desertos

repelen analxésicos, sobre as voces

perturbadas no almacenamento dos senos.

Visibilizar un carrexamento de gozos

que aplanen o aplanamento dos cabelos

que barallan secuaces levitacións

no reloxo que marca un sol no vento sur.

Alfabetizar os sinónimos da beleza

que ensambla as rúas coas frescas

murallas cás imposicións dese alguén

que separa a realidade dun futuro infinito.

Aplaudindo percorridos que abastecen

de señais de deusas salpicadas de humáns

que non blasfeman os espíritos das verdades

perdidas polo paso do tempo, “a memoria”.

Aine, ao chegar ao rapikoque co meu

curazón obedece sentimentos buscados

en tempos pasados, a morriña dun porvir

que ilustra túa intelixencia na miña mente poética.

perversión imperialista

domingo 10 decembro 2017

Arrancamos o día aumentando

doses de tenrura, non obstante

os que inflaman con sandeces

turbias, buscan a sublevación dos Pobos.

Que formula de enfrontamento indigna

con verbas ás masas, se nas contrarréplicas

non se actúan coa mesma doses de inxurias,

pra quen da, reciba a mesma liturxia.

Actúan co menosprezo, por que saben

que no fondo, provocacións teóricas

desenrola nos Pobos, autorabechas da

mente, có final desorienta unha intelixencia.

O sentir é moi forte, se ven de

alguén que coas súas actuacións

invoca a movementos das masas

pra que actúen as seguridades con leña ao mono.

A sabendas das actuacións que practicaron

en séculos, débense adquirir novos

formatos que extasíen e paralicen

os egoísmos existentes por adiñeirados indixentes.

Aine, os duros enfoques que se

podan dar, son difíciles de asimilar

polas mentes a hora de actuar, non obstante

debese plasmar entre os anelados soños despertos.

inacción no disenso

mércores 06 decembro 2017

O engrenaxe cá vida lle da

aos distintos Pobos que conforman

unha nación plurinacional onde

describir súa cultura, prescribe no tempo.

O realismo escrito por idiomas

diferentes, que buscan nas súas

raíces, un sentir dun Pobo que

engrandece todo con áureas de natureza.

O plasmar unha vida de acollemento

das distintas etnias culturais que

abarca o terráqueo, fala do positivismo

dun Pobo que sabe recibir e dar Paz.

A distorsión do sufrimento impulsado

por oradores clandestinos, que bifurcaban

entre un subir e baixar unha forma de resistencia

que enlataba de gaitas o mar de alborada.

O fronte común de Pobos resistentes

que abalaban grandes extensións de terra

produtiva, embelecían paisaxes que poetas

describían coma tons amarelados dos silencios

Aine, espaventos de sabedoría

aturan este pais, que non lle atopo

o mais representativo, por variedade, si algo podemos definir

do noso Pobo, son as mulleres abríndose camiño no mundo.

hipertrofia gobernamental

martes 05 decembro 2017

Vai chegando outro inverno,

as follas doa árbores fan abono

no chan, os corpos mingúan e

disparan a tarifa, pra saldar débedas do medo.

A sínteses do estado que alimenta

de salarios indignos o Pobo

recrúan á infancia dos nen@s

que sofren a traxedia dos indebidos, por non poder….

Mentres uns depositan sórdidas

verbas de poder, que trafican

cos empregos, deseñando continxentes,

pra que renaza no Pobo a envexa entre eles.

A volatilidade ca vida ensina

ao empresario é difamar que non

se fai negocio nestes tempos, e despois

ensina as xoias, lucíndoas por onde pasa.

A precariedade é o síntoma do capitalismo

que erosiona o capital do Pobo

coa desigualdade e a perdida de benestar

pra que os beneficios sexan maiores pra seu peto.

Aine, desbaratemos as desidias dos

opresores, que so ven no Pobo a forma

de seus negocios, sen importarlles nada

se sofren, pasan frío ou morren.

saude de pensamento

luns 04 decembro 2017

As andainas polos foros das tabernas

escóitanse as veces coma os poderes

fácticos actúan sobre as mentes pra expulsar

pola boca frases que desvirtúan o ambente.

A realidade impregnada de mentiras

dan un cor que enturba o lenzo

pra que a xustiza se engurre ante o sistema

e faga desproporcionadas sentencias sen sentidiño.

As mentiras que leemos na prensa

escurecen o diámetro da intelixencia

dos escritores que dan as novas

coma se foran feros perdigóns.

A defensa cos poderes políticos actúan

nunca se retrotraen no Pobo senón

mais ben actúan con espiñas cravadas,

pra que as súas culturas mingúen en silencios.

Facemos monumentos de bens de intereses cultural

pra protexelos, e a historia dignifique

as culturas que pasaron polos Pobos, porén

nunca facemos da “NATUREZA” bens de intereses mundial.

Aine, é difícil non estabrecer pontes

entre os homes e as mulleres que se

salven dunha caída a auga, so poñendo

voluntade dos Pobos que pensan ceibes.

decantando a vida

domingo 03 decembro 2017

A necidade do home cando é

pra dar axudas os Pobres non

dignifican a súa mente coa solidariedade,

logo teñen medo cando van polas rúas.

Incluír as sociedades que se atopan

nos “baixos fondos” por desidia do capitalismo,

cós exclúe dunha vida decente,

seria abrir as mentes pra un futuro emerxente.

Os dereitos que calquer traballador/a obtivo

na súa vida, pra unha comunidade que lles

deu de comer as súas familias, debería obter

por parte do estado o premio dunha xubilación digna.

Din có traballo dignifica, sempre que estes

en activo e produzas, non obstante cando atópaste

no paro, provocado por crises capitalistas

entón os estados non queren saber nada da túa vida.

O sistema educativo que baila solitarios

pases entre gobernos distintos, non están

a buscar a infancia do neno que serva ao seu mundo,

buscan o deterioro na mente pra dominalos sen que pensen.

Aine, o defender cós Pobos avancen

entre os destinos das súas persoas, enraíza

a liberdade das comunidades que ven nos gobernos

a defensa das necesidades que propoñen os Pobos ceibes.

coma escarpias

sabado 02 decembro 2017

A loita polo Ártico de millóns

de cidadáns, enfróntanse as mafias

que co afán económico destrúen

a sabia dese corpo que é a terra.

Na miña mente cada vez realizase

unha revolución de verbas e pensamentos

que me levan a pensar co noso machismo

o temos que ir aparcando e dando sentido a paridade.

O mundo está dividido en comunidades

onde as súas culturas desenrola historias

que no futuro exaculan doses de dignidade

pra espallar súa sabedoría pol@s turistas cás visitan.

O opio de Pobo, non pode embargar

as comunidades, senón son elas as que

apartan do poder, os alicerces que invitan por dominio

as destrucións dos pensamentos, pra non ser ceibes.

As envexas entre comunidades provocan

desidia, loitas, e ignorancia do Pobo,

a salubridade da vida lévanos a crer

en estatutos que coordinen un mundo sen hipocrisías.

Aine, a túa utopía é tan real

coma a miña poesía, verificando o rapikoque

cás sociedades futuristas non empeñen o legado

da terra coma unha luxuria do home sobre a vida.

siso

xoves 30 novembro 2017

A man dereita agóchase

a man esquerda desperta

o corpo flúe entre as néboas

e o mundo navega entre correntes.

Os loros repiten e repiten

os Pobos escoitan entre silencios

os ouveos dos lobos

e as frases refrescantes dos paxaros.

As frores relinchan neste inverno

as cóxegas retrotraen populares xogos

que experimentan novas sensacións

a hora de elixir o teu cor no lenzo.

No troque de día pérdome no avituallamento

cando pra enriba despego

o tempo correspondese co alma

escrita que pase pola adiviñanza d@s poetas.

Os astros posicionanse dacordo

a doses de humanidade na que se

involucra a lúa e o sol, respectando

as tarefas diarias da natureza na terra.

Aine, que vulgar seriamos os humanos

cás atrocidades escritas do pasado

non se resolvan, pasado o desequilibrio

da xeada matinal, e desapareza o medo escénico.

Profes

martes 28 novembro 2017

De que vale facer unha historia

de grandes logros, de grandes dereitos,

de grandes loitas, se pasa o tempo

e realmente que consegues,dinamitar as ideas.

O servir con grandeza todo o poder

que outórgache o Pobo, histericamente

relatas o conto, o porvir do almacenamento

de ideas, recóllense pra o caixón que enraíce o tempo.

O medo a un pasado tormentoso

que desequilibraron ideais, postos por

inxeniosos intelectuais das materias,

rompen o cerco pra contentar obscenos delincuentes.

Achar na vida tropezóns, que se

divulgan con esmero, polas artimañas

dun estado, que pola súa soberbia encara

padecementos o Pobo, imprimíndolle medo.

As oligarquías debuxan mapas

sen importarlles o terreo no que os Pobos

agudizan seu inxenio, precarizan nos

mandos a mala praxes que de eles, veñen de vello.

Aine, non politizar a política en tempos

confusos, e deixar cós gobernantes apolitícenos

embargándonos en historias interminables

que non chegan a bo porto, por falla de empeño.

Meirás

domingo 26 novembro 2017

Que frustante ler sobre unha

guerra onde a indixencia dos pais pagámolas

os fill@s, onde só se escudaron nuns

silencios provocados por un exterminio.

Prodúceme algo no interior,

cós que mandan non lles importa

o Pobo, só lles importa a riqueza e destituír

o Pobo por números que sirvan o poder.

Cando as ideas matan os servizos

co Pobo fai coa natureza, co benestar

da sociedade, cos cultura, etc….,dos Pobos,

entón estanos matando a sobrevivir desta terra.

O curazón que sofre por todas

estas barbaridades, perante

séculos a humanidade non aprendeu

a vivir nunha Paz por culpa dos poderes fácticos.

A historia non podemos estar repetíndoa,

as novas xeracións, teñen que lograr un

mundo onde tod@s collamos, sen envexas entre

os pobos nin dominios sobre eles, porén irmanados.

Aine, o noso futuro coma o do mundo

ten que despertar desa ignorancia que

nos ten cativada polos medios que están as

ordes dos que buscan unha repetición da historia.

Campeón

venres 24 novembro 2017

Os intres de relaxación

envoltos nos alicerces da sabedoría,

espallados nos lugares íntimos

escanean unha vida digna.

Os avatares impostos en busca

de realidades atareadas por traballos

de gozo, perpetuados nunhas familias,

co servir non é padecer senón apreciar o rapikoque.

O valedor inscrito nos viaxes

que retrotraen culturas distintas

abren as mentes, posicións esculturais

cá hora dunha charla fan pensar na vida.

As ansias de perpetrar síntomas

de noites pracenteiras, embargadas

por tempos de ensoñación descubertos

polas morriñas vividas entre seres despertos.

A xuventude que trae novas formas,

que empeña seu destino na melloranza

de vidas paralelas, que non soltan lastre

pra deseñar algoritmos dunha natureza perfecta.

Aine, un pracer dos praceres atópanse

escoitando, dialogando entre comensais

que afloran de requeza paisaxística

pra que os poetas deseñemos un rapikoque futurista.