RACHAR CO PASADO PRA UN PRESENTE-FUTURO

venres 04 maio 2018

A cultura do medo

esta tan arraigada no Pobo

que non ven mais razón

ca que queren ver, digamos

o río, nunha chega ao mar.

                               Flor da vida, é a escusa

perfecta , para o deporte exposto

ao ar que emana da natureza

e respira con rapikoque todo

o corpo dun ser….

                Non mover ficha, cando só tes unha

e trampear o xogo, e coma dicirlle

a vida que fas o solitario facendo

trampas, mentres atópaste, na soedade dos días.

Atopar o equilibrio dun mesmo

e buscar a paz interior ca natureza

nos da, en forma de rapikoque cos

sentimentos aducidos polos que che rodean.

Non obviar a descaro co que

xogan con nos, é responderlles cun

carácter subliminar ao estado das cousas

que interfiren no noso organismo.

No enxabre da vida

inculturizarse da natureza,

coma provocar escorrentadas

nos pensamentos, son erros inaceptados

polas realidades superpostas futuras.