LE POUVOIR É XOVEN

sabado 05 maio 2018

O lume non queima

si a man allea non recrimina

a maldade, cun expedinte con

círculos amortiza con unha unión verdadeira.

A transparencia de dous planos

superpostos é unha receita

sombreada cá vida nos outorga

no paso por saber estar na terra.

O cego non ve, porén mira

no seu arredor coma a vida pasa

escoitando voces que non lle enturban

os pensamentos, mais ben goza con sentilos.

O norte campea polo deserto

da humildade, sen avaricia,

sen rancores , os destinos xúntanse

pra esquivar golpes inxustificados da xustiza.

Cando o capital non pode

co Pobo usan á xustiza

para tapar a corrupción

que eles mesmos provocaron.

En DEMOCRACIA o calar dos

políticos é un esperpento de

cara a realidade, non se pode

esperar ao que pasa….