franco caput

luns 07 maio 2018

Non demores a sabedoría que

levas no interior, distorsiona

e enxauga as verbas, de tal maneira

cá revolta no Pobo, se faga rapikoque.

Secuencias gravitatorias no tempo

despexan locuaces axiomas que

envexan de medo o despertar

do Pobo dos silencios.

A Sátira envolta de envexa

menospreza ao contrincante

porén evádese da realidade

que lle outorga ser presa.

Os celos son inhumas

si os provocas, incendian

a envexa, adotrinan os pensamentos

e inculcan veleno na mente pra delinquir.

Arrólate nesta vida

de sedentas verbas,

que aplanan a sabedoría

pra non perderte pola natureza.

Que estación non recolle a chegada

dos que che veñen visitar

ou a ida dos que se marchan

por falla de “cuorum” pra voltar cando volvan.