retrovisores democráticos

domingo 13 maio 2018

Entre bambolinas andaba o medo

de dar o paso acertado, esperando

a subir o pano pra saír enzoufado

de rapikoque todo o estatus da felicidade.

A antíteses do rexurdimento

da felicidade, invocamos ao mundo

a solaridade dos Pobos, ante o

acoso da sociedade de “unha e grande”.

Despexando a razón imposta pola

sociedade, que adoutrina unha infelicidade

con malversacións da envexa que

incrustaron os antepasados.

Cando estas mirando a nada

diviso que estas mirando un sono

que escribes con gran soltura

nas paxinas brancas, os mundos da neveira.

Os reflexos, ricos en intelixencias

gozan de impunidade do mar

que transparenta o orgullo

do poder silencioso do Pobo.

Ao monte sóbese pra soñar,

ao río escoitar a voz correr,

e ao mar soltar lastre e remar,

os anos ver pasar con dignidade.