aleivosía das flores

martes 15 maio 2018

Escoito o silencio da noite

que un día coma hoxe as

flores innatas da xuventude bela

escribía a historia a forza natural do RAPIKOQUE.

Escoito o sentir da noite

antes de que o galo cante

os soños de millóns que se volven

virais nas rúas das cidades , polo Pobo.

Escoito o falar da noite

brillar as estrelas entre o saber

dun bico Rapikoquiano que dilúe

o pracer envolto na sabedoría da imaxinación.

Escoito os recitais poéticos

que non teñen saudade, o pasado enlatado,

porén ecriptan un presente-futuro

de voces que berran pacificamente liberdade….

Escoito risas nos balcóns

de persoas que aplauden a esmorga

que na rúa, os tambores saúdan unha

natureza nova que cura a envexa pra dar máximo respecto.

…. Escóitovos ca poesía saúdavos

cun emblema diferente da forza da vida

que inventa unha igualdade ata agora

non escrita porén o mundo a recita….