xudías achicharradas

mércores 16 maio 2018

As veces a profesionalidade embarca

a persoa criterios que desdí da súa

personalidade, co Pobo debe entender

coma un arrebato á melancolía.

Agrupando etapas que revertan

no pracer dunha vida estabilizada

require de doses de personalidade, que

certos gobernos esnaquizan por seus intereses.

A competitividade non é un todo,

almorzas cun traballo remunerado,

escalas nun mundo solitario,

e cando te das conta es un simpre número.

A bandeira dignifica aos Pobos

que loitan por unha liberdade da vida,

en troco hai quen a usa coma si fora

un trapo pra delinquir a gusto do pulso.

As verbas escritas en imaxes

dan un subvertemento, có cerebelo

pubrica unhas veces en poesía e outras

en pintura, expresións que do mundo escoitas.

A diagnoses poética en estado de

salubridade reverte en pirámides

que funcionan nos sistemas

incrustados pra dominar ós Pobos, á submisión.