CAMPÍAS

xoves 17 maio 2018

Meus pensamentos en of. almacenan

refachos de amor do pasado, que escorrentaron

da vida o proído dun sentidiño desaxeitado

que co Rapikoque reencontreime nun vivir futuro.

Os ollos buscados nas miradas perdidas

plasmadas en lenzos, describen unha realidade,

que atopaba nun 50% do pensamento da muller

virtual que me acompaña no periplo do Rapikoque.

O estatus vivido nos derradeiros anos desenfundaron

en min a paixón do Rapikoque, nas entrañas naturais

da natureza que me serviron  pra representar unha

tolemia alcanzada só no desenrolo do cerebelo intelectual.

O sentir do corpo en aras do estrondo

embargando a coroa a un desfalecemento dun

azul sangue, que esnaquizaba a muller, outra vez ao

esquecemento, onde o Rapikoque suplantou o Respecto.

O Rapikoque so lle da os cores a ese

cadro da vida, pra que os sonos que se ían

perdendo polo paso do tempo, broten coma as flores

nos vosos curazóns coma un soño realizado como un todo, “o Rapikoque”.

….hoxe día grande en Galiza escollo unha

verba que pra min representa un todo

ao RESPECTO e a DIGNIDADE do home-muller,

xunto con natureza que é “RAPIKOQUE”, pra o POBO.