Envexas políticas

venres 18 maio 2018

Escusarse en ningunear o que

provoca desasosego nas paridas

perpetradas por poderes que ignoran

a forza natural da natureza, é insubmisión.

A preguiza espiritual dexenera

no seu estado, provocando na mente

craros e sombras que nos levan a

esquecernos de que temos que coidar a terra.

Nas altas montanas nevadas

divisase un horizonte, que espraia

os pensamentos disuasorios que

enxalzan os curazóns desterrados polo opresor.

A impotencia abstracta a que

nos someten políticos que seguen

mirando pra un pasado absurdo

desorientan ao Pobo cara un futuro de esperanza.

Xogar cos Pobos coma moeda

de troco, embarra a intelixencia

de quen produce ese tipo de actos

diagnostiquémolos coma terrorismo de estado.

Non pode ser cás arrimadas

concas da sabedoría, non detecten

o machismo incrustado no entorno

no que deposita a súa confianza na vida.