555

luns 28 maio 2018

No taboleiro as pezas van

situándose en posición de ataque

albiscando un pacifico movemento

que ignora o pasado, pra asinar un presente-futuro.

Intentan facernos calar entre

corcheas escapadas da música

pra facer negocio a conta de persoas

que despegan os seus sentimentos, pra rexurdir no tempo.

Enchufados en movementos alxébricos

que desenrolan políticas machistas

defensoras dun traballo remunerado

que ao final prostitúense, pra levar un anaco de pan.

O descoido non só é de mulleres senón

tamén de homes que se escravizan

pra engancharse no carro dos perdedores,

xa que ignoran que seu poder, é doutros.

A partida ruxe un terreo espállao

onde vivaces queren que se volva

desenrolar nos mesmos emprazamentos

cando a situación se volve viral noutro terreo.

…. agrandar o mundo poético, xurdido

da apatía do Pobo, que se atopaba doente

por deixar cos seus valores estiveran en mans

de poderosos, que non miraban pra seu peto.