¿33?.ateo....

xoves 31 maio 2018

Digamos que lle falla papel hixiénico,

paralizar as subministracións, nas tendas

e supermercados dos barrios pobres

despotismo, digo eu terrorismo produtivo é.

Esgotan a felicidade do Pobo,

deprimen as ansias de vivir,

premen as mentes pra que saian delinquir

e por enriba “@s que loitan por eles” son os antisistema.

Laurean, os traxes con garabatas

din que é unha persoa moi nobre,

falan mil marabillas deles, !coma non van roubar!

se eu faría o mesmo, ben parvo sería, ignorancia paliativa.

Sacan os vasallos as rúas pra dar

estoupa e dicir mentiras, escórrense

na xustiza cós ampara con ladaíñas nas

igrexas, seredes perdoados e gañaredes o ceo, din.

Afloran conflitos onde hai democracias

de signo distinto as súas mentiras, con

titulares sinistros resaltan cunha sociedade

que non teñen mais medios, que lles aclaren as verdades.

…. asentar a dignidade persoal na

mente, que recolle voces estrullando

os pensamentos positivos de felicidade,

en axiomas negativos que descorren pola soberbia.