solidariedade democrática

martes 19 xuño 2018

Asinar un panfleto entre

rapikoques que se queren,

esvaece un mañá, por culpa

dunha sociedade que esixe normas opostas.

Asinar un anel onde a sociedade

te mira cos ollos de leopardo, pra

que entres a formar dun tipo de vida

cos sentimentos odian, porén o curazón non quere.

Poden falar que tivemos unha fiel

vida por enriba das nosas posibilidades,

porén dámonos conta que realmente

non é así, porén ninguén nos regalou nada.

Véuseme o mundo enriba

vamos poñelo patas enriba

pra saír da cordura

imposta pola tiranía.

Si as circunstancias da vida, os

bloqueos permanentes a memoria, o sentir

querer, e optar por un percorrido de

aprendizaxe do Pobo, iniciei o pasaporte ao arte.

…. encriptar o pasádelo escenificado

que provoca un sistema empobrecido no

espazo-tempo que arranxa co todo, facéndonos

ver ca loita esta entre os Pobos, porén é unha mentira, así estamos externizados.