venres negro democrático

xoves 28 xuño 2018

Xermolan de pachorra as virtudes

primaverais que axexan na natureza

as sen verbas algorítmicas, cos ollos

teñen o pracer de escoitar o verde xardín.

Hoxe o foi, onte ou antonte xa

non lembro porque cada día

atacan na penumbra doses de dor

sobre meu corpo que desbarato entre sombras.

Túa cara me sona, entre anos

pasados tería que rebobinar pra

atopar onde nos atopamos nalgún

intre da nosa historia vivida xa.

As enchufadas relacións adscritas

a todo un valor de descaro descuberto

por tod@s, foi un amaño persoal que

foi cuberto con creces polo suntuoso encurvado.

Ninguén pode tirar unha pedra ao

espazo da súa vida, nin dirixir o tempo

experimentado ata agora, porén si forxar

un presente académico pra un futuro prometedor.

…. o negocio foi redondo ti ensináchesme

e fun un alumno correspondido, eu actuei

baixo o meu pensamento dirixido por voces

que cantaban unha veces a coro e outras en solitario.