días rapikoques

venres 06 xullo 2018

Un día de marzo, no que eu

coma moitas nos sentimos especialmente

inxeniosos ledos, ceibes, rapicokados, pola

multitude de feministas que despertaban do su letargo.

A imposibilidade de querer, o non poder

estar sempre diante da pancarta , xa non

discutiamos esa probabilidade, loitaron perante

séculos por un día histórico que podían versar liberdade.

Eramos conscientes cun apoio estrutural

de estar e non estar, sería suficente pra que

o medo das súas mentes desaparecera, e

sairán cada unha coa súa liberdade a pisar as rúas.

O traballo era o de menos, eran horas

que daban pra moito, e non arriscarse a ser

despedida non era o fin, senón ousarse a ser

escoitada nas rúas coma sinxelas persoas humanas.

A historia quérena repetir eles porque xa non

pensan, están podrecidos de mortos, que todos

levan na seu lombo, sen saber o por que,

así mesmo rectificar e de sabios, impregnemos o futuro correcto.

…. ao longo da miña vida interpretei

unha esmorga machista, sen ser asisado delo,

ou quizás si, hoxe respiro tranquilo porque doume

conta que foi unha loita contigua, co mundo que mais sofre.