Psicópata

xoves 12 xullo 2018

Debuxando nun prisma de realidade

que concorda cun escravismo depositado

nunhas mentes cá través dos séculos

experimentaron erros entre o mesmo Pobo.

Discutían entre el@s mesm@s, eran envexas

continuas que non facían mais que chorar

porque os poderosos eran o xogo que tiñan

pra  divertirse dende o propio  púlpito.

Renegaban das leis da natureza, tapando

comunicacións, que xeraban en forma

dun deus, que facían crer, en forma de espírito

inhuman, porén que sempre estaba de xolda borracheira.

Dosificaban o sistema empoderando a certos

escravos que subían coma a espuma, pra

controlar o Pobo, onde il se sentía rei pra agochar

as inxustizas, e dicir que era o Pobo o culpable.

Diñeiro, cartos de todo pensamento escoitabas

na cachola, serás grande dentro do ” capitalismo”,

terás poder, e serás o xefe da familia, todo moi decorado

nun mundo perfecto, porén todo era criminalidade.

…. dominó sentilo coma un xogo que

todo é diversión sen estruturas de

troco de cromos, que infrinxe un dor

que sempre o pagou o Pobo. pola misoxinia imperante.