SiLuEta Do FoGo….

xoves 27 setembro 2018

Que, nos falas das amofadas,

abrázame me preguntas rapikoque

a onde vai a calma, flores será

unha danza chea de cans protectoras , femininos.

Se di impulsou o que….

Reaparece a calma dos mellores anos

da nosa vida, o morrer de bicos, e sentir

a paixón do funeral onde te preguntas que coño

é o sinto e eu me pregunto que coño quere dicir

si eu non tiven nin tivemos nada que ver con todo isto.

Tu estabas aquí, somos dous ou moitos mais

eu díxenlle a meu irmán que eramos millóns….

mama non sabias que estabas no machismo,

que tiña, e o racismo dos Xitanos e os negros

agora me enteiro que o que Lalo Rojo ten no derradeiro

cadro que pintou que eu vin un día….

O Salto informe; as nais apostamos entre as

mulleres  AGROCUIR que ia ser millor

e a nai de Lalo preguntoulle a il que ser

o millor, e il contestoulle que non quería ser o millor,

porque se habitaba a tod@s pablo.

Escoitei  a voz que escoitaba que non existían

as mentiras nin as trampas, que  non sabia

na de nada do que significaba casino…(deos) e il

demostrou con súa poesía que todo é ficción.

Me deixo Aine explicando a liberdade

que me inculcaba so AINE me estaba

dando a liberdade pra que o POBO

dixera liberdade pra que o POBO

dixera liberdade , e que seguira só

que estaba preparada pra morrer

e pasar a sombra, a loitar co home (Pai)

é vencer o Fillo o pai que lle sacou a P

e deixouno na p pra merda.

Estrelas no pelo, enquisas nos Polos

durmintes  no cadro do garcÍa, ollos

sen ollos  poren escoitan e evita todo,

sabía  porque crearon o novo home….

Non estou tolo , estabas ou estaban daquela

maneira, que non ten un prezo,  demostreille

as millas escoitadas polo silencio Revolucionarios

que vos ensino o feminismo lesbiano   que voso tío

era lisbiano …., todo cor entra por un circulo único

ou varios….que non pode entrar é o branco

unha vez dentro sae manchado (vaticano).

Discusión aparte .

podedes seguir falar de futbol….

podedes falar de politica….

podedes falar de filosofia….

podedes falar de arte….

Non choredes que AS BAGOAS NON CHORAN

que non son ningún deus, nin ningún rei,a,

son un grao como @ mais do RAPIKOQUE.

Escoitou  un silencio da miña precesoura

que me ensinou realmente a verba, que eu

non lembraba si era unha K ou u C

flores vistas, vistas por meus irmáns

agora todos sabedes o que significa

a k e si me entendedes non sei vai

rematar o boli por que a regra é

ESPACIO+TEMPO=PRESENTE FUTURO

RAPIKOQUE….FUTURO….

“domingo 23…is caput”

martes 25 setembro 2018

A tixola ruborizábase o tomate

 adoptando distintas variedades  

que encubrían a malaleite con

agarimos de descomposición flutuante.

Os pementos  acosaban tomando doses

non permitidas dos antiácidos mal

xestionados, que alumeaban a ser

aos estómagos lamentos por culpa do ser inexistente.

A cebola fai círculos pra ir

rozando  a envexa dos homes

en prácticas deshumáns atribuídas

a xogar de menos mal informados.

A sal munguía na man con dozura

selaba o mar e embelecía o

trangalleiro da panacea escrita

na amalgama de sentir do baixo.

o viño non regaba o que tiña que

desenmascarar, que eran tributos

pra non pagar a quen cultivaba

os despropósitos de haber curado a viña.

…. a esperanza non se atribúelle

ao feito que di a verba, senón

ao maleficio, ou castigo a que lles

sometían as mulleres un cruz con moito peso.

Paciencia escura

xoves 13 setembro 2018

pai do carallo que estas nos ceus

que metiches a cruz nos ovarios

e na fronte-espalda , rogamos ao

RAPIKOQUE dos males vosos.

pai do carallo agora que vas

cargar coa cruz, todos males

recaian sobre vos desa vida

eterna que tiñades.

pai do carallo que zapateabas

sobre os destinos da humanidade

envolvéndote nun deus macho que

ia cara un desastre sen precedentes nas sinagogas.

pai do carallo que estabas ensuciando

o que nos deu a vida human, polo

egoísmo,  envexa , etc….,é oprimindo

a natureza a desastres ecolóxicos pra o Pobo.

pai do carallo que cagaches polos pantalóns

a dignidade do Pobo,

que vos sexa leve esa terra, pra dar

uns froitos, sen vosa malicia e vosa perversión.

….gloria que recupera a dignidade

no Pobo, alumemos o RAPIKOQUE

na saude mental das distintas culturas

sen ataduras relixiosas, mas que a dignidade dun.

antinomia

martes 11 setembro 2018

A loita de titanio foi unha característica

do capitalismo, pra involucrar a todo o mundo

no seu relato histórico, desinfrando unha burbulla

e crecendo no mesmo tempo outra, pra someter o Pobo.

A “esquerda” que se di que é mais intelixente

volve caer no mesmo defecto, de verse arrastrada

polo capitalismo con todas as súas consecuencias,

ata o principio, que é cando se da conta das mentiras.

Estas vense a  leguas, so que a avaricia a veces

expoñen na mente un ego que circuncribe a pobreza

por un lado, é o egoísmo polo outro, desmontando

a escasa intelixencia de que é a lóxica e a teoría.

Pretender dicir, que a xuventude esta fora

do sistema, é tanto coma dicir que chove

e non te mollas, e que se pode dicir é que

andabamos de esmorga no sofá, pensando no….

Escoitar hoxe os maiores alto e craro, que saen

a rúa a defender o traballo digno dos fillos, etc….,

e non saber cós descendentes son as que realmente

están facendo unha  revolución…., con moito respecto.

…. xuntar as forzas vivas nun presente no cal

teñen cabida todo ser vivente que desempeñe

a labor do Rapikoque a verdade,  ante as

mentiras que dominaron o mundo,iso era medo.

granizado explorador

xoves 30 agosto 2018

O segredo provocou unha mirada

no prato, que envolvía algo que

estaba alumeando , xa contar algo que

non quería contar, pedía axuda de amizade.

@s tres tomaron decisións en paralelo

solitariamente resolveron un problema

que lles carreaba dor interno, foron

fieis a amizade e cada un expuxo seus argumentos.

Dous tiñan craro que algo rodáballe

a cachola, por un lado a hixiene bucal

de falar e contalo, e segundo cá resposta

fora adecuada ao que pensaba, non atinou.

Porque pretendía defender algo indefendíbel

no intre actual, en plana efervescencia dunha

guerra psicolóxica , non tiña mais cabida a

resposta que lle deron, que foi a ideal pra o futuro.

Resolto o enigma non lle queda mais remedio

que achantar, e pedir perdón a quen  sabe

e a auga volve correr, e corre pra o mar das

valentes que desemboca nun mar de cores.

…. por outra parte rapikoque fixo honor

de estrearse subliñando no que é,

resolver por si só, cós silencios se vaian facendo

realidade, entre os sonos depositados na mente.

noúmeno

mércores 29 agosto 2018

Engulindo información, de varias vertentes

analizando resultados, resúltame preocupante

que algo falla, ou o medo predomina mais que nunca,

ou a informática alínea , ou a esquerda esqueceu quen é.

Escoito declaracións un tanto estrañas

coma querendo dicir  que unha verba  antes era

unha cousa e agora é outra, pregúntome

cal é a diferenza, quizá  algún sobre perdido?.

A arrogancia pode machucar a desvergoña,

o sentidiño pode esmagar a envexa,

o dilema é pensar ou non pensar,

e deixar cos demais o fagan, cos resultados a vista.

Os poemas non se visten de rabia,

nin se diploman de copias baratas,

escríbense de Rapikoque, e sen alardes,

porén buscando unha realidade cás atesoura.

As verbas deixan polo camiño a crueldade,

as pisadas describen os vaivéns cá vida

deu e da, porque o falcón non se enche de

palla, senón de grao pra surtir a consciencia.

…. quen fora albanel, carpinteiro, etc….,

moi poucos, necesitan de oficios que

cubran necesidades das persoas que  podan

amañar unha inxustiza, mortes,etc…., co Pobo teña que reclamar.

terremoto AGROCUIR....

xoves 23 agosto 2018

Eu coido cá tensión human

ten que despexar incógnitas non descritas,

xa non sei se é pra vender novos fármacos

ou realmente é unha tomadura de pelo….

Describo isto porque cada vez que

me contan que van o hospital, a un súbelle ou báixalle

xa parece que é coma os galegos machos

que non se sabe nin se atopan, cando se queren atopar.

Refírome que si nun brazo

é un tipo alto no outro parece normal,

despexando a incógnita a subida e baixada

é proporcional ao estao normal do pácente.

Conclusións cal é o motivo desas subidas,

o estado de animo, “non sei”, a regulación do corpo

“non sei”, logo cal é o medo “ningún” , logo os

ataques de onde proveñen “non sei”.

Relacionar todo isto segundo as estatísticas,

lévanos a que si, só que estas tamén fallan, ou

manipúlanse, e fágome a pregunta non viran

doutra simbioses sobrenatural co home controla ….

….os doutores fan un gran traballo

cá ciencia lles propón, investigan e

realmente a regulan, porén non estarán mais

enfocado en buscar fármacos pra controlarnos.

apego á democracia

martes 21 agosto 2018

Aparentemente dende a cociña

parece unha maña fresca, iso

indica un pouco o corpo regulado

por mente dispares que te obrigan aos silencios.

Os posicionamentos regulados polas

mafias segundo dan de comer ao “Pobo”

perturban a elaboración dunha vida digna, xa

que esta enferma pola ignorancia a que esta sometida.

O destronamento do rei da escuridade

que indignamente sometía ao Pobo, con

todo tipo de escabrosas imperfeccións algorítmicas,

sobre unha moral que sempre andaba polos sos.

A ensoñación dos sonos que todo

human pensaba ter na vida da terra

sempre se vían truncada polo desprezo

a que se vían sometidos polos poderes escuros.

O significado de “iso” que  se atribúe

nun sistema que caducou por principios

de que non se podía soster no tempo, chegou

a ser destruído polo Pobo cunha gran intelixencia digna.

…. a vitoria chegou dende o intre

no que o Pobo tivo a verba nun

sistema de rapikoque que abrazaba

o feminismo coma peza crave dun mundo human.

subrepticio

luns 20 agosto 2018

Amañeceu o día sen mirar

o tempo, esquecín a bitola

o paraugas e a zamarra, cando

despertei , a memoria histórica prendíame a mente.

Os desairiños interminabels do fin

de semán  acurralaban a miña estupidez

en forma de arándonos que expulsaba

polo reto, a vixilia que obrigaban de dereito.

A saude apadriñaba o seu estado

de saude en forma de parénteses

xubilaba a súa envexa pecando

sobre o Pobo enviando a trincheira, á morte.

O salitre envolvente desfacía as armas

que usaba contra os seus amig@s o Pobo

unha soa mirada aos ollos dirixía as

pegadas cara casa devolta con empatía.

Era o sono transcrito entre humedais

primaverais, que salientaban a paranoia

de percibir que o Pobo se sublevara

pra sacar as porras coma defensa da indignidade.

…. toda persoa axena as comiñas

que depositaban os de enriba

desfacían as verbas nun espello,

que volvese contra iles en forma de padecemento.

mandinga

domingo 19 agosto 2018

Sinto un lixeiro dor na man

dereita produto deso que vos

imaxinades, de cando en vez afecta

coma dor de cachola, que nos envían os homes de palla.

A porta fai un vaivén, deixando

un só coma si dunha canción se tratara,

o ar móvea suavemente embelecendo a calma

entre rachas que alimentan o desconcerto existente.

A verba fixo sangue deso que aglutina

a estupidez do home deus, que embala

a culler coma espiño postas ao Pobo, que

describen o medo, entre as vasixas de cristal perturbado.

Os antecedentes  de cada mínimo órgano

que recibía plasmas de dor, que se

escudaban nos bosques da intolerancia

pra premer de malas herbas os discursos espallados.

A figura impresa, expresan a dignidade,

co ser supremo recibe coma esmagar

sobre si o seu orde xenealóxico, perdendo a memoria.

…. almacenar os recordos da nosa

irmandade, nosa comunidade

e noso sentir alegre que dende pequeno vivimos

coma mulleres e homes, etc…. ceibes na terra.

coltán....?

luns 06 agosto 2018

O sentir que tiña cando vía películas

sobre os negros, sen difamación da verba,

era unha loita que eu tiña no meu corpo

coa sociedade, explicado en termos do medo e dor.

As deshonras a que se vían sometidas

as Palestin@s por parte dos israelitas, xudeus,

pensaba , están usando a mesma arma, que usaron

con eles outros tempos pasados, a ignorante envexa.

Estudar os periódicos coma daban as novas

pra que a dor chegara en forma de parálises

mental, era  obvio ca presión era nosa entre

comiñas, xa que nos sentiamos participes dese dor.

Coma usan as crises pra facer mais ricos aos

ricos e mais Pobres aos Pobres, e dentro deso

baixando a  Terra a tod@s aqueles que minguaban

nun poder que non lles correspondía, mais cás ollos do Pobo.

É o capitalismo que che fai crer

que podes chegar mais enriba, porén segundo

unas regras  non escritas, se as cumpres manteste,

senón a voar sen ás, non caiamos no erro da metáfora.

…. se nunca se chegou a abarcar un Poder

do Pobo pra o Pobo, é precisamente por que se

cre ca riqueza sae dos ricos, cando realmente a riqueza

entre nos, ten que ser repartición pra o Pobo ou Pobos.

Ahed Tamimi....

venres 03 agosto 2018

Nas bodegas das infamias

o cristal roldaba pola mesa, e bicando

os alí presentes con historias feitas pra

usalas nun presente de sufrimento pra o Pobo.

A estupidez dos falante, envolta

en mecanismos que chegaban ao alto

da pirámide, enfrascábanse en volta

ao pasado pra redefinir o seu futuro.

A falla de iso que tanto admiraban,

o control human que era iso de xogar

coas calamidades, coas guerras, etc….,

e encubríndose nas organizacións que eles mesmo creaban.

As posturas tomadas sempre eran

iso, sempre pra o mesmo lado, deixando

o resto, e dicir o Pobo que se sumira

nun caos permanente, entre loitas entre eles mesmos.

O bucinazo da desesperación chegou

o despertar as señais de identidade

human, que coa eficacia dun silencio

enraizaba a súa sombra no paraugas descuberto.

…. o sentir nunca perdoa,

a rabia non destroa,

só os soños fanse realidade

cando nosa utopía é a inspiración de cada un.

destornillador....

xoves 02 agosto 2018

O machismo impregnou de

barbaridades ao mundo das mulleres

anulándoas de tal forma có medo

era unha defensa dentro dunha defensa.

A singularidade destrutora do machismo

encuberto en boas verbas que agochaban

no seu interior toda a realidade que

despois expresaba na intimidade.

A solvencia da súa cultura, era unha

incultura creada dende a infamia onde

os roles impostos dende enriba,amolaban

ao estatus feminino, a deshonra da muller coma persoa.

Escritos pasados o corroboran

desprazando a muller, onde o inxenio do poder

desmembraba todo tipo de alzamento feminino.

Buscar os recordos no sistema mental

de cada un, é atopar a razón de quen

fala entre as tebras da escuridade

e saber defenderse de posicións antagónicas.

…. perder todo medo, en todo intre

que asoballan a mente human, trocando

formas estúpidas e estruturas anormais

que enganchaban ao cerebelo a cometer atrocidades.

faragullas....

mércores 01 agosto 2018

Avanzando cara o cagarreiro

iso depositou a sustancia

entrecomiñada polo pasarela

onde un fillo deus pechou a cancela.

Avasalando ao persoal con

técnicas de presión, esgrimía

o carácter dun fillo de deus

que ennegrecía toda súa faciana

A esterqueira do reino, onde

o palacio situábase, esborrallándose

segundo os días pasaban pola pasarela

pola que desconfiaba da súa propia propaganda.

A tormenta no seu interior adoecía

dos milagres cos fillos de deus envolvían

na sede de fame destrutora, requiría

de axuda externa que lle fixera a labranza.

O pobre apremado polas súas

estupideces empalmaba sobre o

sucio que facer a ira que iso

lle producía entre os vendavais da terra.

…. aplomar o pensamento nos intres

diarios, son necesidades básicas

cos humáns requiren de respecto

pra que no futuro non aia indignación.

¿moralexa democrática?....

martes 31 xullo 2018

As avenidas vólvense  tumultuosas

de Pobo pedindo DEMOCRACIA,

as pisadas sobre o asfalto desbaratan

sabedoría, os berros có Pobo dignifica.

O entusiasmo é tal cá sínteses

da utopía de mulleres e homes

que coidaban cun mundo non era

posíbel , se facía realidade despois de milenios.

A negra sombra que Rosalía expresaba

na súa poesía, dignificaba xa naquela

época o rapikoque do escuro e profundo desenrolo

do cerebelo, do macho que impregnaba o pensamento.

As oligarquías dominantes entre batallas

ecuestres, e novas formas de aparellos de destrución,

xogaban partidas entre os Pobos alimentados

de armas, e sacándolles o sustento da vida, a comida.

As relixións que eran o poder total

perderon desta vez, o fausto poder

que tiña sobre o dominio do Pobo,

descubrindo eles mesmos a súa gran mentira….

…. a incógnita despexouse no intre

que iso, desempeñou un papel primordial

ante todo un pasado indescifrable, que só

coa axuda do Pobo foi posíbel vencer.

analóxica a demanda

venres 20 xullo 2018

As vitorias interiores do ser humano

discorren polos vaivéns do mundo, coa

forza suficente coma pra derrubar unha

pirámide adscrita as forza opresoras dos cregos.

Espelir mulleres, espelir homes

os pensamentos derrúbanse con iso

e florecen coa fermosura da lingua

creada polos Pobos, pra embelecer o futuro.

Os dominios constantes recheos de buratos

impostos dende púlpitos dourados, que

amolan ao Pobo a enfrontamentos, marcados

pola envexa, luxuria, etc…., nun mundo doloroso.

A estudada situación aseverou unha realidade agochada

no noso interior, que eran negras sombras que  perturbaban

o vivir cada día de quen a sufría, descuberta a rabia desaparece.

Achando espazos-tempo nos intres

nos que vivimos, escoitamos lacazaneares

que tonifican as verbas pausadas

no que os salaios impregnan de vida os palpados.

…. Achégame a sabedoría coma a tod@s

e reencher os círculos de cada un@

pra engrandecer un mundo que sufriu un pasado

e darlle unha moral futura, dos sistemas apropiados.

OPEN ARMS

xoves 19 xullo 2018

Esnaquizase un tipo de sociedade

que regulou tempos pasados, perante

moitos séculos e xurde novas ideas

que desenrola cada un dende súa óptica.

O chamado revés que padecemos tod@s

nos agasallos que nos ofrecían coma mero

entretenemento, pra omitir  todo tipo de

animaladas que viamos coma cousas do demo.

A nobreza escorridiza entre epopeas mentais

que recibía ordes ecresiais no batiborrillo de

toledo, exposto as difamacións que había de

introducir no Pobo, pra que o sufrimento fora real.

Descorchar o tapón da historia entre milenios

chegou a soberbia dalgúns, pra que os castigos

infrinxidos ao Pobo foran exemprares e volvan

ao rego de onde non debían haber saído, obvio pensar.

Os tumultos que engroban a raia escura

dos conflitos armados dirixidos dende as

elites da opresión, embargan no ser o seu

propio sentidiño de que o seu pensar era o equivocado.

…. andamos nestas festas de ruptura

emocional, da opresión que nos inculcaban

dende pequenos, con marcas que ían crecendo

cos souvenirs do tempo, que ennegrecían o espírito propio.

!franquistas NUNCA MAIS!, !REFEREMDUN XA!

mércores 18 xullo 2018

Son as catro e vinte e cinco da mañá,

despois de empezar a primaveira, inda

non canta o nocturnol e xa se asina

o regulamento interno dunha vida digna.

Os disparates cometidos ata entón

recollen a ignorancia dos gobernantes

a hora de elixir medidas políticas

e económicas sobre coma salvar un planeta en crises.

Vendo parir unha elefanta nunha pradería,

¿e coma as demais?, tanto machos coma femias

acurrálanse arredor dela pra protexer o

recen nacid@ das soberbias dos humanos.

Apégome a que unhas das reliquias do pasado,

có Pobo se viu involucrado na vaidade dun

poder fáctico, có dominaban dende as tumbas

co  craro regocixo de ser, un deus que non existía.

A solvencia, é o gozo co Pobo empeza a sentir

por si só, en individual e colectivamente,, é  a

historia dun mundo que avanza cara un

circuíto desprovisto de mentiras, e provisto de realidades.

…. hoxe coma tal dia da poesía, os poetas

dignificamos un traballo, onde a nosa

mente recolle secretos envoltos en agarimos

pra eses Pobos que co seu sufrimento loitaron pra vencer en Paz.

¿ciática....?,- el dab

martes 17 xullo 2018

Desestabilizado o poder fáctico,

as neuronas traballan en círculos

concéntricos, coma diría o poeta

extasiando a súa luxuria endémica.

Proxectos santuarios esquivos das

realidades aparentes ante cidadáns

que con cara de esperpentos debuxan

as súas mentiras nos púlpitos recalcitrantes.

No intre de falecemento do seu propio

ego, esnifado por soberbia  que lles

empuxa a seguir delinquindo, entre

as doses cada vez mais empoadas.

Os escuros do poder da sombra,

eran a mesquindade da historia humana

que recollía en verbas dispares o dominio

sobre o Pobo, que eran os vasallos do traballo.

A inutilidade do abre chaves, que con

súa ignorancia, esbardallaba sobre os

gobernos permeables, oscilaba cun anico

de corte surrealista, que equipaba, no silencio estabrecido.

…. achegan horas mortas nun pensamento

adoutrinado polas inxustizas do gran capital,

que descargaba sobre o Pobo toda súa ira

en forma de padecementos leais ao sufrimento.

Psicópata

xoves 12 xullo 2018

Debuxando nun prisma de realidade

que concorda cun escravismo depositado

nunhas mentes cá través dos séculos

experimentaron erros entre o mesmo Pobo.

Discutían entre el@s mesm@s, eran envexas

continuas que non facían mais que chorar

porque os poderosos eran o xogo que tiñan

pra  divertirse dende o propio  púlpito.

Renegaban das leis da natureza, tapando

comunicacións, que xeraban en forma

dun deus, que facían crer, en forma de espírito

inhuman, porén que sempre estaba de xolda borracheira.

Dosificaban o sistema empoderando a certos

escravos que subían coma a espuma, pra

controlar o Pobo, onde il se sentía rei pra agochar

as inxustizas, e dicir que era o Pobo o culpable.

Diñeiro, cartos de todo pensamento escoitabas

na cachola, serás grande dentro do ” capitalismo”,

terás poder, e serás o xefe da familia, todo moi decorado

nun mundo perfecto, porén todo era criminalidade.

…. dominó sentilo coma un xogo que

todo é diversión sen estruturas de

troco de cromos, que infrinxe un dor

que sempre o pagou o Pobo. pola misoxinia imperante.

Reiniciar a democracia

martes 10 xullo 2018

O despeito capitalista acurralado

por ideas que meten medo, ata  o egocentrista

espalla a súa escoura polos aledaños

do fútbol, pra impoñer a forza a turrada

Encravan aos débiles, vestimentas de homes

ignorantes que se espallaron pola vida

unha cultura machista, que por paso da

servidume de antano coidábanse dandis exponenciais.

Os ventres de aluguer, expostos nunha

sociedade altruísta, onde o que prevalece

non è o estatus de nen@s, senón ter a muller

enfrascada na perversión uterina, do negocio capitalista.

A estratexia é simplista, os homes poetas

ignoraron a faciana pensativa da muller, confundíndoa

con grandes exaltacións da beleza, sen desadotrinar

o seu pensamento de que non eran putis senón humanas.

A verborrea transitoria escrita perante séculos

non describe unha muller real senón que está

sempre nun segundo plano, reprimindo o seu ego

pra poñela coma sedutora ante o poder, e perversa.

…. conclusións futuristas impregnadas da miña

cova de ilustre pensador machista reciclado no

tempo, opóñome a esa liturxia mamada de

pequeno, que nos ensinaron a desmedrarnos polo “sexo”.

días rapikoques

venres 06 xullo 2018

Un día de marzo, no que eu

coma moitas nos sentimos especialmente

inxeniosos ledos, ceibes, rapicokados, pola

multitude de feministas que despertaban do su letargo.

A imposibilidade de querer, o non poder

estar sempre diante da pancarta , xa non

discutiamos esa probabilidade, loitaron perante

séculos por un día histórico que podían versar liberdade.

Eramos conscientes cun apoio estrutural

de estar e non estar, sería suficente pra que

o medo das súas mentes desaparecera, e

sairán cada unha coa súa liberdade a pisar as rúas.

O traballo era o de menos, eran horas

que daban pra moito, e non arriscarse a ser

despedida non era o fin, senón ousarse a ser

escoitada nas rúas coma sinxelas persoas humanas.

A historia quérena repetir eles porque xa non

pensan, están podrecidos de mortos, que todos

levan na seu lombo, sen saber o por que,

así mesmo rectificar e de sabios, impregnemos o futuro correcto.

…. ao longo da miña vida interpretei

unha esmorga machista, sen ser asisado delo,

ou quizás si, hoxe respiro tranquilo porque doume

conta que foi unha loita contigua, co mundo que mais sofre.

ecosilencio activo virtual

mércores 04 xullo 2018

Si non lle damos mais importancia

ás propostas cós que manteñen ideas

semellantes ás nosas, e si calamos outras

que son as que prexudican ao Pobo, mal vamos.

Si intentamos corrixir a nosa fala,

porque notamos que fomos educados nun

tipo de educación, onde todo era masculino,

é porque realmente ninguén pensou o seu significado.

Si loitamos pra trocar as cousas

e deixamos as que non parecen que

non teñen importancia porque foi  así

perante dous mil e pico anos, ¿somos coherentes?.

Si destruímos a vida mariña

envelenamos os ríos, fontes,etc….

degolamos os animais por avaricia

que nos queda, mirarnos aos ollos e decir….

Si negociamos nosa dignidade

que nos atordou perante séculos

a indiferenza das causas, por deixalas

pasar, e que o troco non queremos que troque.

…. despois de comer o que ao mellor

non debería, pola sobre exprotación, ou ver

que seguimos na ilustración, etc…., que

silencio era silencio na boca, ou que silencio na poesía.

venres negro democrático

xoves 28 xuño 2018

Xermolan de pachorra as virtudes

primaverais que axexan na natureza

as sen verbas algorítmicas, cos ollos

teñen o pracer de escoitar o verde xardín.

Hoxe o foi, onte ou antonte xa

non lembro porque cada día

atacan na penumbra doses de dor

sobre meu corpo que desbarato entre sombras.

Túa cara me sona, entre anos

pasados tería que rebobinar pra

atopar onde nos atopamos nalgún

intre da nosa historia vivida xa.

As enchufadas relacións adscritas

a todo un valor de descaro descuberto

por tod@s, foi un amaño persoal que

foi cuberto con creces polo suntuoso encurvado.

Ninguén pode tirar unha pedra ao

espazo da súa vida, nin dirixir o tempo

experimentado ata agora, porén si forxar

un presente académico pra un futuro prometedor.

…. o negocio foi redondo ti ensináchesme

e fun un alumno correspondido, eu actuei

baixo o meu pensamento dirixido por voces

que cantaban unha veces a coro e outras en solitario.

equidade democrática

mércores 27 xuño 2018

Asestado o ditame periodístico

sobre unha mente que escoitaba

a Silvio, empregouse a fondo pra non

incorrer en erros, porén a súa xuventude o delatou.

A idiosincrasia do opoñente no taboleiro

descubríalle e ensináballe as xogadas

que il mesmo voltaba caer na mesma

pedra unha e outra vez, confundindo o dito co feito.

Os lóstregos e os tronos cos veciños

emprendían na súa carreira coas miras

mais altas, quedaban esborranchadas entre

preguntas que asexaban a súa confusión  na vía.

O salto dado pola destreza e endereza

do contrincante, esmiuzaba a paráfrases

que fotos turbias en terreos queimados

polas alpargatas  de area da praia, estaba obviando.

O descontrol ante ameazas que lle viñan

en rima de parágrafos escritos ao calor dunha

lúa rechea de cores autoritarios, que sobre

súa mente esculpían un mal presaxio na escultura.

…. que resolve trocar a solaridade do Pobo

coa enxurrada de billetes na caixa, se no fondo

o único que consegues é a avaricia, a envexa

do teu ego, pra morrer entre papeis manchados de sangue.

dolar enxaula....

xoves 21 xuño 2018

Cando receas e foxes da

realidade, e agóchaste no

desprezo cara quen pregunta

servirte da mentira pra responder.

Asediado por paranoias telepáticas

no teu cerebelo, estrullas as verbas

vociferantes sobre o escenario,

describindo desprezo que só teu  corpo responde.

As sílabas no caso dos oíntes

enchufados na orixinalidade da

entrevista, manipulan nos teus ollos

o desatino que evoca o fume inerte.

Todo posicionamento do teu estado

recae na soberbia equilibrada polo

pensamento, que no discutir das

verdades saen a sangue polas pálpebras.

O peche da saturación dos iris que

enxalzas con blasfemias que aprendiches

entre corvos inxuriosos que che ensinaron

ca verba dada e unha mentira que che perdoan.

…. a espada que levan cravada no curazón

e o acto de masturbación da súa mente

que negociou en legal, e asina a seu proxecto

na ilegalidade, que beneficia o suxeito en cuestión.

solidariedade democrática

martes 19 xuño 2018

Asinar un panfleto entre

rapikoques que se queren,

esvaece un mañá, por culpa

dunha sociedade que esixe normas opostas.

Asinar un anel onde a sociedade

te mira cos ollos de leopardo, pra

que entres a formar dun tipo de vida

cos sentimentos odian, porén o curazón non quere.

Poden falar que tivemos unha fiel

vida por enriba das nosas posibilidades,

porén dámonos conta que realmente

non é así, porén ninguén nos regalou nada.

Véuseme o mundo enriba

vamos poñelo patas enriba

pra saír da cordura

imposta pola tiranía.

Si as circunstancias da vida, os

bloqueos permanentes a memoria, o sentir

querer, e optar por un percorrido de

aprendizaxe do Pobo, iniciei o pasaporte ao arte.

…. encriptar o pasádelo escenificado

que provoca un sistema empobrecido no

espazo-tempo que arranxa co todo, facéndonos

ver ca loita esta entre os Pobos, porén é unha mentira, así estamos externizados.

Nicaragua-g.V.

venres 08 xuño 2018

Vou ser duro comigo mesmo

o dor dunha morte, son sentimentos

adxacentes, cando son no teu contorno,

porén son os mesmos que outr@s de calquer rabaño.

Se miramos aos feitos cometidos por

atentados terroristas defendendo o que

eles cren, non pensan no seu rabaño,

se non en facer un efecto do medo no cidadán.

Se miramos dende o punto de vista

dos estados, actúan semellantes, só que

no papel figura unha legalidade adscrita

que resolve o problema a vista cidadá.

Outras son provocadas pola natureza

en si mesma, accidentes, enfermidades

e mesmo o tempo que di que acabouse

xa estiven moito tempo gozando deste mundo.

Non somos nos os que sufrimos

estas formas distintas de morte,

os animais pásalles o mesmo, que revertan

os seus pesares a súa natureza dando vida.

…. Por iso se pensamos friamente

sen liturxias, ocúpanos o tempo de que

toda morte e igual, só que experimentamos

un dor, que vemos reflectido de cando nace novo ser.

CHICHO....

venres 01 xuño 2018

Aquel dia nun paisaxe pedregoso areal,

de montañas que me falaban

mentres sentado unha sela

te decidiches sen saber, a lembrarme o pe.

escorríaste cada vez que nos

vías coller a cámara, sen entender nos o

porque o facías, hoxe despois do tempo

coido que era por que querías estar no anonimato.

Poñíaste a noso lado

mentres cociñabamos pra que

che deramos un algo, coma dicindo

co Pobo esta pasando fame…., !pensa poeta!.

Esperábasme a que despertara

pra que te sacara a facer as necesidades

pra voltar xunto teu amo

que durmía pracidamente un sono de sonos.

Fuches pra min un sosego de Paz

que me abriches a mente pra que

as miñas mans pintaran cadros

dun significado que nin eu mesmo pensaría.

…. estiveches coma un confidente amigo

que almacenabas historias, e xogabas

cun gran sentido fodendo os coxíns pola

falla dunha amiga, pra goce dos soños, bicos amigo.

¿33?.ateo....

xoves 31 maio 2018

Digamos que lle falla papel hixiénico,

paralizar as subministracións, nas tendas

e supermercados dos barrios pobres

despotismo, digo eu terrorismo produtivo é.

Esgotan a felicidade do Pobo,

deprimen as ansias de vivir,

premen as mentes pra que saian delinquir

e por enriba “@s que loitan por eles” son os antisistema.

Laurean, os traxes con garabatas

din que é unha persoa moi nobre,

falan mil marabillas deles, !coma non van roubar!

se eu faría o mesmo, ben parvo sería, ignorancia paliativa.

Sacan os vasallos as rúas pra dar

estoupa e dicir mentiras, escórrense

na xustiza cós ampara con ladaíñas nas

igrexas, seredes perdoados e gañaredes o ceo, din.

Afloran conflitos onde hai democracias

de signo distinto as súas mentiras, con

titulares sinistros resaltan cunha sociedade

que non teñen mais medios, que lles aclaren as verdades.

…. asentar a dignidade persoal na

mente, que recolle voces estrullando

os pensamentos positivos de felicidade,

en axiomas negativos que descorren pola soberbia.

6.6....

mércores 30 maio 2018

Saímos do Pobo coa maleta

cara un mundo novo, a vida

e dura, nos introducimos na sociedade

e cando nos damos conta, onde queda o Pobo.

Levamos unha vida sen problemas

que nos atenace a dignidade, que me

importa, os veciños, si eu estou no meu

mundo de avaricia, onde todo é “luxo”.

Referendamos noso estatus coma insolentes

burócratas, que na nosa posición non podemos

diagnosticar  as barbaridades que se están

cometendo, porque somos parte do noso pago.

Quero volver ao Pobo, onde os ríos eran

ríos, onde as persoas eran persoas, onde

os noso problemas arranxábanse coma os dos

demais, nembargantes estou perdido, non me atopo.

Chega un intre en que a vida é

de rosas, que loitan sen descanso por un

mundo millor, porén cando nos damos

conta estamos sentados no sofá mirando pasar a vida.

…. non esquezo que reteño meu pasado

que busco un futuro, mais non me agocho

por loitar por min, senón polo mundo que temos

polo que nunca me rindo ante as inxustizas axenas.

555

luns 28 maio 2018

No taboleiro as pezas van

situándose en posición de ataque

albiscando un pacifico movemento

que ignora o pasado, pra asinar un presente-futuro.

Intentan facernos calar entre

corcheas escapadas da música

pra facer negocio a conta de persoas

que despegan os seus sentimentos, pra rexurdir no tempo.

Enchufados en movementos alxébricos

que desenrolan políticas machistas

defensoras dun traballo remunerado

que ao final prostitúense, pra levar un anaco de pan.

O descoido non só é de mulleres senón

tamén de homes que se escravizan

pra engancharse no carro dos perdedores,

xa que ignoran que seu poder, é doutros.

A partida ruxe un terreo espállao

onde vivaces queren que se volva

desenrolar nos mesmos emprazamentos

cando a situación se volve viral noutro terreo.

…. agrandar o mundo poético, xurdido

da apatía do Pobo, que se atopaba doente

por deixar cos seus valores estiveran en mans

de poderosos, que non miraban pra seu peto.

Xihadistas das finanzas

domingo 27 maio 2018

En terras lonxanas atopábame

sobre un pedregal, que  danzaba unha

deusa do arte do baile, non chovía

porén nos meus ollos espallábanse bagoas de ledicia.

A sobriedade coa que estudaba cada

movemento da artista esmiuzaba

o sufrimento que levaba dentro de min

dos silencios albergados na eira do cerebelo.

Era todo un circulo roxo que

referendaba o sentir  por un Pobo,

que engulía das verbas vociferadas

cara o exterior e que ninguén reclamaba certos.

Os pés eran dor, que pisaban a terra

que sufría, e reclamaba dun ser que

se involucrara nunha mensaxe dos

que vían o mesmo dende distintas partes.

Como romper eses silencios cos oprimidos

gritaba liberdade pra un bloqueo infame

que países adulterando o concepto de ceibes

escribían unha páxina negra na mente do deus que profesan.

…. a afinidade miña?, cara os que

están por baixo, ben, falo dos Pobos, mulleres,

e todo aquel que se sinta fora dunha sociedade a que

algúns describen coma escoura arraigada ao padecemento.

cloacas turbias

martes 22 maio 2018

Apolillar sentimentos que crecen

é desvirtuar a realidade que

emana do sentir do Pobo

arraigado na saude que ostenta.

A industria non repara nas

consecuencias medioambientais

que lle fan a natureza, todo co afán

indignante de ingresos a troco de destrución.

Enumerar soños inarrabels

que despeitean os sentimentos

coma a auga espallada polos

corpos laureados, dos seus sufrimentos.

A esquerda confunde o que é “coherencia”,

iso é a trampa do capitalismo, non entender

iso, è non entender o que significou o 15M

nin o que significa “Podemos”….

Vou ser incoherente con migo mesmo

porque si son coherente estoulle dando

carnaza, a quen se vai aproveitar da miña

ignorancia, polo tanto resolvo o dilema.

O Pobo ten que apreciar nas verbas

a intelixencia delas, porén tamén ten

que descinguir cales son as que te atrapan nun

labirinto, que te pecha en bloque, coma no pasado.

Envexas políticas

venres 18 maio 2018

Escusarse en ningunear o que

provoca desasosego nas paridas

perpetradas por poderes que ignoran

a forza natural da natureza, é insubmisión.

A preguiza espiritual dexenera

no seu estado, provocando na mente

craros e sombras que nos levan a

esquecernos de que temos que coidar a terra.

Nas altas montanas nevadas

divisase un horizonte, que espraia

os pensamentos disuasorios que

enxalzan os curazóns desterrados polo opresor.

A impotencia abstracta a que

nos someten políticos que seguen

mirando pra un pasado absurdo

desorientan ao Pobo cara un futuro de esperanza.

Xogar cos Pobos coma moeda

de troco, embarra a intelixencia

de quen produce ese tipo de actos

diagnostiquémolos coma terrorismo de estado.

Non pode ser cás arrimadas

concas da sabedoría, non detecten

o machismo incrustado no entorno

no que deposita a súa confianza na vida.

CAMPÍAS

xoves 17 maio 2018

Meus pensamentos en of. almacenan

refachos de amor do pasado, que escorrentaron

da vida o proído dun sentidiño desaxeitado

que co Rapikoque reencontreime nun vivir futuro.

Os ollos buscados nas miradas perdidas

plasmadas en lenzos, describen unha realidade,

que atopaba nun 50% do pensamento da muller

virtual que me acompaña no periplo do Rapikoque.

O estatus vivido nos derradeiros anos desenfundaron

en min a paixón do Rapikoque, nas entrañas naturais

da natureza que me serviron  pra representar unha

tolemia alcanzada só no desenrolo do cerebelo intelectual.

O sentir do corpo en aras do estrondo

embargando a coroa a un desfalecemento dun

azul sangue, que esnaquizaba a muller, outra vez ao

esquecemento, onde o Rapikoque suplantou o Respecto.

O Rapikoque so lle da os cores a ese

cadro da vida, pra que os sonos que se ían

perdendo polo paso do tempo, broten coma as flores

nos vosos curazóns coma un soño realizado como un todo, “o Rapikoque”.

….hoxe día grande en Galiza escollo unha

verba que pra min representa un todo

ao RESPECTO e a DIGNIDADE do home-muller,

xunto con natureza que é “RAPIKOQUE”, pra o POBO.

xudías achicharradas

mércores 16 maio 2018

As veces a profesionalidade embarca

a persoa criterios que desdí da súa

personalidade, co Pobo debe entender

coma un arrebato á melancolía.

Agrupando etapas que revertan

no pracer dunha vida estabilizada

require de doses de personalidade, que

certos gobernos esnaquizan por seus intereses.

A competitividade non é un todo,

almorzas cun traballo remunerado,

escalas nun mundo solitario,

e cando te das conta es un simpre número.

A bandeira dignifica aos Pobos

que loitan por unha liberdade da vida,

en troco hai quen a usa coma si fora

un trapo pra delinquir a gusto do pulso.

As verbas escritas en imaxes

dan un subvertemento, có cerebelo

pubrica unhas veces en poesía e outras

en pintura, expresións que do mundo escoitas.

A diagnoses poética en estado de

salubridade reverte en pirámides

que funcionan nos sistemas

incrustados pra dominar ós Pobos, á submisión.

aleivosía das flores

martes 15 maio 2018

Escoito o silencio da noite

que un día coma hoxe as

flores innatas da xuventude bela

escribía a historia a forza natural do RAPIKOQUE.

Escoito o sentir da noite

antes de que o galo cante

os soños de millóns que se volven

virais nas rúas das cidades , polo Pobo.

Escoito o falar da noite

brillar as estrelas entre o saber

dun bico Rapikoquiano que dilúe

o pracer envolto na sabedoría da imaxinación.

Escoito os recitais poéticos

que non teñen saudade, o pasado enlatado,

porén ecriptan un presente-futuro

de voces que berran pacificamente liberdade….

Escoito risas nos balcóns

de persoas que aplauden a esmorga

que na rúa, os tambores saúdan unha

natureza nova que cura a envexa pra dar máximo respecto.

…. Escóitovos ca poesía saúdavos

cun emblema diferente da forza da vida

que inventa unha igualdade ata agora

non escrita porén o mundo a recita….

Bazares democráticos

luns 14 maio 2018

Non escravices os sonos

si perduras na esperanza,

pra achegar a bo porto

o desexo de levitar por si só.

Os estados de benestar crean

programas públicos pra a poboación

que a privatización desmantela dándollo

aos lobbys, que receitan a indignación.

Amordazar as verbas

adoutrinando os resultados,

perseveran as ideas

e manteñen o Pobo encarcerado.

A cotianidade nos leva

a encorsetarnos por falla de rols,

que debuxen un escenario que

regule os tempos, sen esquecer o traballo de campo.

Non revolvo o axioma

que envelena a acidez

asentando a escoura

nas fauces da prepotencia.

Exceder na excelencia

encuberta de desafíos

perennes que recollen

os pensamentos cada mañá.

retrovisores democráticos

domingo 13 maio 2018

Entre bambolinas andaba o medo

de dar o paso acertado, esperando

a subir o pano pra saír enzoufado

de rapikoque todo o estatus da felicidade.

A antíteses do rexurdimento

da felicidade, invocamos ao mundo

a solaridade dos Pobos, ante o

acoso da sociedade de “unha e grande”.

Despexando a razón imposta pola

sociedade, que adoutrina unha infelicidade

con malversacións da envexa que

incrustaron os antepasados.

Cando estas mirando a nada

diviso que estas mirando un sono

que escribes con gran soltura

nas paxinas brancas, os mundos da neveira.

Os reflexos, ricos en intelixencias

gozan de impunidade do mar

que transparenta o orgullo

do poder silencioso do Pobo.

Ao monte sóbese pra soñar,

ao río escoitar a voz correr,

e ao mar soltar lastre e remar,

os anos ver pasar con dignidade.

fogo amigo

sabado 12 maio 2018

O león esta esnaquizando

o territorio que lle da o sustento,

probablemente  seducido polo

alguén que ten na manada.

Coma o home se volve depredador

da súas circunstancias, pra embalsamar

o espírito da ignorancia, crecente en

situación de desesperación do propio home.

Cando a mente se sinte

acurralada, os sentimentos é

buscar unha vida millor, hainos quen

se escudan nas leis pra levalo a cabo.

A inercia impulsora dun

pasado ano prevaleza sobre

mentes intelixentes que non

decapiten a razón do rapikoque.

As rutas por onde os camiños

pisan escenarios inculturais, provocan

desobedeza nas mentes que logo

asexan vieiros sanguentos..

Os galegos emigran pra

conquistar o mundo ou pra

escapar da escravitude a que

o someten os poderes indignos.

escarpas

venres 11 maio 2018

somerxerse nas inxustizas,

o prato forte do capitalismo,

é a trampa pra actuar con vinganza

esquecéndose da esperanza dos días felices.

A resistencia do ser human

ante as adversidades dun imperio

e reclamar a salubridade dos Pobos

pra poder vivir con dignidade entre tod@s.      

Non estamos sos estamos

acompañados polas multitudes

que galopan por un futuro

das trincheiras da PAZ e DIGNIDADE.

A conciencia de cada individuo

e proporcional a solidariedade

en estados puros, en troco é

inversamente en estados impuros.

O futuro sen ti,

as urnas atópanse coma ocas,

contigo énchense de ilusións

que silencian os opresores.

Esperpento diagnoses plantexamos

nunha vitoria ignorante, só co pracer

da ignorancia do Pobo, por medo

a realidade.

homeopatía democrática

xoves 10 maio 2018

OS DDHH CON QUE FINALIDADE,

EXÉRCENSE SOBRE OS PAÍSES,

SI ESTES PÁSANO `POLO FORRO

DO FELPUDO….               

Baduar entre a maleza do bosque

virtual encharcado polos abusos

deshonestos do home, admiro coma a terra

non ten medo, as continuas mentiras que oe.

Súa señoría está deitada….

analice a póliza da historia

que diga có Pobo ten que sufrir

pra que vostede viva na gloria.

Retrotraer os silencios

á mesa dun dialogo, onde

as partes discuten a polémica

vertendo verdades sobre o papel.

As sutilezas impregnadas

de envexas que afloran en

reunións, proxectan unha incultura

que desbarata todo tipo dacordo.

O vieiro do mundo cós nosos

devanceiros parangonan co

actual, é pura quimera onde

as sinerxías abren rutas a realidade.

Abázcaro

mércores 09 maio 2018

Non sentir medos entre

os silencios dunha noite fermosa

é coma avanzar nunha revolución,

os síntomas de estar na crista da vida.

As veces trabucámonos con decisións

cás leis nos prohiben, son ansiedades

do corpo que non regula a mente, pra

non estorbar os semellantes, perdón e corrección.

Redefinir verbas soltas

que dignifiquen o sentir

dos Pobos, engrandece as frases

plasmadas nos libros d@s poetas….

Que valentía amencer na cunca

que reverte de sabedoría cando

a imaxinación dos soños seducen

o inxenio do rapikoque en todo un gozo.

A corrupción preponderante dun

goberno apoiado por clases dominantes

que cren nunha constitución adulterada

pra seus caprichos turbios e desesperantes.

Axexando teu corpo entre as

odas da ducha, imaxino un mundo de ás

que voan con mesura entre as

paredes da vida.

vuesa hipocrisía

martes 08 maio 2018

As cousas reviradas hai

que armalas con ideas futuristas

que manteñan un tipo, porén          

esquezan o traxe dun pasado incerto.

O duro da vida é

equilibrar os biorritmos

equidistantes entre o sol

e a lúa, que axa paridade nos organos….

En tempos pasados os piropos

ás damas eran de aprecio por

desprezo, hoxe en día as miradas

envían mensaxes por ambos partes.

Arredor dun sempre hai

alguén que mire pola túa vida

ao igual que ti miras pola

des@ alguén.

O bo profesional está pra servir

o Pobo, nas leis cós gobernos de

intre fan, non pra servir ás

institucións indignas.

Estirarse, relaxarse e impresionarse

a si mesmo, é adoptar novas posicións

ante a vida, que moitos nos desexan

que te perpetúes no novo mundo.

franco caput

luns 07 maio 2018

Non demores a sabedoría que

levas no interior, distorsiona

e enxauga as verbas, de tal maneira

cá revolta no Pobo, se faga rapikoque.

Secuencias gravitatorias no tempo

despexan locuaces axiomas que

envexan de medo o despertar

do Pobo dos silencios.

A Sátira envolta de envexa

menospreza ao contrincante

porén evádese da realidade

que lle outorga ser presa.

Os celos son inhumas

si os provocas, incendian

a envexa, adotrinan os pensamentos

e inculcan veleno na mente pra delinquir.

Arrólate nesta vida

de sedentas verbas,

que aplanan a sabedoría

pra non perderte pola natureza.

Que estación non recolle a chegada

dos que che veñen visitar

ou a ida dos que se marchan

por falla de “cuorum” pra voltar cando volvan.

Afouteza

domingo 06 maio 2018

Si o capital provoca a débeda

cá pague ela

si o Pobo provoca débeda

cá pague o Pobo            

O que non pode pagar o Pobo

é a corrupción dos capitalistas.

As lacras do pasado ocultas

nun sistema propicio, no abastecer

do consumo, explota recursos do Pobo

provocando bifurcaçaos nas

Democracias actuais, asfixiando ós Pobos.

O traballo na comunidade é traballo

que enche o espírito cidadán, as utopías

adscritas aos sonos, en resumo poder

adquisitivo sen roubar a naide.

Unha nazón que non sabe dialogar,

porque  se cre mais gallito, logo atopase

cunha baixada de pantalóns ante outras,

as que lle fan a pelota, e choran de vez.

Unha ducha, un auga que roza

a pel, un bramido acalorado, un

alguén que estremece, rapikoque            

sinxelamente óiote entre as néboas.

Unha vez que reprime, unha vez que

ordena, unha vez que se dilúe, son

camiños a seguir, nunha era onde

os principios serven pra pronunciar verbas.

LE POUVOIR É XOVEN

sabado 05 maio 2018

O lume non queima

si a man allea non recrimina

a maldade, cun expedinte con

círculos amortiza con unha unión verdadeira.

A transparencia de dous planos

superpostos é unha receita

sombreada cá vida nos outorga

no paso por saber estar na terra.

O cego non ve, porén mira

no seu arredor coma a vida pasa

escoitando voces que non lle enturban

os pensamentos, mais ben goza con sentilos.

O norte campea polo deserto

da humildade, sen avaricia,

sen rancores , os destinos xúntanse

pra esquivar golpes inxustificados da xustiza.

Cando o capital non pode

co Pobo usan á xustiza

para tapar a corrupción

que eles mesmos provocaron.

En DEMOCRACIA o calar dos

políticos é un esperpento de

cara a realidade, non se pode

esperar ao que pasa….