A autocracia vota...

martes 06 novembro 2018

As verbas no cerebelo diagnostican

o que é, e o que non é, a diferenza

esta  en que algúns tomámolo a pé da letra

e outros pásano polo forro, xogan con trampa.

A vista do exposto voume facer incoherente

inda que sexa coherente, porque sei

que si non, fan de min un pandeiro, ao que

me gustaría tocar, porén sen emendas a totalidade.

Enganarse ao triúnfa cando a cousa

non mira ben, hai que desviar a atención

cara o lado positivo, ensinando as cartas

sen que a uña faga o traballo dos listos.

Esbardallar contra o mesmo tellado as veces

esta ben, só que de vez en cando debese

airear pra que as verdades, non sexan mentiras,

porén discorran entre o cotián da vida.

Se fortificamos nosa mente, en batallas impensábels

non desfrorecemos de todo o outono, xa que

amargamos noso espírito con diagnósticos

errados pola falla de entendemento do sistema.

….achacar as virtudes que temos a hora

de honrarnos a nos mesmos, sen involucrar

o dito nin o direte que algúns poñen en cuestión por que

 lles vai a vida nelo, non sexamos coherentes dentro da incoherencia. dalgúns.